NEW
Font size
WorksheetsUD3_Teoría da Tectónica de Placas
Total questions: 12
Worksheet time: 6mins
Porque a comunidade científica inicialmente foi contraria á Teoría da Deriva Continental de Wegener, a pesares de todas as probas que este aportou ao longo da súa vida?
Porque aínda non estaba ben definido o concepto de fósil.
Porque non puido explicar as causas do movemento dos continentes.
Porque non puido demostrar que a Atlántida non existiu.
Porque non se levaba ben con outros xeólogos importantes da época.
Que características teñen as ondas P que as diferencian das ondas S?
As ondas P son máis lentas.
Atravesan todo tipo de materiais, tanto sólidos como líquidos
Son as únicas que se xeran no hipocentro do terremoto.
Non conseguen atravesar o manto terrestre.
Que ocorre cando se produce acumulación de xeo sobre a litosfera?
Descenso da litosfera por axuste isostático.
Fracturación e formación de fallas.
Elevación isostática da litosfera.
Descenso térmico astenosfera.
Segundo o modelo xeoquímico, o interior terrestre divídese en...
Codia (continental e oceánico), manto e núcleo.
Codia, astenosfera, manto inferior e núcleo.
Litosfera, manto e núcleo.
Litosfera, astenosfera, mesosfera, endosfera externa e endosfera interna.
Sinala a afirmación correcta sobre os puntos quentes
Asócianse ao vulcanismo nos bordos de placa.
Proceden de materiais fundidos sublitosféricos.
Orixínanse como resultado da fusión dos materiais que subducen.
Son a manifestación en superficie do ascenso dun penacho térmico.
Sinala o fenómeno asociado a un bordo de placa converxente
Formación de cordilleiras intracontinentais.
Formación de dorsais oceánicas.
Leve actividade sísmica.
Formación de arcos de illas.
Que descontinuidade sísmica marca o límite entre a endosfera superior e a mesosfera
Descontinuidade de Gutenberg
Descontinuidade de Lehmann
Descontinuidade de Mohorovicic
Descontinuidade de Repetti
Cal dos seguintes métodos non é un método directo do estudo do interior da Terra?
Estudo de meteoritos que chegan á superficie terrestre.
Perforacións.
Observación das capas de rochas en grandes acantilados ou cordilleiras.
Análise de materiais arroxados por volcáns.
Quen d@s seguintes científic@s conseguiu cartografar por primeira vez os fondos mariños?
Marie Tharp
Inge Lehmann
Andrija Mohorovičić
Harry Hess
Cal das seguintes propiedades da natureza NON INTERVÉN no movemento das placas litosféricas?
Densidade.
Magnetismo.
Calor interna.
Gravidade.
Indica cal das seguintes afirmacións é VERDADEIRA
A calor interna do planeta favorece o descenso das correntes de convección.
A gravidade favorece o ascenso das correntes de convección.
A capa litosférica de menor densidade subduce baixo a de maior densidade, producindo unha intensa forza de arrastre.
A forza de empurre dende as dorsais oceánicas contribúe positivamente ao movemento das correntes de convección no manto.
Nas illas en arco...
A actividade volcánica concéntrase na última illa formada, mentres que nas demáis non hai expulsión de lava ao exterior.
Hai unha intensa actividade sísmica pero non hai actividade volcánica.
Hai actividade sísmica e volcánica en todas as illas por igual.
Converxen litosfera oceánica e litosfera continental.
