wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

UD2 + UD3

Total questions: 15

Worksheet time: 8mins

Name
Class
Date
1.

Porque chamamos resposta inespecífica á levada a cabo polos fagocitos?

a)

Porque a forma de actuación dos fagocitos depende da especie de microorganismo patóxeno.

b)

Porque só se leva a cabo ante bacterias e fungos.

c)

Porque a súa acción é a mesma para calquera tipo de microorganismo patóxeno.

d)

Porque forman parte das barreiras primarias que impiden a entrada de axentes patóxenos no organismo.

2.

Cando unha substancia, un mircoorganismo ou parte del entra no noso corpo, os linfocitos B xeran unhas proteínas defensivas. Como se chaman estas proteínas?

a)

Antíxenos.

b)

Anticorpos.

c)


Antivirais.

d)


Macrófagos.

3.

Dicimos que o noso organismo está inmunizado contra unha enfermidade se posúe linfocitos de memoria capaces de reaccionar ante ela. Significa isto que xa non podemos padecela?

a)

Efectivamente, cando estamos inmunizados contra unha enfermidade, como sucede coa gripe, xa non podemos volver a padecela nunca.

b)

Non, significa que poderemos padecer a enfermidade de novo, pero con síntomas máis leves.

c)

Non, porque as características do microorganismo patóxeno cambian cada vez que nos infectamos, polo que os linfocitos de memoria non poden detectalos e podemos volver a enfermar.

d)


Si, se se teñen linfocitos de memoria, a enfermidade non pode volver a desenvolverse.

4.

É correcto afirmar que ante calquera infección microbiana o mellor tratamento é a toma de antibióticos?

a)

Sí, os antibióticos serven para tratar todos os tipos de microorganismos patóxenos.

b)

Non, os antibióticos serven para o tratamento de calquera microorganismo patóxeno excepto os virus.

c)

Non, os antibióticos só serven para o tratamento de infeccións bacterianas.

d)

Non, o mellor tratamento é a toma de antipiréticos.

5.

Que células son as que realizan principalmente a resposta inmunitaria específica de tipo celular?

a)

Os linfocitos B.

b)

Os macrófagos.

c)

Os linfocitos T.

d)

Os anticorpos.

6.

Sinala as afirmacións correctas sobre as drogas.

a)

As drogas xeran tolerancia a medida que o organismo se adapta a esa droga, e tamén producen dependencia cando se necesita consumir unha substancia repetidamente a pesar das consecuencias negativas.

b)

As drogas actúan sobre o sistema nervioso central provocando cambios no cerebro que poden afectar á conduta, ao estado de ánimo e á percepción.

c)

As drogas naturais como a marihuana son menos perigosas.

d)

As consecuencias negativas das drogas sófreas únicamente a persoa que a consome.

7.

En que dous grandes grupos se poden clasificar os nutrientes?

a)

Nutrientes orgánicos e nutrientes inorgánicos

b)

Nutrientes sólidos e nutrientes líquidos

c)

Nutrientes estruturais e nutrientes enerxéticos

d)

Nutrientes estruturais e reguladores

8.

Ademais dos hidratos de carbono e dos lípidos, que outros dous tipos de nutrientes orgánicos existen?

a)

A auga e os sales minerais.

b)

Os hidratos de carbono e a fibra.

c)


As proteínas e as vitaminas.

d)

As vitaminas e a auga

9.

Existe un tipo de nutrientes orgánicos que o noso organismo non pode sintetizar. Cal é?

a)

As vitaminas.

b)


Os hidratos de carbono.

c)


As proteínas.

d)

Os sales minerais.

10.

Que función desempeña o mel, o pan ou o aceite no noso organismo?

a)

Función estrutural.

b)

Función reguladora.

c)


Función enerxética.

d)


Función de plasticidade.

11.

A que parte do sistema inmunitario pertencen os fagocitos?

a)

Ás barreiras primarias da inmunidade innata

b)

Ás barreiras secundarias da inmunidade inespecífica

c)

Á resposta inflamatoria da inmunidade específica

d)

Á resposta humoral da inmunidade adquirida

12.

En que lugar do corpo se atopan as placas de Peyer?

a)

Próximas ás amigdalas

b)

No bazo

c)

Ao longo dos vasos linfáticos

d)

Recubrindo o interior do intestino delgado

13.

Que é a apoptose celular?

a)

Proceso polo cal unha célula ao estar danada induce a súa propia destrucción.

b)

Proceso polo cal un macrófago introduce no seu interior un patóxeno, dixíreo e destrúeo.

c)

É a liberación de substancias ao medio interno do corpo que producen a dilatación dos vasos sanguíneos.

d)

Neutralización dos antíxenos grazas aos anticorpos producidos polos linfocitos B

14.

Que son os medicamentos analxésicos?

a)

Os que combaten infeccións bacterianas.

b)

Os que baixan a febre.

c)

Os que calman a dor.

d)

Os que reducen a inflamación.

15.

Que son as bacterias resistentes?

a)

Aquelas que precisan dun tratamento de antibiótico de non menos de 15 días.

b)

As que resisten a máis de un antibiótico.

c)

As que teñen membrana, parede bacteriana e cápisde, xa que non lles afecta a medicación.

d)

Son bacterias mutantes creadas en laboratorios de experimentación e en granxas.