Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Cantiga de amor

Total questions: 13

Worksheet time: 7mins

Name
Class
Date
1.

Cal destas é unha característica fundamental da expresión do amor nas cantigas de amor?

a)

doncela na fonte

b)

coita amorosa

c)

amor correspondido

d)

leixaprén

2.

As cantigas de amor pertencen á lírica...

a)

profana

b)

relixiosa

3.

Na cantiga de amor a voz poética é a de...

a)

un home

b)

unha muller

4.

A cantiga de mestría é unha ...

a)

cantiga con refrán

b)

cantiga sen rima

c)

cantiga sen refrán

5.

A coita de amor é ...

a)

un estado de felicidade que invade ao trobador.

b)

un estado de felicidade que invade á muller.

c)

un estado de sufrimento que invade á amada.

d)

un estado de sufrimento e tensión que invade ao trobador.

6.

A muller é fonte de sufrimento para o home ...

a)

imposta polas regras de cortesía.

b)

pois iso mataría o desexo.

c)

pola falta de correspondencia amorosa e da altivez da dona.

7.

Cal é a palabra que identifica unha cantiga como de amor?

a)

amigo

b)

mesura

c)

senhor

d)

trobador

8.

Ao trobador esixíaselle a «mesura» pública imposta por ...

a)

o segredo xa que el era un home casado.

b)

o segredo xa que ela era unha muller casada.

c)

regras da caza.

d)

regras da coita amorosa.

9.

Que recurso literario aparece nos seguintes versos?

Se eu pudesse desamar

a quen me sempre desamou

e pudesse coita dar

a quem me sempre coita deu.

a)

dobre

b)

mordobre

c)

finda

d)

atá-finda

10.

A finda é unha estrofa breve situada ao final da cantiga e que resume o contido desta.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

11.

O encabalgamento da cantiga co primeiro verso da finda chámase...

a)

dobre

b)

mordobre

c)

atá-finda

d)

leixaprén

12.

A cantiga de amor segue a teoría do amor cortés que se basea en...

a)

a cancó provenzal.

b)

a reserva da dama.

c)

a vasalaxe das relacións feudais.

d)

a coita de amor.

13.

A dama da cantiga de amor é...

a)

moi malvada.

b)

imperfecta en todos os sentidos.

c)

non se sabe porque non hai descricións dela.

d)

perfecta fisica e moralmente.