Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Repaso Galego 2ª Avaliación 5º Parte 2

Total questions: 47

Worksheet time: 35mins

Name
Class
Date
1.

Que tipo de palabra é cadeira?

a)

substantivo

b)

adxectivo

c)

verbo

d)

determinante posesivo

2.

Que clase de substantivo é morriña?

a)

Común

b)

Abstracto

c)

Colectivo

d)

Feminino

3.

Une o substantivo coa clase que lle corresponda.

a)

auga

1.

incontable

b)

bosque

2.

colectivo

c)

O Carballo

3.

propio

d)

pensamento

4.

abstracto

4.

Une o substantivo coa clase que lle corresponda.

a)

urbanización

1.

colectivo

b)

area

2.

incontable

c)

Marta

3.

propio

d)

odio

4.

abstracto

5.

Cambia o xénero dos substantivos desta oración. Fai todos os cambio de concordancia que se precisen:


O meu irmán foi coa miña avoa falar co director do banco.

(a)  

6.

Escribe o feminino de:

sobriño, rei, xuíz e can.

Separa as palabras por comas, coma no enunciado, e escribe "e" antes da última palabra.

(a)  

7.

Escribe o plural destes nomes:

campión, mel, ril, atlas, rapaz e luns.

Separa as palabras por comas, coma no enunciado, e escribe "e" antes da última palabra.

(a)  

8.

Os substantivos que rematan en vogal ou en -n forman o plural engadindo

a)

-s

b)

-es

c)

-is

9.

Os substantivos que rematan en consoante distinta de -n ou -l forman o plural engadindo

a)

-s

b)

-es

c)

-is

10.

Os polisílabos agudos forman o plural mudando o -l por

a)

-s

b)

-es

c)

-is

11.

Para formar o feminino dos substantivos, se o masculino remata en vogal acentuada ou consoante que non sexa -n, engade

a)

-a

b)

-án

c)

-oa

d)

-á

12.

Para formar o feminino dos substantivos, se o masculino rematan en -ón, muda -ón por

a)

-a

b)

á

c)

-oa

d)

-án

13.

Pode haber substantivos que teñan a mesma forma para os dous xéneros ?

a)

SI

b)

NON

14.

Os nomes comúns, a súa vez, subdivídense nos seguintes tipos:

a)

individuais/colectivos; concretos/ incorretos; contables/incontables

b)

individuais/colectivos; concretos/ abstractos; contables/incontables

c)

individuais/conxuntos; concretos/ abstractos; contables/indefinidos

15.

O substantivo felicidade é

a)

individual, abstracto e incontable

b)

colectivo, abstracto e incontable

c)

individual, concreto e incontable

d)

individual, abstracto e contable

16.

O substantivo camión é

a)

colectivo, concreto e contable.

b)

individual, concreto e contable.

c)

individual, concreto e incontable

d)

colectivo, concreto e incontable.

17.

Son contables os substantivos

a)

moeda, caixa, diñeiro e botella

b)

moeda, azucre, area e lata

c)

prato, moeda, caixa e botella

d)

diñeiro, moeda, auga e lixo

18.

Cal dos seguintes non é unha clase de substantivo?

a)

Común

b)

Demostrativo

c)

Propio

d)

Colectivo

19.

Que tipo de substantivo é Ourense?

a)

De lugar

b)

Común

c)

Propio

d)

Abstracto

20.

A función dun determinante e concretar o significado dos substantivos

a)

Verdadeiro

b)

Falso

21.

Como é a contracción da preposición DE e o determinante UNHA?

a)

DEUNHA

b)

DENHA

c)

DUNA

d)

DUNHA

22.

Cal das seguintes consoantes non existen en galego?

a)

X

b)

J

c)

P

d)

Ñ

23.

Cal dos seguintes determinantes é demostrativo?

a)

O

b)

Primeiro

c)

Unha

d)

Aquela

24.

En que grao está escrito o adxectivo da segunte oración?: "A casa é branca"

a)

Comparativo

b)

Positivo

c)

Aumentativo

d)

Superlativo

25.

A preposición EN non pode contraer co determinante ESTE...

a)

Verdadeiro

b)

Falso

26.

Clasifica o determinante "algún"

a)

Demostrativo

b)

Numeral cardinal

c)

Artigo

d)

Indefinido

27.

Aquí hai un substantivo común abstracto, cal é?

a)

Coche

b)

Felicidade

c)

Ramón

d)

Nube

28.

Cal das seguintes palabras está feminino plural?

a)

Bandada

b)

Neno

c)

Bancos

d)

Nenas

29.

Os adxectivos son clases de palabras que...

a)

Acompañan ao substantivo e o modifican

b)

Acompañan ao substantivo e o concretan

c)

Formulan accións

d)

Fan de enlace

30.

Indica que tipo de substantivo é:

"preguiza"

a)

Concreto, individual, contable.

b)

Abstracto, colectivo, non contable.

c)

Abstracto, individual, non contable.

31.

Os determinantes concordan en xénero e número co ................... ao que acompañan.

a)

Adxectivo

b)

Verbo

c)

Substantivo

d)

Adverbio

32.

Localiza o determinante na seguinte oración e indica que tipo é:

"Uns cans remexeron no caldeiro do lixo".

a)

Posesivo

b)

Numeral

c)

Artigo indeterminado

d)

Artigo determinado

33.

Localiza o determinante na seguinte oración e indica que tipo é:

"Os gatos son moi inquedos e nerviosos".

a)

Artigo indeterminado.

b)

Artigo determinado.

c)

Posesivo.

d)

Numeral.

34.

Localiza o determinante na seguinte oración e indica que tipo é:

"Fai soar unhas diminutas campaíñas que fascinan a Luís".

a)

Posesivo.

b)

Artigo indeterminado.

c)

Numeral.

d)

Artigo determinado.

35.

Cal destas palabras está mal escrita en galego?

a)

ningunha

b)

alguna

c)

nunha

d)

dunha

36.

Os prefixos son morfemas que se colocan ao final dalgunhas palabras para formar outras novas.

a)

Falso

b)

Verdadeiro

37.

Cal é a contraccion da preposición en + elas

a)

Neles

b)

Enelas

c)

Nelas

d)

Nela

38.

Cales destas palabras teñen prefixo?

a)

zapateiro

b)

imposible

c)

antinatural

d)

peixeira

39.

Necesitas ____ bolígrafos?

a)

un

b)

unha

c)

uns

d)

unhas

40.

O meu pai perdeu a tarxeta azul do seu coche.


Cal é o adxetivo nesta oración?

a)

meu

b)

pai

c)

perdeu

d)

azul

e)

coche

41.

Cal destes é un adxectivo masculino singular?

a)

alta

b)

pedra

c)

vello

d)

gatos

42.

Analiza a palabra "ese".

a)

Substantivo común, masculino, e singular.

b)

Determinante artigo determinado masculino e singular.

c)

Determinante demostrativo, lonxanía, masculino e singular.

d)

Determinante demostrativo, distancia media, masculino e singular.

43.

Cal dos siguintes grupos de determinantes contén unicamente posesivos que indican un só posuidor?

a)

Meu - Teus - Nosos

b)

Seu - Meu - Teu

c)

Voso - Noso - Seu

44.

A contracción "deste" está formada por

a)

en máis este

b)

de máis ese

c)

de máis este

45.

Cal das seguintes palabras é aguda

a)

Panadeiro

b)

Reloxo

c)

Médico

d)

Temporal

46.

As palabras agudas acentúanse cando....

a)

rematan en vogal, n ou s.

b)

cando non rematan en vogal, n ou s.

c)

sempre.

d)

cando teñen mais de tres sílabas.

47.

As palabras esdrúxulas levan a sílaba tónica...

a)

no último lugar.

b)

no penúltimo lugar.

c)

no antepenúltimo lugar.

d)

en calquera lugar.