NEW
Font size
WorksheetsTEMA 4. OS MEDIOS NATURAIS E O IMPACTO HUMANO
Total questions: 10
Worksheet time: 10mins
Desenvolvemento sostible significa:
Usar abundantemente os recursos .
Usar os recursos sen ter en conta as necesidades da poboación.
Consiste en conseguir o crecemento económico e o benestar social da poboación actual sen comprometer o das xeracións futuras.
Os volcáns son riscos:
Climáticos.
Xeolóxicos externos.
Xeolóxicos internos.
Xeolóxicos externos e internos.
Cal das seguintes afirmacións é falsa?
Non é funfamental que un país dispoña dos medios necesarios para socorrer a poboación cando se produce un desastre natural xa que outros países lle poden prestar axuda.
É fundamental dispoñer de mecanismos de detección e alerta e xestionar de forma adecuada os riscos.
Os perigos naturais afectan a todos os espazos da Terra pero as súas consecuencias son máis devastadoras nos países máis atrasados.
Que problemas sofre a atmósfera debido ás actividades humanas?
Sobreexplotación e contaminación.
Deforestación.
Contaminación atmosférica e quencemento global
A primeira conferencia que abordou a defensa do medio ambiente dunha forma global foi:
Cumio da Terra de Estocolmo.
Cumio da Terra de Río de Xaneiro.
Cumio da Terra de Montreal.
Que convenio internacional potexe as zonas húmidas?
Convenio de Xenebra.
Convenio de Ramsar.
Convenio de Kyoto
Indica cal das seguintes respostas é verdadeira:
Un risco climático relacionado co vento son os ciclóns tropicais, tamén chamados furacáns.
Un risco climático relacionado coas temperaturas son as ondas de frío ou de calor que afectan sobre todo á zona cálida cando é invadida por masas desértico.
Os corrementos son desprazamentos de grandes masas de lava por unha vertente.
A Rede Mundial de Reservas da Biosfera son:
Espazos naturais desprotexidos a nivel mundial.
Son espazos naturais protexidos que inclúen ecosistemas terrestres, costeiros, mariños ou unha combinación deles.
Son espazos naturais desprotexidos que inclúen ecosistemas terrestres, costeiros, mariños ou unha combinación deles.
A contaminación atmosférica produce entre outras consecuencias:
A chuvia ácida e a redución do espesor da capa de ozono da atmósfera
Terremotos e tsunamis.
Furacáns e terremotos.
Indica cal das seguintes afirmacións é falsa:
A deforestación consiste na desaparición da cuberta vexetal polas queimas, talas masivas de bosque …
Como consecuencia da deforestación estánse a incrementar os furacáns
Unha consecuencia da deforestación é o incremento da erosión do chan que perde a súa capa fértil.
