wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Prehistoria e Historia

Total questions: 56

Worksheet time: 29mins

Name
Class
Date
1.

A prehistoria divídese en tres etapas:

a)

Idade Antiga, Moderna e Contemporánea.

b)

Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.

2.

Con que período comeza a Historia?

a)

Idade Media

b)

Idade Antiga

c)

Idade dos Metais

d)

Idade Moderna

3.

Unha liña do tempo...

a)

serve para ordenar os acontecementos pasados: á esquerda os máis antigos e á dereita os máis recentes.

b)

ordena as diferentes etapas da prehistoria.

4.

Cando rematou a Idade Antiga?

a)

Fai 5.000 anos

b)

476 d.C coa caída do Imperio Romano.

c)

Co descubrimento de América

d)

Fai 7.000 anos

5.

A Prehistoria comeza:

a)

Hai 4.000.000 anos coa aparición do ser humano na Terra.

b)

Hai 5.500 anos, coa invención da escritura.

6.

Coa invención da escritura...

a)

comeza a Prehistoria

b)

comeza a Idade Antiga

c)

comeza a Idade Media

d)

comeza a Idade Moderna

7.
O sistema de organización social da Idade Media, chámase
a)
Democracia
b)
Capitalismo
c)
Socialismo
d)
Feudalismo
8.

A Idade Moderna chega ao seu fin en 1789, coa

a)

Caída de Constantinopla

b)

Revolución Francesa

c)

Guerra dos 30 anos

d)

A Restauración

9.

Que acontecemento histórico marca o fin da Idade Media e o inicio da Idade Moderna?

a)

O descubrimento de América.

b)

A fundación do Luteranismo.

c)

O comezo das monarquías absolutas.

d)

A Revolución Francesa.

10.

Cal foi a data exacta do Descubrimento de América? 

(a)  

11.

Son un conxunto de materiais diversos (documentos, testemuñas obxectos...) que permiten transmitir un coñecemento total ou parcial dos feitos que aconteceron no pasado.

a)

FONTES HISTÓRICAS

b)

FONTES LITERARIAS

12.

As fontes históricas poden clasificarse en:

a)

Fontes escritas

b)

Fontes non escritas

c)

Fontes literarias

d)

Fontes narrativas

13.

O papiro é...

a)

unha planta que crece nas beiras do río Nilo. Foi empregado con múltiples fins no antigo Exipto: alimento, materia prima para elaborar cestas ou roupa..., pero sobre todo foi o soporte esencial para a escritura.

b)

está elaborado coa pel dun animal, xeralmente tenreira, cabra ou ovella. A pel ponse a remollo, logo bótaselle cal para eliminar os restos de epidermis, evitar que apodreza e eliminar o pelo.

14.

O pergamiño ...

a)

está elaborado coa pel dun animal, xeralmente tenreira, cabra ou ovella. A pel ponse a remollo, logo bótaselle cal para eliminar os restos de epidermis, evitar que apodreza e eliminar o pelo. Finalmente procédese ao seu raspado e secado.

b)

é unha planta que crece nas beiras do río Nilo. Foi empregado con múltiples fins no antigo Exipto: alimento, materia prima para elaborar cestas ou roupa..., pero sobre todo foi o soporte esencial para a escritura.

15.

A historia serve para explicar o mundo que nos rodea grazas ao coñecemento do pasado, permitíndonos saber como chegamos á situación actual. Pero para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas anteriores. Iso é posible grazas ao achado de testemuñas e restos de calquera índole: son as...

a)

Salas de museos

b)

Documentais

c)

Fontes históricas

d)

Pictografías

16.

As fontes escritas son a base da Historia, por iso son moitos os historiadores que afirman que non existe un verdadeiro coñecemento sen a súa presenza.

Os soportes dos primeiros documentos escritos eran...

a)

O papiro

b)

Pranchas de ouro

c)

O pergamiño

d)

O papel

e)

Paneis de tela

17.

As fontes non escritas pertencen, sobre todo ao período anterior á aparición da escritura, e poden ser:

a)

Fontes materiais

b)

Fontes visuais

c)

Fontes de son

d)

Fontes orais

18.

A que período de tempo corresponde 1 lustro?

a)

Cada 2 anos

b)

A un grupo de 5 anos

c)

A un grupo de 10 anos

d)

A un grupo de 15 anos

19.

Escolle a definición correcta de "xeración"

a)

É o feito de xerar fontes históricas

b)

É o conxunto de obras de autores coñecidos

c)

É o conxunto de persoas famosas polas súas creacións artísticas que naceron ao redor dunha mesma data

d)

Son grupos de persoas que pensan igual

20.

Un destes perídodos NON corresponde coa PREHISTORIA...

a)

Paleolítico

b)

Neolítico

c)

Mesopotamia

d)

Idade dos metais

21.

Sinala os períodos pertencentes á IDADE ANTIGA:

a)

Mesopotamia

b)

Exipto

c)

Grecia

d)

Roma

e)

Islám

22.

Que quere decir que un pobo fora nómade?

a)

Que se establecían en zonas ricas

b)

Que non tiñan un lugar fixo onde vivir

c)

Que construían as súas casas

23.

Que gran descubrimento cambiou a forma de alimentación do home primitivo?

a)

a pesca

b)

a roda

c)

O lume

d)

O microondas

24.

Durante o Neolítico, as persoas fabricaban as súas ferramentas...

a)

Con pedra pulida.

b)

Con pedra tallada.

c)

Con metais fundidos.

25.

A Prehistoria é

a)

A etapa entre a aparición do home e a da escritura

b)

A etapa entre a aparición do home e a dos metais

c)

A etapa entre a aparición dos dinosaurios e a da escritura

26.

En que ano se produce aproximadamente a aparición da escritura?

a)

3.500 d.C

b)

Hai 3.500 anos

c)

3.500 a.C

d)

476 d.C

27.

En que tres grandes etapas se divide a Prehistoria?

a)

Paleolítico, Neolítico, Neanderthal

b)

Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais

c)

Paleolítico Inferior, Superior e Medio

d)

Paleolítico, Mesolítico, Neolítico

28.

A (a)   é un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3500 a.C.).

29.

Os historiadores dividiron a Prehistoria en tres etapas segundo o material co que ditos utensilios foron fabricados:

a)

PALEOLÍTICO

b)

NEOLÍTICO

c)

IDADE dos METAIS

d)

IDADE do FERRO

e)

IDADE do BRONCE

30.

Paleolítico: esta etapa pode subdividirse en...

a)

Paleolítico inferior

b)

Paleolítico medio

c)

Paleolítico superior

31.

A (a)   é o período que abrangue dende a aparición da escritura (3500 a.C) ata a actualidade.

32.

As fontes empregadas para o estudo da Historia son moi variadas pero as máis destacadas son:

a)

As fontes escritas

b)

As fontes materiais

c)

As fontes orais

d)

As fontes iconográficas

33.

Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma. A sociedade organízabase xerarquicamente e adicábase principalmente á agricultura, ao comercio e á artesanía.

a)

Idade Antiga

b)

Idade Media

c)

Idade Moderna

d)

Idade Contemporánea

34.

Tras a caída do Imperio romano de Occidente, o territorio fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

a)

Idade Media

b)

Idade Antiga

c)

Idade Moderna

d)

Idade Contemporánea

35.

Comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das guerras de relixión.

a)

Idade Media

b)

Idade Moderna

c)

Idade Contemporánea

d)

Idade Antiga

36.

Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, exténdense as formas democráticas de goberno.

a)

Idade Contemporánea

b)

Idade Moderna

c)

Idade Media

37.

Cal foi a etapa máis curta da historia?

(a)  

38.

Os (a)   son lugares que reúnen e custodian documentación de todas as épocas.

39.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

PREHISTORIA

a)

2.000.000 a.C. - 3500 a.C.

b)

3.500 a.C. - 476 a.C.

c)

1789 – 2015

d)

1492 - 1789

40.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE ANTIGA

a)

3.500 a.C. - 476 a.C.

b)

2.000.000 a.C. - 3500 a.C.

c)

1789 – 2015

d)

476 - 1.492

41.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE MEDIA

a)

476 - 1.492

b)

1492 - 1789

c)

1789 – 2015

42.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE MODERNA

a)

1492 - 1789

b)

476 - 1.492

c)

1789 – 2015

43.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE CONTEMPORÁNEA

a)

1789 – 2015

b)

1492 - 1789

c)

476 - 1.492

44.

As primeiras fontes escritas realizáronse nun soporte de arxila.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

45.

As fontes primarias son as recollidas polo propio historiador..

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

46.

As fontes secundarias son aqueles restos materiais e escritos posteriores aos feitos.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

47.

Era

a)

Período moi extenso delimitado por datas precisas, que serve para organizar e contar o tempo.

b)

Medición temporal imprecisa e subxectiva, na que o tempo se agrupa dacordo cun xeito de vivir, un acontecemento ou un movemento cultural, entre outras cousas.

48.

Época

a)

Medición temporal imprecisa e subxectiva, na que o tempo se agrupa dacordo cun xeito de vivir, un acontecemento ou un movemento cultural, entre outras cousas.

b)

Período moi extenso delimitado por datas precisas, que serve para organizar e contar o tempo.

49.

A Idade Contemporánea comprende dende 1789 ata a ...

(a)  

50.

A  Idade Moderna enténdese dende o descubrimento de América ata a  .............. ..................... en 1789.

(a)  

51.

O (a)   é o período da pedra nova ou pulida. Nesta etapa descóbrese a agricultura, a gandaría e a cerámica.

52.

A Idade de Pedra é o período da pedra antiga ou tallada e divídese á súa vez en períodos: (a)   (inferior, medio e superior), e Neolítico.

53.

A Prehistoria é o período que transcorre ata a invención da  (a)   hai uns 3000 anos, momento no que se considera que empeza a Historia.

54.

A Prehistoria divídese en Idade de Pedra e Idade dos (a)  

55.

A Historia abrangue desde...

a)

.. a aparición da escritura ata a actualidade.

b)

... a aparición da imprenta ata a actualidade.

c)

... a I Guerra Mundial ata a actualidade.

56.

Que acontecemento fai que o tempo histórico se divida en Prehistoria e Historia?

a)

Aparición da imprenta

b)

Aparición da escritura

c)

Aparición do ser humano

d)

Aparición das primeiras cidades