WorksheetsT3 - A Realidade
Total questions: 45
Worksheet time: 24mins
Que pregunta lle interesa recuperar a Heidegger?
“É posible falar da metafísica como ciencia?”
“Que significa ser humano?”
“Que é o ser?"
“Existe Deus?”
Así comeza a metafísica de Aristóteles:
“Tódolos homes desexan por natureza saber”
“Hai unha ciencia que contempla o ente en canto ente e o que lle corresponde de seu”
“O home nada pode aprender senón en virtude do que sabe”
“A felicidade é o fin que busca todo ser humano”
O termo “metafísica” vén de...
Aristóteles de Estaxira
Arsénico de Dalio
Andrónico de Rodas
Aristarco de Samos
De que trata a "filosofía primeira" de Aristóteles?
Dos primeiros filósofos
Das causas últimas
Das contradicións de base
Das primeiras reflexións sobre a natureza
A ontoloxía é...
A estigmatización dos entes
O estudo do ser humano como "ser-aí"
O estudo do ser en canto ser
O estudo de Deus como ser necesario
Cuestións como a extensión do universo no espazo e a súa duración no tempo, a súa orixe, o seu desenvolvemento e o seu futuro, pertencen ao campo da...
Ecoloxía
Cosmoloxía
Metafísica
Mitoloxía
Quen inventou o termo "cosmoloxía"?
Christian Wolff (1731)
Wilhelm Dilthey (1914)
Martin Heidegger (1912)
Luis Fajundes (2023)
A Épica de Atrahasis e o Enuma Elish adoitan relacionarse...
Co libro do Xénese
Co Timeo de Platón
Con Immanuel Kant
Con Neil DeGrasse Tyson
Unha cosmogonía é...
Unha teoría acerca de como funciona o universo
Unha narración mitolóxica sobre a orixe do mundo
Unha perspectiva sobre a finalidade do cosmos
Unha teoría contraria á cosmoloxía
En que sentido falamos dunha natureza "desacralizada" no Xénese?
A natureza é material e, polo tanto, mala por natureza.
A natureza é creada e, polo tanto, non divina.
A natureza é un cosmos e, polo tanto, non aleatoria.
A natureza é habitada polo creador e, polo tanto, rescatada.
A que fai referencia iso de "creatio continua"?
Á creación do creador que ninguén pode destruír
Á permanencia da natureza por toda a eternidade
Á evolución do pensamento sobre a natureza
Á acción constante de Deus no cosmos
Que quere dicir que a natureza é un "libro sagrado"?
Que ten mensaxes ocultos que ninguén pode coñecer.
Que foi bendecida cando se creou.
Que Deus é revelado a través dela.
Que hai que escoller entre esta e as Escrituras.
Quen introduce a "natureza como problema"?
Os pitagóricos gregos
Os tomistas medievais
Os empiristas modernos
Os físicos teóricos contemporáneos
Case toda a reflexión dos primeiros filósofos trataba de explicar...
O ser humano
O mundo físico
As ideas
O movemento do planeta terra
Eudoxo de Cnido propuxo...
Un modelo gravitatorio
Un modelo heliocéntrico
Un modelo de esferas concéntricas
Un modelo de epiciclos
Fronte á natureza, no mundo grego hai dous tipos de perspectivas:
Nihilistas vs idealistas
Espiritualistas vs. idealistas
Organicistas vs. materialistas
Humanistas vs. contrabandistas
A natureza fenoménica era mostra de...
...o funcionamento do cosmos
...uns principios máis básicos
...certas percepcións dos sentidos
...o mundo das ideas
"Esencia" é sinónimo de...
Substancia
Idea
Forma
Todas son correctas
A idea grega da natureza como "realidade dupla" fai referencia a...
O mundo sensible e o intelixible
O mundo microscópico e o macroscópico
O mundo sublunar e supralunar
O mundo presente e o porvir
A perspectiva dos mundos sublunar e supralunar será desafiada polas observacións de...
Johannes Kepler
Francis Bacon
Galileo Galilei
Isaac Newton
Alhacén, Al-Razi, Al-Juarizmi, Roberto Grosseteste, Roger Bacon, Alberto Magno, Jean Buridán, Nicolás Oresme e Duns Scoto son autores...
Antigos
Medievais
Modernos
Contemporáneos
_De revolutionibus orbium coelestium_ é unha obra que produciu unha revolución cosmolóxica. Dita obra pertence a...
Galileo
Copérnico
Kepler
Newton
Os modernos, fronte á capacidade humana para coñecer o cosmos, adoitaban ser...
Escépticos
Temerarios
Optimistas
Pesimistas
Darwin, Durkheim, Marx e Freud eran...
Uns idiotas
Uns modernos
Uns tipos que se mencionan nos apuntamentos
Uns tipos dos que non falamos na clase
Copérnico defendeu o...
Heliocentrismo
Xeocentrismo
Animismo
Organicismo
O "paradoxo de Russell" foi un exemplo de problema para...
...o concepto do "eu"
...a fiabilidade dos sentidos
...a intencionalidade da conciencia
...os fundamentos da mátemática
En 1905 Albert Einstein formula a súa teoría da...
(a)
Einstein, Planck, Heisenberg e Schrödinger contribuíron a desenvolver...
a física cuántica
a teoría da relatividade
a teoría do Big Bang
o método científico
Calcúlase que o universo do que formamos parte comezou a existir hai aproximadamente...
13.750 billóns de anos
6.000 anos
13.750 millóns de anos
13.750 trillóns de anos
O primeiro filósofo que reflexiona de modo explícito sobre o ser foi...
Zenón de Citio
Parménides de Elea
Epiménides de Creta
Pitágoras de Samos
A persoa que non sabe se Deus existe ou non é...
Teísta
Atea
Agnóstica
Escéptica
Os argumentos ontolóxicos son demostracións ............. da existencia de Deus
Estúpidas
Irrefutables
A priori
A posteriori
O argumento ontolóxico máis famoso foi o de...
Agostiño de Hipona
Tomé de Aquino
Anselmo de Canterbury
Bernardo de Claraval
Os argumentos teleolóxicos están basados en aspectos como...
a continxencia dos entes
a necesidade dun inicio
a orde e a complexidade do cosmos
a propia existencia do mundo
Os argumentos cosmolóxicos...
baséanse no principio de causalidade
foron propostos por primeira vez por Tomé de Aquino
hoxe non son defendidos por ninguén
dependen da complexidade e orde do cosmos
O argumento moral parte de que...
Quen non cre en Deus é inmoral
Deus é unha base suficiente pero non necesaria para os valores
A crenza en Deus é unha exixencia moral
Sen Deus non habería valores morais obxectivos
Exemplos de argumentos "non estritamente filosóficos" (varias posibles respostas)
O argumento da experiencia relixiosa
O argumento cosmolóxico Kalam
O argumento ontolóxico modal
O argumento da revelación histórica
Quen dixo que "a relixión é o opio do pobo"?
Feuerbach
Marx
Freud
Nietzsche
Para Aristóteles, é importante distinguir...
a Deus e a Natureza
a esencia e a forma
a substancia e os accidentes
as "churras" e as "merinas" (de aí a expresión)
Os catro tipos de causas de Aristóteles son...
Accidental, esencial, inicial e final
Material, formal, eficiente e final
Accidental, formal, causal e final
Material, esencial, antecedente e consecuente
Quen considerou que a atribución de causalidade era unha falacia "Post hoc ergo propter hoc”?
(a)
Para David Hume, a substancia...
é o fundamento do verdadeiro coñecemento
é unha colección de ideas simples
Está nas cousas mesmas, non nun mundo aparte
é algo do que non temos impresión ningunha
Os contidos da razón para Kant son...
Ideas simples
Ideas compostas
Mundo
Alma
Deus
Sensibilidade
Entendemento
Os imperativos categóricos
Para Kant, as ideas de razón...
son un soño dogmático
son unha crítica ao coñecemento
non se refiren a nada real
son só principios regulativo
Para os neopositivistas, os enunciados científicos deben ser...
sintéticos e a priori
formais ou empíricos
carentes de significado
matemáticos e lóxicos
