wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Os bioclimas da Terra

Total questions: 20

Worksheet time: 15mins

Name
Class
Date
1.

Os climas cálidos localízanse...

a)

entre os trópicos e o Ecuador.

b)

entre os trópicos e os círculos polares.

c)

nas rexións polares e as zonas de alta montaña.

d)

entre o Ecuador e os círculos polares.

2.

Os climas temperados atópanse...

a)

entre os trópicos e o Ecuador.

b)

entre os trópicos e os círculos polares.

c)

nas rexións polares e de alta montaña.

d)

entre os círculos polares e o Ecuador.

3.

Os climas fríos son propios das...

a)

zonas tropicais.

b)

zonas intertropicais.

c)

rexións polares e zonas de montaña.

d)

latitudes medias.

4.
Son climas cálidos...
a)

o ecuatorial, o tropical e o desértico.

b)

o oceánico, o mediterráneo e o continental.

c)

o tropical, o subtropical e o mediterráneo.

d)

o mediterráneo costeiro e o mediterráneo árido.

5.

O clima ecuatorial...

a)

é moi regular, con precipitacións abundantes e calor todo o ano.

b)

é irregular, cunha estación chuviosa e outra seca.

c)

non hai estacións, sempre fai frío.

d)

é moi caloroso en verán.

6.

O clima tropical...

a)

presenta dúas estacións pluviométricas, unha seca en verán e unha chuviosa en inverno.

b)

presenta dúas estacións pluviométricas, unha seca en inverno e unha chuviosa en verán.

c)

non presenta estacións, xa que vai calor e humidade todo o ano.

d)

é un clima caloroso e seco todo o ano.

7.

Son climas temperados...

a)

o mediterráneo, o continental e o oceánico.

b)

o mediterráneo, o tropical e o polar.

c)

o oceánico, o continental e o ecuatorial.

d)

o de montaña, o tropical, o mediterráneo e o oceánico.

8.

O clima mediterráneo presenta...

a)

temperaturas suaves en inverno e calorosos en verán, con seca estival.

b)

temperaturas baixas en inverno e elevadas no verán, con precipitacións en outono e primavera.

c)

verán frío e inverno suave, abundantes precipitacións todo o ano.

d)

temeraturas suaves e precipitacións importantes no verán.

9.

O clima oceánico...

a)

ten temperaturas suaves e abundantes precipitacións todo o ano.

b)

ten temperaturas extremas e é moi seco.

c)

presenta veráns calorosos e secos.

d)

presenta invernos fríos e secos.

10.

O clima polar caracterízase por...

a)

temperaturas moi baixas e poucas precipitacións.

b)

temperaturas moi baixas e abundantes precipitacións.

c)

darse nas zonas de alta montaña.

d)

darse só na Antártida.

11.

O clima continental...

a)

ten fortes contrastes de temperatura e precipitacións máis abundantes no verán.

b)

temperaturas suaves e abundantes precipitacións.

c)

ten contrastes de temperatura e precipitacións en inverno.

d)

verán caloroso e húmido.

12.

O clima de montaña...

a)

só se dá nas zonas frías.

b)

é un clima azonal, coma o desértico.

c)

é un clima azonal, coma o polar.

d)

é un tipo de clima polar.

13.

A que clima e zona climática pertence este climograma?

a)

Clima oceánico e zona temperada.

b)

Clima mediterráneo e zona cálida.

c)

Clima polar e zona fría.

d)

Clima ecuatorial e zona cálida.

14.

Que clima aparece representado neste climograma?

a)

Clima desértico.

b)

Clima mediterráneo.

c)

Clima continental.

d)

Clima de alta montaña.

15.

Na cidade de Minsk (Bielorrusia), que clima atopamos?

a)

Clima continental.

b)

Clima polar.

c)

Clima de alta montaña.

d)

Clima oceánico.

16.

A que clima pertence este climograma?

a)

Clima mediterráneo.

b)

Clima ecuatorial.

c)

Clima de alta montaña.

d)

Clima desértico.

17.

A que clima pertence a paisaxe desta película?

a)

Clima tropical.

b)

Clima ecuatorial.

c)

Clima subtropical.

d)

Clima amazónico.

18.

A que clima pertence a paisaxe desta película?

a)

Clima desértico.

b)

Clima ecuatorial.

c)

Clima subtropical.

d)

Clima tropical.

19.

De que clima é característico o cactus? Que tipo de planta é?

a)

Clima mediterráneo.

Planta esclerófila.

b)

Clima desértico.

Planta xerónfila.

c)

Clima desértico.

Planta xerófila.

d)

Clima mediterráneo árido.

Planta xerónfita.

20.

Cal destas paisaxes está moi humanizada e urbanizada por mor do turismo de masas?

a)

A paisaxe continental.

b)

A paisaxe ecuatorial.

c)

A paisaxe cultural.

d)

A paisaxe mediterránea.