WorksheetsRepaso Idade Media
Total questions: 37
Worksheet time: 20mins
Que feito marca o comezo da Idade Media?
A caída do imperio romano de occidente
A chegada dos musulmáns á Península
A chegada dos visigodos á Península
A caída do imperio romano de oriente
Que feito marca o final da Idade Media?
A expulsión dos musulmáns da Península
O descubrimento de América
A finalización da Reconquista
Todas son correctas.
Cal foi o primeiro pobo que se instalou en Galaecia na Idade Media.
Os musulmáns
Os suevos
Vándalos
Alanos
En que ano caeu o imperio romano?
Ano 334 d.C.
Ano 476 d. C
Ano 374 d. C
Ano 711 d. C
Que pobos se instalaron en Hispania despois da caída do imperio romano?
Vándalos, alanos e visigodos.
Vándalos, alanos e suevos.
Suevos, hunos e francos.
Visigodos e musulmáns.
Que pobo xermánico tardou máis en ser expulsado polos visigodos da península?
Suevos
Astragodos
Alanos
Vándalos
Capital do reino visigodo
Madrid
Córdoba
Toledo
Por que chegaron os visigodos a Hispania? (Marca a/as correctas).
Porque os romanos os acorralaron cara a península.
Porque pactaron con Roma para expulsar a vándalos, alanos e suevos.
Porque os francos os empurraron cara o sur
Porque os hunos os botaron da actual Francia.
En que batalla os musulmáns derrotan ao último rei visigodo
Batalla de Guadalete
Batalla de Guadalorce
Batalla de Navas de Tolosa
Batalla de Covadonga
Por que caeu o imperio romano?
Porque os lexionarios os traicionaron.
Porque o imperio entrou nunha gran crise política e económica.
Porque o imperio se dividiu.
Porque os romanos fixeron pactos cos pobos xermánicos.
A sociedade visigoda estaba formada por:
Rei, nobreza e campesiños
Rei, nobreza, musulmáns e muladíes.
Rei, nobreza, burguesía, campesiños e escravos.
Califa, nobreza, mozárabes e campesiños
Que é a Reconquista?
Refírese a época da historia de España na que os musulmáns son expulsados.
Refírese a cando os visigodos conquistaron de novo Hispania.
Unha obra dun famoso escritor do reino de Castela.
A época da historia de España cando os musulmáns toman o poder.
Os visigodos construían as igrexas….
Con muros grosos e arco de medio punto.
Con muros grosos e moita decoración.
Con muros grosos, pouca decoración e arco de ferradura.
Con muros grosos e arco apuntado.
A batalla de Guadalete foi:
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou o inicio da conquista musulmana na Península.
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou o inicio da Reconquista.
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou a conquista do norte peninsular.
Que territorios ds península non lograron conquistar os musulmáns?
A parte sur da Península
Os Pirineos, por ser unha zona montañosa
Conquistaron todo o territorio.
A parte do norte onde residían os reinos cristiáns
A batalla de Covadonga foi:
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou o inicio da conquista musulmana na Península.
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou o inicio da Reconquista.
O enfrontamento militar entre musulmáns e visigodos que marcou a conquista do norte peninsular.
Quen levou a cabo a reconquista?
Os visigodos
Os musulmáns
Os reinos cristiáns
Os alanos
O CALIFATO de Córdoba...
Dependía economicamente de Roma
Foi proclamado por Abderramán III
Estaba dividido en provincias gobernadas por militares
Foi o último reino en ser conquistado polos cristiáns
O reino de Galicia viviu a súa época de maior explendor co arcebispo Xelmirez porque:
Recuperou as campás da catedral.
Foi o rei con máis sona.
Porque incrementou a peregrinación a Santiago de Compostela.
Porque venceu ao xeneral Almanzor.
Os muladíes eran:
Cidadáns hispanovisigodos que conservaron a relixión católica.
Musulmáns que conservaron a relixión cando quedaron a vivir en territorio cristián.
Cidadáns hispanovisigodos que se converteron ao islám.
Marca as características que se corresponden co ROMÁNICO: (Marca todas as correctas)
A pedra é o principal material de construción
Os interiores son escuros
Os edificios caracterízanse pola súa gran altura
A pintura é de temática principalmente relixiosa
Incorpóranse os rosetóns.
A medina era…
Era o mercado da cidade musulmana.
Era a mesquita.
Era o lugar no que residían os altos cargos e o rei.
Era o centro amurallado das cidades musulmanas.
O zoco era...
O mercado dunha cidade musulmá
A muralla dunha cidade musulmá
O lugar no que vivían os musulmáns
Ningunha é correcta.
Marca as características que se corresponden co GÓTICO:
Espazos moi luminosos
As pinturas son moito máis realistas
As vidreiras son un elemento moi característico
Edificacións baixas e sinxelas
As fachadas non teñen apenas decoración
Os artesáns organizábanse en …
burgueses
zoco
gremios
igrexas.
A cultura cristiá desenvolveuse…
Nos mosteiros, nas escolas catedralicias e nas universidades.
Na escola de Traductores de Toledo.
Foron séculos moi difíciles nos que non se desenvolveu cultura ningunha.
Non se desenvolveu porque a poboación non sabía ler nin escribir
As relixións máis influintes da Idade Media eran...
o xudaísmo
o islám
o cristianismo
o hinduísmo.
Os xudeus tiñan moita influencia na corte porque…
pertencían ás escolas catedralicias.
porque traballaban na escola de traductores de Toledo.
porque eran grandes diplomáticos, conselleiros e médicos e servían de intérpretes entre musulmáns e cristiáns.
Os musulmáns deixáronnos un gran legado, entre outras cousas:
Técnicas de cultivos e rega, novos cultivos, o compás e o astrolabio, a anestesia, hábitos de hixiene, a numeración decimal e o número 0.
O cultivo da vide e do olivo, o compás e astrolabio, a anestesia e a numeración decimal e o número 0.
O xogo do xadrez e a agricultura.
As guerras entre cristiáns e musulmáns chamábanse
Emboscadas
Cañadas
Campañas
Cruzadas
En que orde foron sucedendo os seguintes acontecementos importantes durante a Idade Media:
Caída do Imperio Romano, expansión dos Visigodos pola Península, reconquista dos cristiáns, dominio dos musulmáns.
Caída do Imperio Romano, expansión dos Visigodos pola Península, dominio dos musulmáns, reconquista dos cristiáns.
Dominio dos musulmáns, reconquista dos cristiáns, caída do Imperio Romano, expansión dos Visigodos pola Península.
A monarquía visigoda era...
unha monarquía hereditaria.
Unha monarquí electa.
Unha monarquía parlamentaria
As esculturas do Románico:
caracterizábanse por usar caras moi expresivas e cores simples.
caracterizábanse por representar escenas relixiosas e paganas.
caracterizábanse por representar escenas relixiosas, con caras inexpresivas e cores simples.
As formas de goberno dos musulmáns ao longo da idade media foron diferentes. Sinalas cales foron as máis importantes...
Consulado
Emirato
Califato
Teinos Taífas
Provincias
As capitales na Península Ibérica foron cambiando ao longo da Idade Media:
Durante o dominio dos Visigodos foi Toledo e Córdoba durante o dominio dos musulmáns.
Durante o dominio dos Visigodos foi Córdoba e Toledo durante o dominio dos musulmáns.
Durante o dominio dos Visigodos foi Zaragoza e Córdoba durante o dominio dos musulmáns.
Como foron os inicios da expansión dos cristiáns durante a reconquista:
Iniciouse dende o Reino de Asturias, recupera Andalucía e avanza cara o río Guadalquivir.
Iniciouse dende o Reino de Cantabria, recupera Salamanca e avanza cara o río Xúcar.
Iniciouse dende o Reino de Asturias, recupera Galicia e avanza cara o río Douro.
Indica cantos anos tardaron os cristiáns en reconquistar a Península:
600 anos.
700 anos.
800 anos.
