wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Adxectivo

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.

Os adxectivos son palabras que se refiren sempre a ________________ e que nos din como están as persoas, os animais e as cousas.

a)

pronomes

b)

adverbios

c)

substantivos

d)

adxectivos

2.

Os adxectivos van no mesmo xénero e número ca os substantivos aos que se refiren, por iso dicimos que concordan en ____________ e ____________ .

a)

MASCULINO e FEMININO

b)

SINGULAR e PLURAL

c)

XÉNERO e NÚMERO

d)

PERSOA e NÚMERO

3.

Algúns adxectivos son invariables, e dicir, presentan a mesma forma para o masculino e para o feminino.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

4.

O adxectivo expresa calidades. Éstas pódense ter en maior ou menor grao, é dicir, con máis ou menos intensidade.

Os graos do adxectivo son:

a)

POSITIVO, COMPARATIVO, SUPERLATIVO

b)

IGUALDADE, INFERIORIDADE, SUPERIORIDADE

c)

MASCULINOS, FEMININOS, NEUTROS

d)

SINGULAR, PLURAL, COLECTIVO

5.

O grao comparativo compara calidades e pode ser:

a)

POSITIVO, COMPARATIVO E SUPERATIVO.

b)

DE SUPERIORIDADE, INFERIORIDADE E IGUALDADE.

c)

MASCULINO, FEMININO OU NEUTRO.

6.

"Branca era a nena máis divertida da clase."

a)

Adxectivo en grao comparativo de superioridade, feminino, singular. Refírese ao substantivo "NENA".

b)

Adxectivo en grao superlativo de relativo, feminino, singular. Refírese ao substantivo "CLASE".

c)

Adxectivo en grao superlativo de relativo, feminino, singular. Refírese ao substantivo "NENA".

d)

Adxectivo en grao superlativo de relativo, feminino, plural. Refírese ao substantivo "NENA".

7.

"Lúa lambía o leite naquel prato vello".

a)

Adxectivo en grao comparativo de igualdade

b)

Adxectivo en grao positivo

c)

Adxectivo en grao superlativo

8.

"A sopa está máis quente que o caldo".

a)

COMPARATIVO DE IGUALDADE

b)

COMPARATIVO DE SUPERIORIDADE

c)

SUPERLATIVO

d)

POSITIVO

9.

" Pedro é máis áxil do que pensabamos".

a)

POSITIVO

b)

COMPARATIVO DE SUPERIORIDADE

c)

SUPERLATIVO

d)

COMPARATIVO DE IGUALDADE

10.

Emparella coa partícula comparativa axeitada: "ESTE COCHE ANTIGO É _______CARO_______ESTA FURGONETA" (igualdade)

a)

MENOS... DO QUE

b)

TAN...COMA

c)

MÁIS...CA

11.

Elixe a partícula comparativa axeitada: "VIVES NUNHA CASA_________NOVA_________PENSABA". (inferioridade)

a)

TAN...COMO

b)

MENOS...DO QUE

c)

MÁIS...CA

d)

TAN...COMA

12.

Elixe a partícula comparativa axeitada: "VÓS COCIÑADES_______BEN_______NÓS".

a)

TAN...COMO

b)

MENOS...DO QUE

c)

MÁIS...CA

d)

TAN...COMA

13.

Selecciona a partícula comparativa correcta: "SOÑOU QUE ERAN______VALENTES_______ELA". (superioridade)

a)

TAN...COMO

b)

MENOS...DO QUE

c)

MÁIS...CA

d)

TAN...COMA

14.

Indica o grao do adxectivo na seguinte oración:

Lembro que non foi tan difícil como nos dicían.

a)

Grao positivo.

b)

Grao comparativo de superioridade.

c)

Grao comparativo de igualdade.

d)

Grao comparativo de inferioridade.

15.

Indica o grao do adxectivo na seguinte oración:

Antes da treboada o ceo púxose negrísimo.

a)

Grao positivo.

b)

Grao comparativo de superioridade.

c)

Grao superlativo - absoluto.

d)

Grao comparativo de inferioridade.

16.

Indica o grao do adxectivo na seguinte oración.

Fíxose moi rica con ese negocio.

a)

Grao positivo.

b)

Grao comparativo de superioridade.

c)

Grao superlativo - absoluto.

d)

Grao comparativo de inferioridade.

17.

Indica o grao do adxectivo na seguinte oración.

Non tivo acougo en toda a súa longa vida.

a)

Grao positivo.

b)

Grao comparativo de superioridade.

c)

Grao superlativo - relativo.

d)

Grao comparativo de inferioridade.

18.

Indica o grao do adxectivo na seguinte oración.

Cando eu o vin xa era moi velliño.

a)

Grao positivo.

b)

Grao comparativo de superioridade.

c)

Grao superlativo - relativo.

d)

Grao superlativo - absoluto

19.

Marca a opción correcta.

Están ......... abraiados ......... vós.

a)

Están máis abraiados do que vós.

b)

Están máis abraiados ca vós.

c)

Están tan abraiados como vós.

d)

Están menos abraiados que vós.

20.

Indica en que grao está o adxectivo da seguinte oración:

Meu irmán e o neno máis pequeno da clase

a)

Superlativo absoluto

b)

Superlativo relativo