Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Suxeito e predicado

Total questions: 25

Worksheet time: 13mins

Name
Class
Date
1.

Indica se a seguinte afirmación é certa:

O suxeito é o que realiza unha acción e o seu núcleo sempre é un verbo.

a)

verdadeiro

b)

falso

2.

Cál é o núcleo do suxeito na seguinte oración?

"Onte viñeron xogar a casa Claudia e Sara"

a)

Lucía

b)

Sara

c)

Onte

d)

Claudia-Sara

3.

O suxeito da oración Co verán vén a calor é...

a)

co verán

b)

vén a calor

c)

a calor

d)

non ten suxeito

4.

O suxeito da oración Escribe poemas fermosos é...

a)

escribe

b)

poemas fermosos

c)

escribe poemas fermosos

d)

suxeito omitido (el/a)

5.

Parte da oración formada por palabras que indica quen realiza a acción ou de quen se di algo...

a)

Verbo

b)

Predicado

c)

Suxeito

d)

Núcleo

6.

Núcleo do suxeito

a)

Adxectivo ou verbo

b)

Substantivo ou pronome

c)

Numeral

d)

Indefinido

7.

Parte da oración que desenvolve a acción.

a)

Suxeito

b)

Complemento directo

c)

Complemento indirecto

d)

Predicado

8.

Os predicados poden ser...

a)

Simples ou complexos

b)

Verbais ou nominais

c)

Nominais ou copulativos

d)

Elípticos ou verbais

9.

Cal é o suxeito da seguinte oración:

A cociñeira do castelo preparou centos de potas de cocido.

a)

A cociñeira

b)

A cociñeira do castelo

c)

Centos de potas

d)

Preparou

10.

Cal é o predicado na oración:

Lin un libro moi interesante sobre as lendas de Galicia.

a)

toda a oración

b)

lin un libro

c)

lin un libro moi interesante

d)

eu

11.

Busca un suxeito que concorde co seguinte predicado:

tamén visitamos o castro.

a)

Marta

b)

Vós

c)

Os alumnos de quinto

d)

Víctor e Lara

12.

Selecciona o suxeito de:

Tódolos días vén á nosa casa a veciña de abaixo.

a)

A veciña de abaixo

b)

Vén á nosa casa tódolos días

c)

Tódolos días

d)

Á nosa casa

13.

Que tipo de predicado aparece na seguinte oración?

"O profesor parece esgotado."

a)

Predicado nominal

b)

Predicado verbal

14.

Cales son os verbos copulativos?

4 lines
15.

Que lle preguntamos ao verbo para atopar o suxeito?

a)

Como...?

b)

Cando...?

c)

Quen...?

d)

Cal...?

16.

O atributo concorda sempre en xénero e número co suxeito

a)

Sempre

b)

Ás veces

c)

Nunca

17.

O atributo aparece só con verbos...

a)

Copulativos

b)

Predicativos

18.

Cal é o suxeito en: ao cativo caeulle a bóla na auga

a)

Cativo

b)

A bóla

c)

Ela

d)

El

19.

Na oración "A auga saía por un cano", o predicado é:

a)

verbal

b)

nominal

20.

A oración " Onte fomos á praia" é:

a)

predicativa

b)

copulativa

c)

intempestiva

21.

Cando o suxeito non aparece nunha oración chámase...:

a)

suxeito expreso

b)

suxeito elíptico

c)

suxeito pronominal

22.

Na oración "Os amigos de Xoán son maiores ca min", de Xoán é

a)

Un modificador ou adxectivo

b)

Un determinante

c)

Un atributo

d)

Un complemento preposicional

23.

Escolle a opción que creas para completar esta oración

O quizziz...

a)

é moi fácil.

b)

está sendo un desastre.

c)

acabará coa miña saúde.

d)

non o aproba nin Lucas.

24.

Na oración

"O neno máis alto é el" , o atributo é ...

a)

el

b)

alto

c)

neno

25.

Completa a oración cun predicado nominal

"A película desta tarde...

a)

fala do Prestige"

b)

dura 90 minutos"

c)

semella interesante"