NEW
Font size
WorksheetsUnidade 8: Animais invertebrados
Total questions: 10
Worksheet time: 5mins
A que grupo de artrópodos pertencen o cempés e o milpés?
Miriápodos
Crustáceos
Anélidos
Arácnidos
Cal das seguintes afirmacións sobre os invertebrados é FALSA?
Están presentes en medios acuáticos
A maioría dos invertebrados desprázanse, pero outros mantéñense fixos ao substrato
Os invertebrados carecen de calquera tipo de esqueleto ou protección
Hai invertebrados, como as medusas ou os cefalópodos, que poden alcanzar un gran tamaño
Cal das seguintes non se refire a un beneficio proporcionado polos invertebrados?
As abellas proporcionan a cera que se usa para fabricar candeas
Hai algúns insectos que se alimentan doutros insectos, controlando así as súas poboacións e evitando pragas
As termitas aliméntanse da madeira coa que se fabrican obxectos ou construcións
Algúns escaravellos reciclan a materia orgánica do solo
Existe algún grupo de animais invertebrados que non posúa sistema nervioso?
Si, os poríferos
Sí, os cnidarios
Sí, os equinodermos
Non, todos os invertebrados posúen un sistema nervioso formado por neuronas
Que animais invertebrados poden ter organización corporal de pólipo ou de medusa?
Platihelmintos e nematodos
Cnidarios
Gasterópodos e cefalópodos
Poríferos
Que características teñen os anélidos como a miñoca?
Teñen forma de verme, o seu corpo é brando, cilíndrico e está dividido en segmentos nos que se repiten algúns órganos
Teñen o corpo alongado, divídense en cabeza e tronco. O tronco está formado por segmentos que teñen patas
Teñen o corpo cilíndrico, moi delgado, e sen segmentar
Que características teñen os insectos?
Teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome. Presentan dous pares de antenas e cinco pares de patas
Teñen o corpo dividido en cefalotorax e abdome. Presentan catro pares de patas
O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome, e nalgúns a cabeza e o tórax fusiónanse formando o cefalotórax
Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome. Presentan tres pares de patas articuladas e poden ter un ou dous pares de ás.
Que grupo de invertebrados presenta sistema ambulacral?
Nematodos
Equinodermos
Moluscos
Cnidarios
Que grupo de moluscos pode presentar unha cuncha protectora dunha única peza con forma de espiral como os caracois?
Cnidarios
Bivalvos
Gasterópodos
Cefalópodos
Que tipo de alimentación presentan os animais invertebrados?
Todos os invertebrados son carnívoros
Inxiren calquera tipo de alimento: son omnívoros
Presentan todo tipo de alimentación: hai herbívoros, carnívoros, omnívoros, detritívoros, parasitos...
Algúns son autótrofos e outros heterótrofos
