wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Unidades 3 y 4

Total questions: 32

Worksheet time: 32mins

Name
Class
Date
1.

Cal é o principio básico de funcionamento dun microtomo?

a)

A mostra de tecido quéntase e logo córtase

b)

A mostra de tecido conxélase e córtase cunha coitela especial.

c)

A mostra de tecido inclúese nun medio de homoxeneización e prodúcese o avance sobre unha coitela de forma periódica.

d)

A mostra de tecido córtase manualmente cunha coitela

2.

Que tipo de microtomo se utiliza principalmente para tecidos non incluidos, duros e fai cortes grosos observables cun microscopio óptico?

a)

Microtomo de parafina

b)

Microtomo de rotación

c)

Vibratomo

d)

Ultramicrotomo

3.

Cal é o propósito dun criostato?

a)

Obten seccións de entre 3-5 micras sen necesidade de inclusión

b)

Obter seccións de tecidos embebidos en parafina.

c)

Obter seccions ultrafinas para observación con microscopio electrónico

d)

Obter cortes finos de tecidos duros.

4.

Cal é a principal desventaxa dun ultramicrotomo sobre un ultracriotomo?

a)

Os tecidos pasan por disolventes orgánicos e altas temperaturas.

b)

A preservación da estructura molecular é mellor.

c)

Os tramos obtidos están flotando nunha balsa de auga

d)

Todas as respostas anteriores son correctas

5.

Cal é a frecuencia recomendada para inspeccionar e manter un microtomo?

a)

Unha vez cada 6 meses

b)

Unha vez ó ano

c)

Unha vez cada 5 anos

d)

Unha vez cada 2 anos

6.

Cal é o principal perigo asociado ao uso dun microtomo?

a)

Exposición á radiación

b)

Queimaduras químicas

c)

Cortar coa coitela

d)

Descarga eléctrica

7.

Cal é o método recomendado para limpar un microtomo?

a)

Utilizar aire comprimido

b)

Usar un sistema de vacío

c)

Utilizar solucións de limpieza comerciais ou panos suaves con auga

d)

Limpar con xileno ou tolueno as partes plásticas

8.

Con respecto ós cortes de bloques de parafina, indica a incorrecta:

a)

Usando o criotomo as seccións se adhieren por contacto no porta

b)

O microtomo de deslizamento, permite automatizar o proceso de corte

c)

No microtomo Minot, portabloques e coitela están en posición horizontal

d)

Todas as anteriores son incorrectas

9.

O sistema de corte mediante un vibratomo, non permite:

a)

Facer un corte no que non só a coitela avanza sobre a mostra, senón que vibra lateralmente

b)

Obter seccións de unhas 30-40micras

c)

Obter cortes de mostras incluídas en parafina ou celoidina

d)

Facer o corte inmerso en solución salina

10.

En relación ós cortes obtidos por conxelación, indica a resposta verdadeira:

a)

Ó sacar os cortes do criostato, deben facerse flotar nun baño de auga fría

b)

O uso do microtomo de conxelación tradicional está altamente extendido nas biopsias intraoperatorias

c)

No criostato, temos unha mostra nun bloque sólido, encastrada pero non incluída

d)

O volante no criostato está dentro do sistema para evitar a pérdida de frío.

11.

O corte co ultramicrotomo, permite facer seccións para a súa visualización no MET; en relación a isto:

a)

Os cortes de 0,5 micras, serán captados en reixas

b)

As balsas de auga das coitelas bicóncavas permiten a recollida dos cortes

c)

Podemos teñir as mostras con colorantes habituais se facemos seccións ultrafinas

d)

Todas as respostas son incorrectas

e)

Os cortes semifinos non se usan co MET

12.

Con respecto ás coitelas dos sistemas de corte, indica a verdadeira:

a)

A biplana é a que se emprega máis habitualmente no MO

b)

As de vidro son as máis empregadas, tanto en MET como en MO

c)

Podemos facer o desbastado e o corte coa mesma coitela e sempre na parte central desta, pois cortará sempre igual de ben

d)

En tódolos laboratorios se limpan as coitelas no momento en que deixan de cortar, para unha maior eficacia dos recursos

13.

Retallar un bloque consiste en ...

a)

Eliminar toda a parafina que está ó redor do tecido e do bloque

b)

Eliminar o exceso de parafina do cassette para disminuir a superficie de contacto coa coitela

c)

Eliminar capas de parafina situadas sobre o tecido

d)

Todas serían correctas

14.

Cal é correcta sobre o arrefriado dun bloque?

a)

a)Faise para conseguir unha consistencia óptima da parafina

b)

b)Para non obter cortes enrugados

c)

c)Faise primeiro no conxelador e pódese manter entre 5-10ºC

d)

As respostas a) e b) son correctas

15.

A orientación da coitela é moi importante de cara a un adecuado corte; según isto:

a)

O ángulo libre, debe ser de 10º

b)

Si o ángulo de inclinación é de menos de 10º, a coitela ponse perpendicular ó bloque e obteremos ondulacións

c)

O ángulo de inclinación debe situarse en torno a 10-15º

d)

Todas son falsas

16.

Unha vez feito o corte, introducirase no baño de flotación; unha vez aquí:

a)

Pescamos as seccións obtidas colocando o porta lixeiramente en vertical no baño

b)

Para que o tecido quede perfectamente adherido, podemos tratar o porta con xelatina

c)

Debemos intentar que non se formen burbullas, pois poderían danar o tecido

d)

Todas as opcións son correctas

17.

Un dos problemas que nos poden xurdir á hora de facer os cortes, é que estos saian moi enrugados; isto pode ser debido:

a)

A que o bloque esté suficientemente frío

b)

A que a coitela perdera o seu fío co uso

c)

A que se fixo unha inclusión correcta

d)

Todas as respostas son correctas

18.

Podemos dicir que un colorante é:

a)

a)Unha sustancia que pode transferir cor a outro corpo

b)

b)Unha sustancia que se une estructuras dun tecido e pode proporcionalle cor

c)

c) Unha sustancia coloreada que otorga sempre cor a outra

d)

As respostas a) e b) son correctas.

e)

Ningunha das respostas é correcta

19.

Aquela tinción na que os tecidos se poñen en contacto coa solución colorante e, conforme transcurre o tempo de coloración, estos acadan a coloración desexada, denomínase...

a)

Combinada

b)

Regresiva

c)

Progresiva

d)

Diferencial

20.

Que é un cromóxeno?

a)

Un colorante que tiñe o tecido

b)

É a parte da estructura dun colorante que, unido ó cromóforo, forma o propio colorante

c)

É o que aporta cor a un colorante, ó unirse ó anel de benceno

d)

É a unión de cromóforo e anel de benceno, que aporta cor

21.

Son colorantes naturais...

a)

Os que derivan da anilina

b)

Os derivados da hematoxilina

c)

O carmín, hematoxilina e anilina

d)

Todas as respostas son incorrectas

22.

Podemos decir que un colorante é indiferente se:

a)

Posúe unha porción ácida e outra básica.

b)

Tiñe de maneira simultánea os compoñentes nucleares e os citoplasmáticos

c)

Non se une a elementos dos tecidos por afinidade, senón porque se disolve neles

d)

Se une a sustancias ácidas ou básicas

23.

Para que é necesaria a desparafinación e posterior hidratación nas técnicas de tinción?

a)

Para limpar o tecido de suciedades, e a tinción sexa homoxénea

b)

Para que o colorante poida penetrar no tecido

c)

Porque o colorante é miscible coa parafina, e así poden unirse

d)

Todas as respostas son falsas

24.

Por que é necesaria a deshidratación nas técnicas de tinción?

a)

Para que o tecido se reseque e poda conservarse máis tempo

b)

Porque o medio de montaxe non adoita a ser hidrosoluble

c)

Para fixar mellor as cores da tinción

d)

Todas as respostas son incorrectas

25.

Indica a falsa en relación á hematoxilina:

a)

Non colorea recén extraída da árbore da que se obtén

b)

Transfórmase en hemateína por un proceso de maduración

c)

Denominamos laca de hematoxilina á unión de hematoxilina máis o seu mordente

d)

Pode empregarse con tincións progresivas ou regresivas

26.

Con respecto ó Sudán III...

a)

É moi lipofílico

b)

Emprégase para ver lípidos heterofásicos

c)

Tingue os lípidos de negro

d)

Unido ó Carmín, permite ver lípidos homofásicos e heterofásicos

27.

Unha das técnicas de tinción que podemos empregar para ver mucinas ácidas é:

a)

PAS

b)

Carmín de Mayer

c)

Carmín de Best

d)

Ningunha é correcta

28.

O tricrómico de Masson, permite visualizar:

a)

a)Tecido conxuntivo

b)

b)Fibras coláxenas

c)

c)Fibras elásticas

d)

d)Diferenciar entre fibras coláxenas e elásticas

e)

e) As respostas a) e b) son correctas

29.

Entendemos por argirofilia:

a)

Á unión da prata con axentes reductores para obter sales que penetran no tecido

b)

A unha propiedade que poden ter algúns tecidos para atrapar ións de prata pola acción de axentes reductores

c)

Á capacidade dos tecidos de impregnarse de prata, pola acción de axentes arxénticos

d)

Á acción das sales metálicas sobre a prata para impregnar así o tecido

30.

É unha coloración non arxénticas para teñir tecido nervioso:

a)

PTAH

b)

Bodian

c)

Golgi

d)

Todas son correctas

31.

En canto á tinción de Gram:

a)

Non permite diferenciar micobacterias, pois éstas presentan unha capa fina de mureína

b)

Emprega lugol como mordente

c)

O alcol empregado como decolorante, arrastra o colorante nas Gram +

d)

Quedan teñidas con safranina as Gram +

32.

No contraste que levamos a cabo en ME, as tentellas de NaOH, empréganse para:

a)

Terceiro elemento para contaste

b)

Afianzar a cor dos materiais empregados no contraste

c)

Disminuir a calor tras a montaxe na placa quente

d)

Eliminar a humidade e evitar que precipite o citrato de chumbo