wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A biosfera

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.

A biosfera...

a)

É a zona da Terra onde están os seres vivos.

b)

É a parte da litosfera e da atmosfera.

c)

Inclúe a hidrosfera, parte da litosfera e parte do interior da atmosfera.

d)

As respostas azul e amarela son correctas.

2.

O ecosistema....

a)

É o lugar onde viven uns seres vivos concretos.

b)

Son os seres vivos, o espazo físico e a relación que se establecen entre eles.

c)

Son familias de seres vivos.

d)

Son as relacións que se establecen entre os seres vivos.

3.

Os sistemas acuáticos...

a)

Son máis variables.

b)

A temperatura varía moito.

c)

Ocupan menor extensión cós terrestres.

d)

Ocupan a maior parte do planeta e as condicións ambientais son bastante constantes.

4.

A biodiversidade...

a)

É a cantidade de animais que habitan nun lugar.

b)

É o número de especies dun lugar concreto e depende de varios factores ambientais.

c)

É a cantidade de plantas que viven nun ecosistema terrestre.

d)

Dependen da humidade do lugar.

5.

Os factores ambientais que inflúen na biodiversidade son:

a)

Os outros seres vivos.

b)

A salinidade, o solo.

c)

A luz, a temperatura, a auga.

d)

Todas as anteriores son correctas.

6.

A hibernación, supón unha adaptación:

a)

Á temperatura.

b)

Ao desprazamento.

c)

Á perda de auga.

d)

Á falta de luz.

7.

Os mamíferos acuáticos teñen as patas en forma de aletas, trátase dunha adaptación a...

a)

Á temperatura.

b)

Ao desprazamento.

c)

Á escaseza de auga.

d)

Á falta de luz.

8.

Algunhas plantas teñen as raíces moi longas. Trátase dunha adaptación...

a)

Á falta de luz.

b)

Ao desprazamento.

c)

Á temperatura.

d)

Á escaseza de auga.

9.

Os morcegos teñen un oído moi desenvolvido e as toupas un olfacto moi fino. Trátase dunha adaptación...

a)

Á perda de auga.

b)

Á falta de luz.

c)

Ao desprazamento.

d)

Á temperatura.

10.

A pel dura dos insectos é unha adaptación...

a)

Á perda de auga.

b)

Á falta de luz.

c)

Áo desprazamento.

d)

Á temperatura.

11.

Algunhas algas teñen as follas cheas de aire. Trátase dunha adaptación...

a)

Á temperatura.

b)

Á falta de luz.

c)

Á falta de auga.

d)

Ao desprazamento.

12.

Os tropismos...

a)

Solo se dan en ambientes húmidos.

b)

Son unha resposta dos animais aos estímulos do medio.

c)

Son unha resposta das plantas aos estímulos do medio.

d)

Son unha resposta á falta de luz.

13.

A familia...

a)

Son os proxenitores e os descendentes.

b)

Son permanentes.

c)

Algunhas son temporais e outras permanentes.

d)

A resposta azul e amarela son correctas.

14.

As bandadas de paxaros son...

a)

Familias.

b)

Grupos.

c)

Sociedades.

d)

Comunidades.

15.

Unha comunidade ou sociedade...

a)

Ten unha organización complexa.

b)

Cada individuo desempeña unha tarefa.

c)

Xúntanse so para defenderse.

d)

Azul e verde son correctas.

16.

A simbiose...

a)

É unha relación prexudicial para o comensal.

b)

É unha relación beneficiosa para os dous.

c)

É unha relación prexudicial para o hospedador.

d)

Ningunha é correcta.

17.

No comensalismo...

a)

O comensal nútrese gracias ao hospedador, sen causarlle prexuízo.

b)

O comensal nútrese gracias ao hospedador, pero cáusalle prexuízo.

c)

Un organismo mata a outro.

d)

Os dous organismos se benefician.

18.

O parasito...

a)

Obtén substancias nutritivas do hospedador e benefíciao.

b)

Mata a outro organismo para alimentarse.

c)

Nútrese do hospedador e non lle causa prexuízo.

d)

Obtén substancias nutritivas do hospedador e prexudícao.

19.

Camuflarse consiste en...

a)

Imitar a forma ou cores doutros seres vivos.

b)

Confundirse co medio adoptando as formas e cores do contorno.

c)

Esconderse para que non os atopen.

d)

Segregar substancias velenosas.

20.

As plantas deféndense...

a)

Coas súas espiñas ou pelos urticantes.

b)

Producindo cheiros molestos.

c)

Producindo sementes difíciles de dixerir.

d)

Todas son correctas.