wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Prehistoria - Mundo antiguo - monodia religiosa

Total questions: 30

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.
A que rito pertencen as vésperas?
a)
Misas
b)
Oficios
c)
En ningún dos dous anteriores
2.
En que parte da misa se canta o Agnus dei?
a)
Rito de entrada
b)
Liturxia da palabra
c)
Liturxia do sacrificio
3.
Sinala a resposta que só inclúa partes do propio da misa
a)
Introito e Agnus Dei
b)
Comuñón e Ofertorio
c)
Credo, Sanctus e Agnus Dei
4.
As notacións musicais que non presentan ningunha liña de referencia melódica denomínanse
a)
Diastemáticas
b)
Adiastemáticas
c)
Neumáticas
d)
Erráticas
5.
Cal destes neumas implica un ascenso melódico de tres sons?
a)
Clivis
b)
Climacus
c)
Scandicus
d)
Virga
6.
Un ámbito de MI a MI corresponde ao modo
a)
Protus auténtico
b)
Deuterus Auténtico
c)
Tritus auténtico
d)
Tetrardus auténtico
7.
Cal dos seguintes personaxes foi crucial para a estandarización do canto gregoriano en Europa?
a)
San Bieito
b)
Gregorio Magno
c)
Carlomagno
8.
Que relixioso implantou a máxima de “Ora et labora”, avogando polos rezos monacais diarios?
a)
San Bieito
b)
Gregorio Magno
c)
León III
9.
Os ritos dos primeiros cristiáns foron sinxelos, homoxéneos e discretos, celebrados en moitas ocasións secretamente nas catacumbas.
a)
Verdadeiro
b)
Falseiro
c)
Parcialmente verdadeiro
10.
Que perspectiva adoita Wagner (s. XIX) para definir a música neste texto? “O son vén do corazón e a súa linguaxe artística natural é a música. A melodía é a lingua absoluta, a través da que o músico fala a todos os corazóns”.
a)
Música como expresión dos sentimentos
b)
Música como arte
c)
Música como ciencia
d)
Música como feito musical
e)
Música como expresión dos sentimentos e arte
11.
Durante o período da Prehistoria forxáronse numerosas fontes escritas que dan conta da música que utilizaban os primeiros poboadores da Terra
a)
Vedadeiro
b)
Falseiro
12.
As teorías sobre a orixe da música que postulan o corpo humano coma un instrumentos en si mesmo son as:
a)
Teorías logoxénicas
b)
Teorías quinéticas
c)
Teorías máxico-relixiosas
d)
Teorías fisiolóxico-comunicativas
13.
Se me fixo na estrutura dunha peza, é dicir, as súas diferentes partes, en que parámetro musical me estou centrando?
a)
Na textura
b)
No timbre
c)
Na melodía
d)
Na harmonía
e)
Na forma
14.
¿Que perspectiva adoita o seguinte texto para definir a música? "Os números son as cousas; agora ben, a música é número. O mundo é música; o cosmos é unha lira sublime de sete cordas"
a)
Música como expresión dos sentimentos
b)
Música como arte
c)
Música como ciencia
d)
Música como feito musical
e)
Música como expresión dos sentimentos e arte
15.
Cal é a disciplina que estuda os instrumentos musicais e a súa clasificación
a)
Musicoloxía
b)
Etnomusicoloxía
c)
Organoloxía
d)
Ningunha das anteriores respostas é correcta
16.
As teorías sobre a orixe da música que postulan os sonidos para a localización dos individuos na oscuridade ou na distancia son: opciones de respuesta
a)
Teorías logoxénicas
b)
Teorías quinéticas
c)
Teorías máxico-relixiosas
d)
Teorías fisiolóxico-comunicativas
17.
Cal ou cales dos seguintes instrumentos cordófonos presenta as cordas perpendiculares á caixa de resonancia
a)
Arpa
b)
Laúde
c)
Lira
18.
A función da música en Mesopotamia era
a)
Relixiosa
b)
Militar
c)
Lúdica
d)
Todas as respotas anteriores son correctas
19.
Os cantantes mesopotámicos encargados de facer as lamentacións fúnebres eran denominados
a)
Nar
b)
Gala
c)
Lallaru
20.
Cal ou cales dos seguintes instrumentos cordófonos presenta mástil largo
a)
Arpa
b)
Laúde
c)
Lira
21.
Os personaxes dos baixorelevos con unha man no oído ou na larinxe representaban
a)
Instrumentistas
b)
Deuses
c)
Directores
d)
Danzantes
22.
O período da Grecia antiga que se desenvolve entre os séculos V e IV antes de Cristo denomínase
a)
Arcaico
b)
Clásico
c)
Helenístico
23.
Segundo a tradición mitolóxica quen foi o creador do aulos
a)
Marsias
b)
Apolo
c)
Hermes
d)
Atenea
24.
O xénero instrumental grego no que se interpretaban cordófonos recibe o nome de
a)
Aulodia
b)
Citarodia
c)
Aulética
d)
Citarística
25.
O instrumento cordófono que presenta as cordas paralelas á caixa de resonancia, de gran tamaño e pesado é
a)
Cítara
b)
Lira
c)
Arpa
d)
Trigonon
26.
O Cítara era un instrumento cordófono que frecuentemente se asociaba a
a)
Apolo
b)
Zeus
c)
Dionisos
d)
Marsias
27.
Que son os nomoi
a)
fórmulas rítmicas
b)
fórmulas melódicas
c)
fórmulas rítmicas e melódicas
d)
fórmulas pitagóricas
28.
“Las facultades originales del alma son tres: la facultad del pensamiento, la facultad del sentimiento y la facultad de la vida. Los intervalos originales idénticos y consonantes son también tres: la identidad de la octava y las consonancias de la quinta y la cuarta”. ¿Que teoría defende este argumento?
a)
Harmónica
b)
Rítmica
c)
Ethos
d)
Esferas
29.
O autor que definiu a diferencia entre un semitono maior (apótome) e menor (diesis) foi:
a)
Aristoxeno
b)
Filolao
c)
Arquitas de Tarento
d)
Pitágoras
30.
Que relación tiene el intervalo de quinta?
a)
4/3
b)
3/2
c)
2/1
d)
9/8