WorksheetsMF1443_3 Elaboración de materiais
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Que é e para que serve un BLOG?:
Ë unha plataforma de teleformación de software libre que se usa para realizar accións formativas virtuais/online
É unha comunidade online que vincula persoas e profesionais para compartir puntos de vista e recursos na rede
É unha aplicación informática que permite elaborar recursos didácticos para realizar presentacións virtuais
É unha bitácora que permite realizar publicacións a varias persoas simultaneamente para traballar de forma cooperativa en liña
Cal das seguintes é unha boa definición de innovar?:
Reformar a práctica docente que viñamos realizando
Introducir un cambio que supoña unha mellora
Modificar a avaliación e as prácticas modulares do alumnado
Impactar ó alumnado co que facemos
Que é e para que serve a aplicación MOODLE?:
Ë unha plataforma de teleformación de software libre que se usa para realizar accións formativas virtuais/online
É unha comunidade online que vincula persoas e profesionais para compartir puntos de vista e recursos na rede
É unha aplicación informática que permite elaborar recursos didácticos para realizar presentacións virtuais
É unha bitácora que permite realizar publicacións a varias persoas simultaneamente para traballar de forma cooperativa en liña
A innovación pode e debe xurdir como resposta a:
Un problema para solucionalo con creatividade ou unha demanda de mellora e adaptación ó entorno
Unha imposición dos centros que imparten os cursos e das administracións que desenvolven as programacións
Unha demanda dos alumnos para que os cursos sexan máis adaptados as súas suxestións
Unha demanda das administracións públicas para mellorar os plans de formación profesional ocupacional
Que son e para que serven as redes sociais e profesionais?:
Ë unha plataforma de teleformación de software libre que se usa para realizar accións formativas virtuais/online
É unha comunidade online que vincula persoas e profesionais para compartir puntos de vista e recursos na rede
É unha aplicación informática que permite elaborar recursos didácticos para realizar presentacións virtuais
É unha bitácora que permite realizar publicacións a varias persoas simultaneamente para traballar de forma cooperativa en liña
Como pode o docente contribuír á calidade da formación nos cursos que imparte?:
Potenciando a adquisición de competencias por parte dos alumnos e manténdose nun proceso permanente de actualización e perfeccionamento
Tendo en conta as peticións do centro no que imparte a formación e facilitando un bo ambiente na clase
Aplicando a programación de forma que non esqueza ningún dos contidos facendo cambios na mesma
Potenciando que as clases sexan activas en todo momento utilizando en cada curso o método máis indicado
Se en internet encontro unha presentación de diapositivas que me interesa utilizar, podo facelo sen pedir permiso?:
Si sempre, xa que o material que está en internet non ten copyright
Si sempre e cando o autor dixese expresamente que o podo facer
Si, sempre que non modifique nada do contido que encontro
Si, sempre que o autor puxese unha licenza creative commons
Cando un material de internet ten o seguinte símbolo que permite facer?:
É unha licenza creative commons que permite a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais
É unha licenza creative commons que indica que non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas
É unha licenza creative commons que indica que se permite o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales se debe facer cunha licenza igual á que regula a obra orixinal
É unha licenza creative commons que indica que se permite calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición
A que nos referimos cando falamos de B-LEARNING?:
A un sistema completo de formación a distancia no que o alumnos aprende a través de recursos do sistema
Á utilización da teleformación como un complemento da formación presencial
A un tipo de formación que combina o ensino en remoto e a presencia co obxectivo de aunar o mellor de ambos os dous mundos para acadar unha aprendizaxe máis eficiente
Á modalidade de clase invertida na que os alumnos aprenden a través de diferentes metodoloxías sendo unha delas a modalidade online
Sabemos que a cor empregada na elaboración de materiais didácticos pode afectar a como os alumnos aprenden. Cal das seguintes afirmacións NON é correcta respecto á teoría da cor?
O predominio de tons claros produce un efecto alegre e sinxelo mentres que os tons escuros crean un marco pesado e sombrío
As cores cálidas aparentan ser máis pesadas que as frías
Os tons escuros na parte inferior da pantalla introducen estabilidade e solidez
Os tons escuros na parte superior da pantalla introducen estabilidade e solidez
Cal é a diferenza entre a tipoloxía “Verdana” e a tipoloxía “Times New Roman”?:
A Verdana é un tipo de letra sen serifa e a Times New Roman é de tipo serifa
Tanto a Verdana como a Times son letras sen serifa
A Verdana é un tipo de letra con serifa e a Times é de tipo sen serifa
A Verdana é a letra máis utilizada na actualidade e a Times xa non se utiliza porque está pasada de moda
Os mapas conceptuais favorecen as aprendizaxes significativas xa que:
Permiten organizar as ideas e as relacións entre conceptos de forma gráfica e con significado para os estudantes
Teñen unha forma estruturada na que os distintos conceptos se sitúan de xeito xerárquico entre eles
Compóñense de conceptos moi significativos para os alumnos
Teñen unha estrutura gráfica que é moi chamativa e favorece a lectura dos contidos
Indica cal das seguintes respostas inclúe soamente ferramentas de comunicación asíncrona:
Foros, blogues, listas de distribución
Foros, listas de distribución, chat
Foros, correo electrónico, audioconferencias
Foros, blogues, videoconferencias
Que é un sitio web?:
É un tipo de software que realiza certas tarefas en nome dos usuarios
É o método máis común de intercambio de información na WWW, o método a través do que se transfiren as páxinas web a un ordenador
É unha secuencia de caracteres que se utiliza para nomear e localizar recursos, documentose imaxes na internet
É un sitio na World Wide Web, que contén documentos (páxinas web) organizados xerarquicamente
A regra 10-20-30 sobre presentacións, proposta por Guy Kawasaki, di que unha boa presentación non debe :
Durar máis de 10 minutos, ter máis de 20 diapositivas e ter ningún texto con menos de 30 puntos no tamaño de letra
Ter máis de 10 diapositivas, durar máis de 20 minutos e ter ningún texto con menos de 30 puntos no tamaño de letra
Ter ningún texto con máis de 10 puntos no tamaño de letra, durar máis de 20 minutos e ter máis de 30 diapositivas
Durar máis de 10 minutos, ter ningún texto con menos de 20 puntos no tamaño de letra e ter máis de 30 diapositivas
Cal debería ser a primeira fase para a elaboración dun vídeo didáctico?:
A elaboración do guion detallado en función do tema elixido
A selección da mellor cámara para gravar ou o mellor programa de gravación
A elaboración dun planning de traballo coa asignación de papeis a todos os participantes
A selección dos textos, da música e dos contidos do vídeo
Que tipo de recursos son interesantes na elaboración dunha webquest?:
Todos os recursos son interesantes, pero basicamente utilizaremos aqueles que sexan significativos para os alumnos
A webquest é un recurso didáctico baseado sobre todo na utilización de recursos da web
Nas webquests podemos utilizar soamente recursos da web
O tipo de recursos que se utilicen non resulta significativo á hora de elaborar unha webquest
Sinala, das seguintes, cal é unha desvantaxe dos carteis respecto á motivación das aprendizaxes dos alumnos:
Son útiles para calquera idade e non necesitan un equipo determinado para elaboralos
Permiten demostrar, aos alumnos, a súa creatividade no tratamento dun tema determinado
Poden ser desordenados e pouco claros se se teñen demasiadas ideas, palabras ou debuxos.
Requírese moito tempo para elaboralos Pódense retornar ao lugar de presentación cantas veces sexa necesario
Cal é a diferenza entre unha letra con serifa e outra sen serifa?:
A serifa é o remate ou “gracia” que levan algúns tipos de letra e os que non a levan son os sen serifa
A serifa e a sen serifa non teñen diferenzas salvo polo xeito no que se queiran utilizar
A serifa a teñen as letras tipo Verdana e a sen serifa son as letras tipo Times New Roman
A serifa e a sen serifa son conceptos similares que dependen das modas en cada momento
Que é o formato SCORM cando falamos de elearning?
Trátase dunha ferramenta para o traballo didáctico
É un elemento que nos permite organizar a información no esquema do curso online
É un conxunto de estándares e especificacións que permite crear obxectos pedagóxicos estruturados
Trátasede paquetes que conteñen obxectos de aprendizaxe reutilizables
