WorksheetsUnidade 2: A Xeosfera
Total questions: 15
Worksheet time: 9mins
Cales son as tres capas fundamentais da xeosfera?
Codia, manto e núcleo
Codia continental, codia oceánica e manto
Codia continental, núcleo externo e núcleo interno
Codia externa, codia interna e núcleo
En que estado se atopa o núcleo externo da Terra?
Sólido ríxido.
Sólido plástico.
Viscoso.
Líquido.
Que tipo de rochas forman a codia?
A codia oceánica está formada por granitos e a continental por peridotitas.
Toda a codia está formada por peridotitas
A codia continental está formada principalmente por granito e a oceánica por basaltos.
A codia terrestre está formada principalmente por ferro e níquel
Cal das seguintes afirmacións sobre os minerais é VERDADEIRA?
Son sólidos de orixe natural.
A súa composición química depende do lugar da xeosfera onde se forman.
Poden ter estrutura cristalina ou foliada.
Están formados por un só elemento químico.
Que é a dureza dun mineral?
A resistencia que presenta ese mineral a ser raiado
A facilidade con que se rompe
A capacidade do mineral para separarse en láminas ou romperse en formas xeométricas
Mide a posibilidade de disgregar, ou non, un mineral coas mans
Que é a escala de Mohs?
É unha forma de medir a exfoliación dos minerais
É unha forma de ordenar os minerais segundo o seu brillo, con valores do 1 ao 10
É unha escala relativa que ordena os minerais segundo a súa dureza
É unha escala para ordenar os minerais polo seu peso
En que tipo de rochas pensas que é máis frecuente encontrar fósiles?
Nas rochas magmáticas
Nas rochas sedimentarias
Nas rochas metamórficas
Nas rochas plutónicas
Cal dos seguintes NON É un uso dos minerais?
Xoiería
Tellados
Circuitos do móbil
Cables da electricidade
Que tipo de rocha é un granito?
Sedimentaria non detrítica
Magmática volcánica
Metamórfica
Magmática plutónica
Que sucede con unha rocha sedimentaria se a sometemos a moita presión e temperatura (sen chegar a fundila)?
Solidifica no exterior dos volcáns e forma rochas magmáticas volcánicas
Transfórmase noutra rocha: nunha rocha metamórfica
Convírtese en magma
Disgrégase en pequenas partículas chamadas sedimentos
Cal das seguintes rochas son lousas?
Cal dos seguintes minerais é mate?
Cal dos seguintes minerais presenta hábito botroidal?
Malaquita
Fluorita
Aragonito
Natrolita
Cal é a orixe do petróleo?
Ten orixe vexetal, e formouse durante o Carbonífero.
É debido ás erupcións volcánicas das dorsais dos fondos mariños.
Formouse pola acumulación de microorganismos mariños nos fondos oceánicos hai millóns de años.
É a única rocha líquida, e se forma polo metamorfismo da antracita.
Cales son os movementos que poden presentar as placas litosféricas entre elas?
Poden achegarse.
Poden afastarse.
Poden rozar lateralmente.
As outras tres opcións son correctas.
