WorksheetsUD2: saúde e sistema inmunitario.
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
O concepto amplo de saúde refírese ao estado xeral de benestar das persoas. Desde este punto de vista, pode considerarse sa unha persoa que está vivindo unha guerra?
Si, sempre e cando o seu estado físico sexa bo.
Si, mentres non padeza ningunha enfermidade.
Probablemente non, xa que, presumiblemente, o seu estado mental e a súa situación social e ambiental non serán axeitados.
Si, pero depende da idade que teña esa persoa, xa que as persoas maiores adoitan ter un estado de saúde máis deteriorado.
Na transmisión das enfermidades infecciosas participan varios elementos que en conxunto se chaman cadea epidemiolóxica. A que elemento da cadea chamamos vector da enfermidade?
Ao microorganismo patóxeno causante da enfermidade.
Ao animal que transporta o microorganismo patóxeno ata as persoas.
Ao lugar en que vive e se desenvolve o patóxeno.
Á vía pola que o axente patóxeno entra no hóspede.
Que microorganismo patóxeno causa o cólera? Cal é a súa vía de entrada?
O cólera é unha enfermidade infecciosa causada por protozoos, e a súa entrada no organismo é por vía cutánea.
O cólera é producido por un virus que entra no organismo a través do aire que respiramos.
O cólera é unha enfermidade infecciosa causada por unha bacteria e a súa vía de entrada é dixestiva.
O cólera é unha enfermidade causada por un fungo que se transmite por vía cutánea.
Porque chamamos resposta inespecífica á levada a cabo polos fagocitos?
Porque a forma de actuación dos fagocitos depende da especie de microorganismo patóxeno.
Porque a súa acción é a mesma para calquera tipo de microorganismo patóxeno.
Porque só se leva a cabo ante bacterias e fungos.
Porque forman parte das barreiras primarias que impiden a entrada de axentes patóxenos no organismo.
Cando unha substancia, un mircoorganismo ou parte del entra no noso corpo, os linfocitos B xeran unhas proteínas defensivas. Como se chaman estas proteínas?
Antíxenos.
Antivirais.
Anticorpos.
Macrófagos.
Dicimos que o noso organismo está inmunizado contra unha enfermidade se posúe linfocitos de memoria capaces de reaccionar ante ela. Significa isto que xa non podemos padecela?
Efectivamente, cando estamos inmunizados contra unha enfermidade, como sucede coa gripe, xa non podemos volver a padecela nunca.
Non, porque as características do microorganismo patóxeno cambian cada vez que nos infectamos, polo que os linfocitos de memoria non poden detectalos e podemos volver a enfermar.
Non, significa que poderemos padecer a enfermidade de novo, pero con síntomas máis leves.
Si, se se teñen linfocitos de memoria, a enfermidade non pode volver a desenvolverse.
É correcto afirmar que ante calquera infección microbiana o mellor tratamento é a toma de antibióticos?
Sí, os antibióticos serven para tratar todos os tipos de microorganismos patóxenos.
Non, os antibióticos só serven para o tratamento de infeccións bacterianas.
Non, os antibióticos serven para o tratamento de calquera microorganismo patóxeno excepto os virus.
Non, o mellor tratamento é a toma de antipiréticos.
A que fai referencia o termo enfermidade inmunitaria?
É unha característica que nos volve inmunes contra todas as enfermidades.
É unha enfermidade en que os tecidos se van deteriorando progresivamente.
É unha enfermidade causada por alteracións das defensas do organismo en que o sistema inmunitario recoñece o propio como estraño e reacciona contra si mesmo.
Refírese a enfermidades debidas a alteracións nos xenes.
Que células son as que realizan principalmente a resposta inmunitaria específica de tipo celular?
Os linfocitos B.
Os linfocitos T.
Os macrófagos.
Os anticorpos.
Sinala as afirmacións correctas sobre as drogas.
As drogas xeran tolerancia a medida que o organismo se adapta a esa droga, e tamén producen dependencia cando se necesita consumir unha substancia repetidamente a pesar das consecuencias negativas.
As drogas naturais como a marihuana son menos perigosas.
As drogas actúan sobre o sistema nervioso central provocando cambios no cerebro que poden afectar á conduta, ao estado de ánimo e á percepción.
As consecuencias negativas das drogas sófreas únicamente a persoa que a consome.
