Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Interior da Terra e tectónica - 4º ESO (2024)

Total questions: 30

Worksheet time: 17mins

Name
Class
Date
1.

Hoxe en día calcúlase que a orixe do Universo tivo lugar fai aproximadamente...

a)

13800 Ma

b)

4600 Ma

c)

13800 a

d)

4600 a

2.

A teoría aceptada na comunidade científica para explicar a orixe do Universo é a teoría do...

(a)  

3.

Qué descubrimento de Hubble deu pé a formulación da teoría do Big Bang?

a)

Podense detectar restos da radiación xerada por unha gran explosión

b)

Nas estrelas fórmanse todos os elementos químicos que coñecemos

c)

As galaxias afástanse entre sí de forma constante

d)

As galaxias permanecen sempre no mesmo lugar

4.

Nos sistemas planetarios, o primeiro que se forma a medida que se condensa unha nebulosa é...

a)

Todo se forma ao mesmo tempo

b)

Os satélites

c)

Os planetas

d)

A/as estrela/s

5.

Os planetas máis cercanos ao sol son rochosos porque os materiais de menor densisdade achéganse ao centro de gravidade máis intenso (neste caso a nosa estrela).

a)

Verdadeiro

b)

Falso

6.

É a capa máis densa do planeta Terra

a)

Atmosfera

b)

Hidrosfera

c)

Biosfera

d)

Xeosfera

7.

Os descubrimentos que temos hoxe en día sobre a estrutura interna da Terra débense ao estudo de...

a)

Á composición dos materiais extraidos do núcleo

b)

As ondas sísmicas

c)

Expedicións ao manto

d)

Profecías aztecas

8.

Nun terremoto xéranse varios tipos de ondas. Cal/es das seguintes afirmacións sobre elas son correctas?

a)

As ondas P poden atravesar o núcleo externo

b)

As ondas S poden atravesar o manto

c)

As ondas R se transmiten pola atmosfera

d)

As ondas P van á mesma velocidade por sólidos e líquidos

9.

O modelo xeofísico ou xeodinámico clasifica o interior da Terra en diferentes capas atendendo a qué rochas, minerais ou metais as forman.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

10.

Separación teórica entre manto e o núcleo no modelo xeoquímico

a)

Descontinuidade de Gutenberg

b)

Descontinuidade de Mohorovicic

c)

Descontinuidade de Lehman

d)

Descontinuidade de Kelvin

11.

Atopamos en esta capa principalmente silicatos ferromagnesianos como a peridotita.

a)

Codia continental

b)

Codia oceánica

c)

Manto

d)

Núcleo

12.

Atopamos en esta capa principalmente ferro e níquel.

a)

Codia continental

b)

Codia oceánica

c)

Manto

d)

Núcleo

13.

Atopamos en esta capa principalmente rochas plutónicas ácidas (granito).

a)

Codia continental

b)

Codia oceánica

c)

Manto

d)

Núcleo

14.

Indica cal/es das seguintes afirmacións sobre o campo magnético son verdadeiras.

a)

Xérase polas correntes de convección do manto

b)

Protéxenos de meteoritos

c)

Protéxenos da radiacións solar de alta enerxía

d)

Xérase polas correntes de convección do núcleo externo

15.

A litosfera esta formada...

a)

Pola codia

b)

A litosfera continental por granito e a oceánica por basalto

c)

Polo manto

d)

Pola codia e a parte superior do manto

16.

Unha placa tectónica é...

a)

Un fragmento de codia en constante movemento

b)

Una cuberta circular rochosa que rodea á Terra

c)

Un fragmento de litosfera en constante movemento

d)

Un fragmento de litosfera inmovil

17.

Indica que afirmacións sobre a convección no manto son correctas...

a)

As rochas quéntanse na capa D'' do manto

b)

As rochas quéntanse na capa D'' do núcleo

c)

Cando acada a superficie o magma xera un bordo converxente

d)

Cando acada a superficie o magma xera un bordo diverxente

18.

De onde provén a enerxía que provoca as correntes de convección de materiais que teñen lugar no interior do noso planeta?

a)

Non hai correntes ningunhas, a Terra é chá

b)

Da gravidade

c)

Da radiación solar

d)

Da intensa calor interna

19.

Cal/es se cree que son as principais explicacións das elevadas temperaturas do interior da Terrra?

a)

A compresión das rochas pola gravidade

b)

As reaccións nucleares do núcleo

c)

As reaccións nucleares do manto

d)

Remanentes de calor que permanecen dende a súa formación

20.

Que tipo/s de esforzo/s poden xerar pregamentos?

a)

Compresivos

b)

Distensivos

c)

De cizalla

21.

Nos bordos converxentes sempre hai subducción dunha das placas implicadas

a)

Verdadeiro

b)

Falso

22.

As dorsais son accidentes xeolóxicos propios de bordos...

a)

Converxentes

b)

Diverxentes

c)

Transformantes

23.

Os bordos diverxentes adoitan estar formados por interaccións entre placas...

a)

continental-continental

b)

continental-oceánica

c)

oceánica-oceánica

24.

Podemos esperar ver un arco de illas volcánicas nun bordo...

a)

Diverxente oceánico-oceánico

b)

Converxente continental-oceánico

c)

Converxente oceánico-oceánico

d)

Diverxente continental-oceánico

25.

Os arquipelagos de punto quente como as canarias fórmanse por vulcanismo, mais non en bordos de placa.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

26.

Na área circundante a un bordo de placas diverxente podemos esperar atopar...

a)

Pregamentos

b)

Fallas transformantes

c)

Fallas inversas

d)

Fallas directas ou normales

27.

Cando se supera o límite de tenacidade das rochas ante un esforzo formarase...

a)

Un pregamento

b)

Unha falla

28.

Nunha dobra anticlinal atopamos no seu centro ou núcleo...

a)

As rochas máis antigas

b)

As rochas máis novas

29.

Nunha dobra sinclinal atopamos no seu centro ou núcleo...

a)

As rochas máis antigas

b)

As rochas máis novas

30.

En Galicia podemos atopar dúas grandes fallas normais que dividen en dous a comunidade. Qué dirección xeral seguen?

a)

De Norte a Sur

b)

De Leste a Oeste

c)

Ambas empezan e rematan no Norte

d)

Ambas empezan e rematan no Oeste