NEW
Font size
WorksheetsRecursos dixitais de apoio ao labor docente (Módulo 14)
Total questions: 12
Worksheet time: 7mins
Para que un docente sexa competente abonda con que domine a súa materia.
Verdadeiro
Falso
Un docente competente é aquel que...
actualiza os seus coñecementos constantemente
mantén boas relacións co alumnado, profesorado e familia
avalía o seu método de ensino e fai as modificacións pertinentes
todas son correctas (e algunha opción máis...)
Un docente competente dixitalmente é aquel que...
crea e recrea contidos dixitais atractivos para o seu alumnado
sabe buscar, filtrar, enriquecer e compartir información en Internet
detecta problemas de software e hardware e sabe buscar as solucións
todas son correctas (e algunha opción máis...)
Cal das seguintes propostas non é nin unha tendencia educativa emerxente nin un método activo de aprendizaxe?
a ludificación ou gamificación
o pensamento visual
a aula invertida
a clase maxistral
OER é o termo inglés para referirse a un REA. Pero, que significa realmente esta sigla?
Recurso Educativo Aberto
Rede de Ensino Aberto
Recurso Electrónico Autónomo
Relacións Educativas Abertas
A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) é a principal impulsora e defensora dos Recursos Educativos Abertos.
Verdadeiro
Falso
Se atopo un recurso interesante en Internet...
podo usalo nas miñas aulas con finalidade educativa
debo comprobar se podo usalo ou non mirando a súa licenza
se non indica o contrario podo usalo
todo o que está en Internet é libre para ser usado
Os creadores que queren compartir os seus contidos empregan...
licenzas abertas
o copyright
as redes P2P
os seus USB
Que significan os dous CC que atopamos nesta imaxe?
Creative Commons, unha licenza aberta
Con Copia, nos correos electrónicos
Centro Comercial, onde compartir recursos
Atopo unha imaxe interesante en Internet. Comprobo que podo usala pero debo citala. Que información teño que proporcionar, por regra xeral?
Quen é o/a autor/a da imaxe
Onde a atopei
Que licenza ten
Todas son correctas
Onde podemos atopar recursos educativos compartidos polos seus creadores con todo o profesorado?
En repositorios ou bancos de contidos
En Google, directamente
En páxinas web piratas
É moi difícil atopalos
A Consellería de Educación ten un Proxecto Dixital para a Educación. Sabes como se chama?
Proxecto Abalar
Proxecto Dixigal
Proxecto Dixital Galego
Proxecto Modernizar
