Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Examen TS Ponteareas septiembre 22

Total questions: 55

Worksheet time: 28mins

Name
Class
Date
1.

De conformidade co artigo 15 da Constitución Española de 1978:

a)

A pena de morte está abolida

b)

A pena de morte poderase aplicar cando así o acorde o rei

c)

A pena de morte poderá ditarse cando así o estime o poder xudicial

d)

A pena de morte está abolida, salvo o que poidan dispoñer as leis penais para tempos de guerra

2.

De conformidade co artigo 58 da Constitución Española de 1978

a)

A raíña consorte ou o consorte da raíña non poden asumir funcións constitucionais, salvo o disposto para a rexencia

b)

A raíña consorte ou o consorte da raíña non poden asumir funcións constitucionais

c)

A raína consorte ou o consorte da raíña non poden asumir funcións constitucionais, salvo o disposto para a Rexencia e nos supostos de guerra

d)

A raíña consorte ou o consorte da raíña poden asumir funcións constitucionais, salvo o disposto para a Rexencia

3.

De conformidade co artigo 148.1.20ª da Constitución Española de 1978 a Asistencia social é:

a)

Unha competencia que poden asumir as comunidades autónomas

b)

Unha competencia exclusiva do Estado

c)

Unha competencia básica do Estado

d)

Unha competencia supletoria das comunidades autónomas

4.

De conformidade co artigo 35.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, serán motivados, con sucinta referencia de feitos e fundamentos de dereito:

a)

Os actos que acepten probas propostas polos interesados

b)

Os actos que limiten dereitos subxectivos

c)

Os actos que sigan o criterio de actuacións precedentes

d)

Os actos reglados

5.

De conformidade co artigo 122 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións púbclicas, o prazo para a interposición do recurso de alzada:

a)

Será de un mes, se o acto fose expreso

b)

Será de tres meses, se o acto fose expreso

c)

Será de un mes se o acto non fose expreso

d)

Será de tres meses se o acto non fose expreso

6.

De conformidade co artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as normas reguladoras dos procedementos non fixen un prazo máximo para resolver, este será:

a)

De seis días hábiles

b)

De 30 días hábiles

c)

De tres meses

d)

De un mes

7.

De conformidade co artigo 26.1 da Lei 7/1985 reguladora de bases do réxime local, o servizo de evaluación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en risco de exclusión social, debe prestarse en todo caso:

a)

Nos municipios con poboación superior a 20.000hab

b)

Nos municipios con poboación superior a 5.000hab

c)

Nos municipios con poboación superior a 10.000hab

d)

En todos os municipios

8.

De conformidade co artigo 89.4 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público:

a)

Os funcionarios de carreira terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a dous anos para atender ao coidado de cada fillo

b)

Os funcionarios de carreira terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ao coidado de cada fillo

c)

Os funcionarios de carreira terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a catro anos para atender ao coidado de cada fillo

d)

Os funcionarios de carreira terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a cinco anos para atender ao coidado de cada fillo

9.

De conformidade co artigo 8 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, os empregados públicos clasificaránse en:

a)

Funcionarios de carreira, funcionarios interinos e persoal laboral temporal.

b)

Funcionarios de carreira, funcionarios interinos, persoal eventual e persoal laboral fixo.

c)

Funcionarios de carreira, funcionarios interinos, persoal eventual, e persoal laboral xa sexa fixo, por tempo indefinido ou temporal.

d)

Funcionarios de carreira, funcionarios interinos, persoal eventual, persoal laboral xa sexa fixo, por tempo indefinido ou temporal; e persoal directivo.

10.

De conformidade co artigo 49 do Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, o contrato de traballo extinguiráse:

a)

Por dimisión do traballador, debendo mediar o preaviso con 15 días naturais de antelación.

b)

Por dimisión do traballador, debendo mediar o preaviso que sinalen os convenios colectivos ou o costume do lugar.

c)

Por dimisión do traballador, debendo mediar o preaviso con 20 días naturais de antelación.

d)

Por dimisión do traballador, debendo mediar o preaviso que sinalen os convenios colectivos.

11.

De conformidade co artigo 40 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as administracións públicas poderán identificarse:

a)

Mediante uso dun selo electrónico baseado nun certificado electrónico recoñecido ou cualificado que reúna os requisitos esixidos pola lexislación de sinatura electrónica.

b)

Mediante uso dun certificado electrónico cualificado que reúna os requisitos esixidos pola lexislación de sinatura electrónica.

c)

Mediante uso dun certificado electrónico que reúna os requisitos esixidos pola lexislación de sinatura electrónica.

d)

Mediante uso dun certificado electrónico.

12.

De conformidade co artigo 7 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais,

a)

O tratamento dos datos dos menores de 14 anos, fundado no consentimento, só será lícito se consta o do titular da patria potestade ou tutleta, co alcance que determinen os titulares da patria potestade ou tutela.

b)

O tratamento dos datos dos menores de dezaseis anos, fundando no consentimento, só será lícito se consta o do titular da patria potestade ou tutela, co alcance que determinen os titulares da patria potetade ou tutela.

c)

O tratamento dos datos dos menores de dezaoito anos, fundando no consentimento, só será lícito se consta o do titular da patria potestade ou tutela, co alcance que determinen os titulares da patria potetade ou tutela.

d)

O tratamento dos datos dos menores de doce anos, fundando no consentimento, só será lícito se consta o do titular da patria potestade ou tutela, co alcance que determinen os titulares da patria potetade ou tutela.

13.

Segundo o contemplado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, e no Decreto 99/2012 polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, a cada persoa que acceda ao sistema galego de servicios sociais asignaráselle unha persoa profesional de referencia, no ámbito dos servizos sociais comunitarios correspondenetes, que será:

a)

Preferentemente unha traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios

b)

Calquera profesional que participe na xestión do caso, indiferentemente da súa titulación ou labor funcional en relación ao caso a tratar

c)

A persoa que exerza a función de dirección-coordinación do Centro de Servizos Sociais Comunitarios

d)

O Alcalde ou Concelleiro delegado como responsable da Entidade Local.

14.

Segundo o contemplado na Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, son funcións dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos as seguintes:

a)

A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou risco de exclusión que se desenvolva a través de programas de medio aberto ou centros de carácter non residencial ou residencial temporal

b)

A xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades específicas

c)

A xestión de programas especializados dirixidos a áreas de intervención específicas

d)

A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situación de risco para o desenvolvemento de actuacións de prevención e promoción social.

15.

Segundo o establecido no Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios, as funcións dos servizos sociais comunitarios específicos son:

a)

Valoración, orientación e información á comunidade en materia social.

b)

A atención de persoas maiores ou con limitacións na súa autonomía mediante centros de día e outros servizos de atención diurna ou nocturna.

c)

A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas.

d)

A participación na xestión das prestacións económicas e os seguimentos dos correspondenetes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de exclusión social.

16.

Segundo o establecido no Código Deontolóxico de Traballo Social, son principios xerais da profesión:

a)

A autonomía exercida desde o coñecemento das capacidades propias dos profesionais tendo en conta as limitacións das coaccións externas institucionais.

b)

Respecto activo á persoa, ao grupo, ou á comunidade como centro de toda intervención profesional.

c)

Aceptación da persoa sen ter en conta as súas singularidades e diferenzas.

d)

Personalización esixe recoñecer o valor do destinatario non como suxeito activo senón como obxecto, no proceso de intervención coa intencionalidade de dereitos e deberes.

17.

Datos a recoller e aspectos a ter en conta na fase estudo/investigación, do proceso metodolóxico en Traballo Social, a nivel individual/familiar:

a)

Características xerais do colectivo co que se vai intervir.

b)

Equipamentos comunitarios e servizos xerais da comunidade.

c)

Aspectos familiares: datos de identificación, parentesco, relacións familiares, dinámica e historia familiar de cada individuo.

d)

Medios de producción e organización do colectivo de intervención

18.

A definición do método en Traballo Social:

a)

É un conxunto de operacións e actividades que dentro dun proceso preestablecido se desenvolven de maneira sistematizada para coñecer e actuar sobre a realidade social.

b)

É a maneira como actúa a traballadora ou traballador social coa persoa usuaria na fase final da intervención con éste/a.

c)

É un conxunto de procedementos orientados exclusivamente a consecución da cobertura das necesidades básicas do individuo ou comunidade.

d)

É un conxunto de operacións e actividades que dentro dun proceso preestablecido aborda como obxectivo principal a cuantificación da intervención e avaliación de resultades de cara á optimización de recursos.

19.

A observación en traballo social:

a)

É unha técnica cuantitativa na que se aplica un cuestionario estructurado a unha mostra dunha poboación determinada.

b)

É unha técnica na que se recolle de forma sistémica, con apoio dun guión, a conducta dos suxeitos e sométese a unha análise posterior.

c)

É unha técnica cualitativa na que un entrevistador, usando un guión orientativo recolle o discurso e a conducta no verbal dun suxeito.

d)

É unha técnica informativa encamiñada unicamente a informar á persoa usuaria sobre prestacións e recursos sociais.

20.

O Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSSGAL) é:

a)

Un manual de traballo, dirixido principalmente ao persoal de servizos sociais comunitarios, que contén información sobre prestacións e recursos sociais así como soportes documentais de traballo social.

b)

É unha aplicación informátiva da Ficha Social deseñada co obxecto de conseguir unha utilización sinxela e áxil da información, permitir o manexo dun gran volume de datos e por a disposición dos profesionais, unha explotación inmediata dos mesmos para o estudo e planificación.

c)

É unha ferramenta online homónima, dirixida a usuarios e persoal dos concellos que teñan asinado un convenio de colaboración previo, coa que poden acceder aos datos recollidos polo sistema.

d)

É unha ferramenta que utiliza o traballador/aa social aplicada ao programa básico de "información, orientación y asesoramiento" con independencia de que posteriormente se lle faga ou no tratamento social á persoa usuaria.

21.

O Plan Concertado é un instrumento para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais a través da fórmula de convenio administrativo entre:

a)

As administracións Xeral do Estado e Autonómica

b)

As administracións Xeral do Estado, Autonómica e Local

c)

As administracións Xeral do Estado e Local

d)

As administracións Autonómica e Local

22.

A aplicación informática a través da cal se realiza a tramitación dunha solicitude de Dependencia ata a súa resolución final e que permite, especialmente, facilitar o interccambio de información e a xestión de servizos de atención a domicilio entre a Administración Autonómica e os Concellos/Mancomunidades, correspóndese con:

a)

CIBERSAD

b)

HSUE

c)

SIGAD

d)

TEDEC

23.

Segundo o Decreto 99/2012 o Servizo de Educación e Apoio familiar é de titularidade:

a)

Municipal

b)

Autonómica

c)

Deputación Provincial

d)

Municipal e Autonómica

24.

O artigo 1 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes di:

a)

As persoas son iguais en dignidade humana, e iguais en dereitos e en deberes.

b)

As mulleres e os homes son iguais en dignidade humana, e igual en dereitos e deberes.

c)

As persoas son iguais ante a lei, e iguais en dereitos e deberes.

d)

As mulleres e os homes son iguais ante a lei, e iguais en dereitos e deberes

25.

Segundo o artigo 183 da Lei Xeral da Seguridade Social, a efectos de prestación económica por exercicio corresponsable do coidado do lactante, considérase situación protexida a reducción da xornada de traballo en media hora que, leven a cabo coa mesma duración e réxime os dous proxenitores, adoptantes, gardadores con fins de adopción ou acolledores de carácter permanente, cando ambos traballen, para o coidado do lactante desde que cumpra:

a)

nove meses ata os doce meses de idade

b)

seis meses ata os doce meses de idade

c)

seis meses ata os nove meses de idade

d)

cinco meses ata os nove meses de idade

26.

Segundo o Real Decreto 174/2011, do 11 de febreiro, polo que se aprobao baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as persoas en situación de dependencia, na valoración de situación de dependencia, os tipos de apoio poden ser:

a)

Supervisión (SP), Física Parcial (FP), Substitución Máxima (SM), Apoio Especial (AE).

b)

Supervisión (SP), Física Total (FT), Substitución Máxima (SM), Apoio Especial (AE).

c)

Física Parcial (FP), Supervisión Máxima (SM), Apoio Especial (AE).

d)

Supervisión (SP), Física Parcial (FP), Física Total (FT), Apoio Especial (AE).

27.

Non é un principio previsto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás oersias en situación de dependencia:

a)

A cooperación interadministrativa

b)

A participación da iniciativa privada nos servizos e prestacións d epromoción da autonomía persoal e atención á situación de dependencia.

c)

As persoas en situación de dependencia severa serán atendidas de maneira preferente.

d)

A inclusión da perspectiva de xénero, tendo en conta as distintas necesidades de mulleres e homes.

28.

Segundo a Ordenanza Municipal do SAF do Concello de Ponteareas, o seguimento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, e como mínimo, con carácter:

a)

Trimestral

b)

Bimetral

c)

Semestral

d)

Mensualmente

29.

A Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o Servizo de axuda no fogar en Galicia:

a)

Entrou en vigor ao mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

b)

Entrou en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

c)

Entrou en vigor aos 15 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

d)

Entrou en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

30.

Segundo o establecido na Lei de inclusión social de Galicia, cal dos seguintes criterios deben darse sempre para considerar que existe unha situación ou risco de exclusión social?

a)

estar nunha situación de cargas familiares non compartidas

b)

verificarse a ausencia ou déficit grave de recursos económicos

c)

estar en proceso de rehabilitación social

d)

pertencer a unha minoría étnica.

31.

Segundo o recollido no artigo 6 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, a Xunta de Galicia someterá as súas actuacións en materia de familia aos principios reitores de:

a)

solidariedade, igualdade e responsabilidade

b)

obxectividade, imparcialidade e seguridade xurídica

c)

igualdade, liberdade e responsabilidade pública

d)

cooperación, colaboración e responsabilidade

32.

Que novos grupos de familias merecen unha protección especial segundo a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia e, que modifica o artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio a familia e á convivencia de Galicia?

a)

as familias en situación de especial vulnerabilidade económica

b)

as familias con menores a cargo

c)

as familias con persoas dependentes

d)

as familias vítimas de terrorismo

33.

Segundo o artigo 16 da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal do menor, a quen corresponde a instrucción dos procedementos polos feitos realizados polos e polas menores, maiores de catorce anos e menores de dezaoito?

a)

ao xuíz ou xuíza competente

b)

ao ministerio fiscal

c)

ao pai e/ou á nai

d)

ao xuíz ou xuíza de menores

34.

Aquela situación na que, por mor de circunstancias, carencias ou conflitos familiares, sociais ou educativos, a persoa menor de idade véxase prexudicada no seu desenvolvemento persoal, familiar, social ou educativo, no seu benestar ou nos seus dereitos de forma que, sexa precisa a intervención da administración pública competente, para eliminar, reducir ou compensar as dificultades ou inadaptación que lle afectan e evitar o seu desamparo e exclusión social, sen ter que ser separado da súa contorna familiar, considérase:

a)

Situación de desamparo

b)

Situación de violencia doméstica

c)

Situación de desprotección

d)

Situación de risco

35.

Segundo a Lei Orgánica 2/2009, do 11 de decembro, de reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, quen teñen a obrigación de obter a tarxeta de identidade de estranxeiro?

a)

Todas as persoas estranxeiras ás que se haxa expedido un visado ou unha autorización para permanecer en España por un periodo superior a un mes

b)

Todas as persoas estranxeiras ás que se haxa expedido un visado ou unha autorización para permanecer en España por un periodo superior a tres meses

c)

Todas as persoas estranxeiras ás que se haxa expedido un visado ou unha autorización para permanecer en España por un periodo superior a seis meses

d)

Todas as persoas estranxeiras ás que se haxa expedido un visado ou unha autorización para permanecer en España por un periodo superior a cinco

36.

Según a Estratexia sobre drogas 2017/2024, esta se levará a cabo a través de dous plans de acción consecutivos, cunha periodicidade:

a)

Cuatrienal

b)

Bienal

c)

Bimestral

d)

Anual

37.

As áreas de actuación transversais da Estratexia nacional sobre drogas do 2017/2024 comprende:

a)

Coordinación, xestión, lexislación e unha única evaluación

b)

Coordinación, a xestión do coñecemento, sistemas de información, investigación e formación, a lexislación, a cooperación internacional, a comunicación e difusión, a evaluación e a calidade.

c)

Coordinación, comunicación e difusión internacional e a evaluación.

d)

A coordinación, comunicación e difusión só se fará a través de sistemas de información evaluables.

38.

Unha das adiccións dende a perspectiva de xénero, según a estratexia nacional sobre drogas do 2017/2024 son os hiposedantes, sendo:

a)

Un dos consumos maiores de drogas no que a prevalencia en mulleres é de 3/4 partes sobre os homes.

b)

Non se ten en conta como unha adicción dende a perspectiva de xénero

c)

É o único consumo de drogas no que a prevalencia das mulleres é maior que no home, cerca do dobre.

d)

É considerado o único consumo de drogas tanto en mulleres como en homes.

39.

A Lei 10/2013 do 27 de novembro de Inclusión Social de Galicia, no seu artigo 1 di:

a)

A Lei ten por obxecto establecer e regular un conxunto de obrigas que deben cumprir as persoas en situación de risco de exclusión social, a fin de mellorar a cohesión e a inclusión social en Galicia.

b)

A Lei ten por obxecto establecer e regular un conxunto de dereitos e recursos específicos para persoas en situación de risco de exclusión social, a fin de mellorara a cohesión e a inclusión social en Galicia.

c)

A Lei ten por obxecto só regular situacións en exclusión de risco social.

d)

A Lei ten por obxecto establecer e regular todas aquelas situacións que tras informe social dos servizos específicos se consideren que están en situacións de exclusión social a fin de regularizar a súa situación.

40.

O housing first é un modelo segundo o Plan de Atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023:

a)

Que consiste en ofrecer de maneira temperá unha vivenda con carácter permanente a persoas sen fogar, ofrecendo un apoio complementario principalmente en materia de saúde e servizos sociais. dando prioridade a persoas con problemas de adiccións, de saúde mental e/ou discapacidade, e cunha longa traxectoria de situación en rúa cronificada.

b)

Que consiste en ofrecer de maneira permanente unha vivenda a persoas sen fogar, ofrecendo apoio e programas só en materia de servizos sociais.

c)

Que consiste en ofrecer de maneira temperá unha vivenda por tempo limitado a persoas sen fogar e só se terán en conta aqueles cunha longa traxectoria de situación de rúa cronificada.

d)

Que consiste en ofrecer vivenda de carácter permanente a persoas sen fogar, dando prioridade só a persoas con adiccións.

41.

Segundo o Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023, existe unha clasificación europea de senfogarismo, existindo:

a)

Tres categorías: sen teito,vivenda insegura e vivenda inadecuada

b)

Catro categorías: sen teito, sen vivenda, vivenda insegura e vivenda inadecuada.

c)

Catro categorías: sen teito,sen vivenda, vivenda pouco segura e vivenda inadecuada.

d)

Tres categorías: sen teito, vivenda pouco segura e vivenda non recomendada.

42.

Segundo o Real Decreto Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, enténdese por discapacidade:

a)

Unha situación que resulta da interacción entre as persoas con deficiencias previsiblemente permanentes e calquera tipo de barreiras que limiten ou impidan a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións coas demáis.

b)

Unha situación que resulta da interacción entre determinadas personas con deficiencias físicas e psíquicas que limiten a súa participación plena e efectiva na sociedade.

c)

Unha situación que resulta da interacción entre persoas con certos problemas físicos e sociais que impidan a súa participación na sociedade.

d)

Unha situación que impida a interacción entre individuos cando a participación na sociedade se vexa limitada.

43.

Segundo o Decreto 15/2010 do 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

a)

O procedemento para a determinación do Programa Individual de Atención resolveráse no prazo máximo de tres meses dende a data da solicitude do grao e nivel de dependencia.

b)

O procedemento para a determinación do Programa Individual de Atención resolveráse no prazo máximo de tres meses dende a data da resolución do grao e nivel de dependencia.

c)

O procedemento para a determinación do Programa Individual de Atención resolveráse no prazo mínimo de tres meses dende a data da resolución do grao e nivel de dependencia.

d)

O procedemento para a determinación do Programa Individual de Atención resolveráse no prazo mínimo de tres meses dende a data da solicitude do grao e nivel de dependencia.

44.

Segundo a Lei 39/2006 do 14 de decembro de autonomía Persoal e atención ás persoas en situación de Dependencia, no seu artigo 46.3 do:

a)

As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos cinco anos, por faltas graves aos catro anos e por faltas leves ao ano.

b)

As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos catro anos, por faltas graves aos tres anos e por faltas leves ao ano.

c)

As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos tres anos, por faltas graves aos dous anos e por faltas leves ao ano

d)

As sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos seis anos, por faltas graves aos cinco anos e por faltas leves ao ano

45.

Segundo a Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as codicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción a autonomía persoal, no seu artigo 30 a duración será:

a)

As estancias temporais terán unha duración máxima de dous meses ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenáis.

b)

As estancias temporais terán unha duración máxima de tres meses ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenáis.

c)

As estancias temporais terán unha duración máxima de un mes ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenáis.

d)

As estancias temporais terán unha duración máxima de catro meses ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenáis.

46.

A Lei 10/2013 do 27 de novembro de inclusión social de Galicia, en canto a prestación económica, terá carácter:

a)

Alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas.

b)

Alimenticio, persoal e transmisible, e poderá ser obxecto de embargo ou retención.

c)

Alimenticio, persoal e non transmisible, e poderá ser obxecto de embargo ou retención unha parte proporcional da renda.

d)

Só de carácter alimenticio, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas.

47.

Segundo a Lei 10/2013 do 27 de novembro no seu artigo 7, estructura da renda de inclusión social de Galicia, esta configúrase:

a)

En tres tramos denominados: tramo persoal e familiar, tramo de inserción e tramo de transición ao emprego.

b)

En dous tramos: tramo persoal e tramo de inserción.

c)

En tres tramos denominados: tramo familiar, tramo de inserción e tramo de búsqueda de emprego.

d)

En dous tramos denominados: tramo familiar, tramo de búsqueda de emprego.

48.

Segundo o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, según o seu artigo 29 no punto 2, o ditame-proposta de resolución recollerá o carácter permanente ou revisable do grao e nivel de dependencia de acordo ao seguinte:

a)

No caso de menores de tres anos a valoración terá carácter non permanente, establecéndose revisións de oficio periódicas cando os menore cumpran 6, 12, 18, 24 e 30 meses. A os 36 meses todos os menores deberán ser de novo evaluacos co baremo recoñecido normativamente aplicable para a súa idade.

b)

No caso de menores de dous anos a valoración terá carácter non permanente, establecéndose revisións de oficio periódicas cando os menore cumpran 6, 14, 16, 24 e 30 meses. A os 36 meses todos os menores deberán ser de novo evaluacos co baremo recoñecido normativamente aplicable para a súa idade.

c)

No caso de menores de tres anos a valoración terá carácter non permanente, establecéndose revisións de oficio periódicas cando os menore cumpran 6, 14, 16, 22 e 30 meses. A os 32 meses todos os menores deberán ser de novo evaluacos co baremo recoñecido normativamente aplicable para a súa idade.

d)

No caso de menores de tdous anos a valoración terá carácter non permanente, establecéndose revisións de oficio periódicas cando os menore cumpran 3, 10, 16, 20 e 30 meses. A os 32 meses todos os menores deberán ser de novo evaluacos co baremo recoñecido normativamente aplicable para a súa idade.

49.

Ao Observatorio Galego da Violencia de Xénero correspóndelle, entre outras, a realización das seguintes funcións:

a)

Actuar como órgano de vixilancia, asesoramento e denuncia en materia de erradicación da discriminación por razón de sexo en publicidade.

b)

Fomentar a comunicación, relación e intercambio entre organizacións de mulleres e outras entidades que teñan como fin a participación social e representación das mulleres.

c)

Velar pola efectiva aplicación do principio de transversalidade na elaboración, execución e seguimento de todas as accións e políticas públicas levadas a cabo pola Xunta de Galicia, ao obxecto de conseguir a igualdade real e efectiva e eliminar as discriminacións entre mulleres e homes.

d)

Propoñer, no seu caso, a adopción de medidas relacionadas coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito do emprego e das relacións laborais.

50.

De conformidade co artigo 91 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nun procedemento de responsabilidade patrimonial:

a)

Transcorridos seis meses dende que se iniciou sen que recaese e se notificase expresa poderá entenderse que a resolución é contraria á indemnización do particular.

b)

Transcorridos tres meses dende que se iniciou sen que recaese e se notificase expresa poderá entenderse que a resolución é contraria á indemnización do particular.

c)

Transcorridos seis meses dende que se iniciou sen que recaese e se notificase expresa poderá entenderse que a resolución é favorable á indemnización do particular.

d)

Transcorridos tres meses dende que se iniciou sen que recaese e se notificase expresa poderá entenderse que a resolución é favorable á indemnización do particular.

51.

Segundo o artigo 193 da Lei Xeral da Seguridade Social, ¿cómo se define a incapacidade permanente contributiva?

a)

é a situación do traballador que presenta reduccións anatómicas ou funcionais moi graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

b)

é a situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito, presenta reduccións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

c)

é a situación do traballador que, despois de estar somentido ao tratamento prescrito, presenta reduccións anatómicas ou funcionais moi graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

d)

é a situación do traballador que presenta reduccións anatómicas graves, susceptibles de determinación obxectiva e definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral.

52.

Segundo o decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do PIA, daráselle prioridade na tramitación ao correspondente procedemento, mediante resolución motivada da persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais e logo de ditame-técnico do órgano de Valoración e Asesoramento da Dependencia, unha vez finalizado o informe social e de saúde que acrediten estas circunstancias, cando así o aconsellen razóns de interese público debidamente documentadas e obxectivadas que leven consigo:

a)

Unha situación de desamparo ou abandono, malos tratos físicos e/ou psíquicos, situación de risco grave inminente para a súa integridade física e/ou psíquica.

b)

Unha situación só de abandono, malos tratos físicos, situación de risco grave inminente para a súa integridade física.

c)

Unha situación única de desamparo no que os malos tratos sexan só físicos, situación de risco leve para a súa integridade física e/ou psíquica.

d)

Unha situación de desamparo ou abandono, malos tratos psíquicos, situación de risco leve a para súa integridade física.

53.

Segundo o establecido na Lei 45/2015, de 14 d eoutubro, de voluntariado, esta Lei será de aplicación:

a)

Aos voluntarios e destinatarios do voluntariado que participen, se beneficien ou leven a cabo programas de voluntariado de ámbito estatal ou supraautonómico, que se desenvolvan dentro de España.

b)

Aos voluntarios e destinatarios do voluntariado que participen, se beneficien ou leven a cabo programas de voluntariado de ámbito estatal ou supraautonómico, que se desenvolvan dentro ou fora de España.

c)

Aos voluntarios e destinatarios do voluntariado que participen, se beneficien ou leven a cabo programas de voluntariado de ámbito estatal ou supraautonómico, que se desenvolvan dentro de España.

d)

Aos voluntarios e destinatarios do voluntariado que participen, se beneficien ou leven a cabo programas de voluntariado de ámbito estatal ou supraautonómico, que se desenvolvan dentro ou fora de España.

54.

Dependendo do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e con carácter permanente, créase:

a)

A Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista que terá como obxecto asesorar e orientar ás entidades, que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.

b)

A Axencia Asesora de Publicidade Non Sexista que terá como obxecto asesorar e orientar as entidades, que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.

c)

A Comisión Asesora de Publicidade Non Sexista que terá como obxecto asesorar e orientar ás entidades, asociacións, axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.

d)

A Axencia Asesora de Publicidade Non Sexista que terá como obxecto asesorar e orientar ás entidades, asociacións, axentes publicitarios que o requiran, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo nas mensaxes publicitarias e incorporar accións positivas que cooperen á erradicación de todo tipo de discriminación por razón do sexo das persoas.

55.

Segundo a normativa vixente en materia de protección de datos, os servizos sociais comunitarios pódenlle facilitar información a unha residencia privada sobre as intervencións/trámites realizados no seu servizo municipal respecto dos usuarios da residencia, sempre que se dea unha destas condicións:

a)

Se o pide a persoa usuaria ou o/a seu/súa familiar de contacto, é dicir, se asina a solicitude do informe quen se rexistrou como familiar de contacto do usuario no seu procedemento de ingreso.

b)

Se o pide o/a representante legal da residencia sempre e cando achegue coa solicitude a xustificación documental oportuna indicando o obxecto da información/informe.

c)

A residencia deberá pedirlle eses datos aos seus usuarios/as, estando obrigados en todo caso a presentalos.

d)

A residencia deberá pedirlle eses datos aos seus usuarios/as, e estas decidir se os piden elas ou se autorizan a alguén a pedilo.