WorksheetsUnidade 7: As plantas
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
As plantas pechan os seus estomas como resposta á escaseza de auga. De que tipo de resposta se trata?
Hidrotropismo
Xeotropismo
Sismonastia
Quimionastia
Cal das seguintes estruturas non é subterránea?
Os bulbos
Os rizomas
Os tubérculos
Os estolóns
Como se reproducen os musgos?
A dunhas estruturas produtoras de esporas
A través dos gametos contidos nas súas pequenas flores
A través da produción de sementes
A través de grans de pole
De que se compón o zume elaborado? Como se transporta?
De auga e sales minerais. Ascende a través dos vasos leñosos desde a raíz ata as follas.
De materia orgánica, que se transporta a través dos vasos liberianos a todas as partes da planta.
De substancias elaboradas mediante a fotosíntese, que quedan nas follas para ser liberadas a través dos estomas.
De sales minerais que, unha vez formados, descenden a través do dos vasos liberianos desde as follas ata a raíz.
En que consiste a respiración celular e en que orgánulo se realiza?
En descompoñer substancias orgánicas complexas noutras máis sinxelas para obter enerxía. Sucede nos cloroplastos grazas á clorofila.
En inspirar osíxeno e expirar dióxido de carbono a través duns orgánulos chamados estomas.
En descompoñer substancias orgánicas complexas noutras máis sinxelas para obter enerxía. Isto sucede nas mitocondrias de todas as células da planta.
En que parte da flor se localizan as células sexuais ou gametos?
Nos estames da corola.
Nos estames e o pistilo.
En todas as partes da flor.
No pistilo e no cáliz.
Onde se produce a fotosíntese nas plantas?
Nos cloroplastos das células que se encontran nas partes verdes das plantas.
Nas mitocondrias das células que hai nas follas
Nas mitocondrias de todas as células da planta.
Nas raíces das plantas
Que conteñen as sementes no seu interior?
O froito
Pequenas flores
O embrión
O gameto
Que grupos de plantas non presentan tecidos condutores?
Os musgos
Os fentos
As anxiospermas
As ximnospermas
Que pasaría se os organismos autótrofos como as plantas desaparecesen?
Non se produciría CO2, polo que este gas non estaría presente no aire
Invertiríanse as cadeas tróficas, xa que son os produtores primarios.
Habería moito máis osíxeno no aire, porque as plantas non o utilizarían na fotosíntese.
Aumentaría o efecto invernadoiro, porque as plantas non absorberían CO2 do aire para realizar a fotosíntese.
