wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Preguntas sobre economía

Total questions: 57

Worksheet time: 29mins

Name
Class
Date
1.

Que actividades inclúe o sector primario?

a)

Agricultura, gandaría, pesca e acuicultura

b)

Industria, enerxía e minería

c)

Turismo, transporte e comunicacións

d)

Comercio e construción

2.

Que é un cultivo de secaño?

a)

Cultivo que precisa rego continuo

b)

Cultivo que só utiliza a auga da chuvia

c)

Cultivo realizado en invernadoiros

d)

Cultivo de produtos marítimos

3.

Que actividade transforma materias primas en produtos elaborados?

a)

Pesca

b)

Industria

c)

Turismo

d)

Agricultura

4.

Que tipo de enerxías son renovables?

a)

Solar, eólica e hidráulica

b)

Petróleo, gas e carbón

c)

Carbón, enerxía nuclear e petróleo

d)

Hidráulica, gas e petróleo

5.

Que actividade pertence ao sector terciario?

a)

Minaría

b)

Turismo

c)

Construción

d)

Agricultura

6.

Que significa 'economía'?

a)

A arte de administrar os recursos dispoñibles

b)

O estudo da historia do comercio

c)

A ciencia dos ecosistemas naturais

d)

O intercambio de bens mediante troco

7.

Que actividade económica caracterizou o Paleolítico?

a)

Caza, pesca e recolección de froitos

b)

Comercio a longa distancia

c)

Agricultura e gandaría

d)

Uso de moedas e escravitude

8.

Que novos sistemas apareceron no Neolítico?

a)

Troco de bens

b)

Sedentarización coa agricultura e gandaría

c)

Uso de moedas nas transaccións

d)

Construción de cidades modernas

9.

Que civilización utilizou escravos como man de obra principal?

a)

Mesopotámica e romana

b)

Paleolítica e neolítica

c)

Feudal e medieval

d)

Capitalista comercial

10.

Que produtos se obteñen da gandaría?

a)

Carne, leite, ovos e la

b)

Enerxía, minerais e carbón

c)

Froitas, cereais e verduras

d)

Tecidos, aceites e madeira

11.

Que fan os economistas?

a)

Estudan como se producen e distribúen os recursos

b)

Investigan o uso da terra en feiras locais

c)

Axudan no comercio exterior

d)

Organizan viaxes de turismo cultural

12.

Que inclúe o sector secundario?

a)

A construción e a enerxía

b)

O comercio e o transporte

c)

A gandaría e a pesca

d)

O turismo e as comunicacións

13.

Que define o troco no Neolítico?

a)

Sistema de intercambio sen diñeiro

b)

Uso de moedas de ouro e prata

c)

Primeiras rutas comerciais globais

d)

Comercio de materiais industriais

14.

Que é a acuicultura?

a)

A cría controlada de peixes e mariscos

b)

A pesca en ríos e mares

c)

O cultivo de plantas acuáticas

d)

O transporte de produtos mariños

15.

Que actividade económica marcou o feudalismo?

a)

Uso da terra como base económica

b)

Comercio marítimo global

c)

Troco de bens con moedas

d)

Gran produción industrial

16.

Que nova clase social xurdiu nos burgos medievais?

a)

Burguesía

b)

Campesiños

c)

Escravos

d)

Clérigos

17.

Que promoveu o capitalismo comercial?

a)

Grandes descubrimentos xeográficos

b)

Uso exclusivo do troco

c)

Redución da produción agrícola

d)

Feiras locais como única economía

18.

Que fan os sistemas de enerxía no sector secundario?

a)

Obteñen enerxía renovable e non renovable

b)

Almacenan materiais para o comercio

c)

Exportan alimentos a mercados globais

d)

Crean novos tipos de minerais

19.

Que fai a industria?

a)

Transforma materias primas en produtos elaborados

b)

Produce alimentos básicos mediante a agricultura

c)

Promove feiras de comercio exterior

d)

Focalízase só na minería e enerxía

20.

Que función cumpría o comercio colonial?

a)

Acumular capital para a burguesía

b)

Distribuír terras aos campesiños

c)

Abastecer ás feiras locais medievais

d)

Crear sociedades escravistas

21.

Que tipo de cultivos inclúe o secaño?

a)

Hortalizas e arroz

b)

Cereais, oliveiras, vide e froitos secos

c)

Algodón e hortalizas

d)

Mariscos e peixes

22.

Que caracteriza os cultivos de regadío?

a)

Non precisan rego adicional

b)

Precisan rego continuo

c)

Só se fan en invernadoiros

d)

Dependentes exclusivamente de auga de ríos

23.

Que transforma as materias primas en bens de uso e consumo?

a)

A construción

b)

O comercio

c)

A industria

d)

A minería

24.

Cal destas opcións pertence ao sector secundario?

a)

Agricultura

b)

Minaría

c)

Turismo

d)

Comercio

25.

Que tipo de enerxía se obtén do petróleo e do gas?

a)

Renovable

b)

Non renovable

c)

Solar

d)

Hidráulica

26.

Que actividades realiza o sector terciario?

a)

Obtención de materias primas

b)

Transformación de bens

c)

Servizos como turismo e transporte

d)

Produción de enerxía

27.

Que permite o transporte no sector terciario?

a)

O desprazamento de persoas e mercadorías

b)

A produción de enerxía renovable

c)

A creación de novos produtos industriais

d)

A conexión de redes dixitais

28.

Que medios inclúe o sector das comunicacións?

a)

Agricultura e gandaría

b)

Internet, televisión e xornais

c)

Transporte marítimo

d)

Turismo de sol e praia

29.

Que produto extrae a minería?

a)

Froitas

b)

Carbón

c)

Hortalizas

d)

Algodón

30.

Cando apareceu o comercio polo troco?

a)

Durante o Paleolítico

b)

No Neolítico

c)

Na Idade Media

d)

Co capitalismo comercial

31.

Que sistema económico utilizaba escravos como man de obra principal?

a)

O sistema feudal

b)

O sistema escravista

c)

O capitalismo comercial

d)

A economía primitiva

32.

Que función tiñan os señores feudais na Idade Media?

a)

Organizar o comercio colonial

b)

Administrar terras traballadas polos campesiños

c)

Controlar a produción industrial

d)

Supervisar o troco de bens

33.

Cales destes conceptos se relacionan coas feiras locais na Idade Media?

a)

Troco e comercio limitado

b)

Gran produción industrial

c)

Exportación de bens coloniais

d)

Minaría e extracción de recursos

34.

Que tipo de enerxías son empregadas na actualidade no sector secundario?

a)

Só renovables

b)

Só non renovables

c)

Tanto renovables como non renovables

d)

Enerxías exclusivamente hidráulicas

35.

Que produtos xeran as industrias?

a)

Produtos finais e semielaborados

b)

Servizos turísticos e de comunicación

c)

Materiais exclusivamente agrícolas

d)

Ferramentas paleolíticas

36.

Que significa macroeconomía?

a)

Estudo dos fogares e pequenas empresas

b)

Análise das economías globais e mercados internacionais

c)

Troco de bens sen diñeiro

d)

Administración de pequenas feiras locais

37.

Que caracteriza ao capitalismo comercial?

a)

O uso de troco exclusivo

b)

O comercio colonial e acumulación de capital

c)

A desaparición da burguesía

d)

A reconstrución do feudalismo

38.

Que actividades inclúe o sector primario?

a)

Agricultura, gandaría, pesca e acuicultura

b)

Industria, enerxía e minería

c)

Turismo, transporte e comunicacións

d)

Comercio e construción

39.

Que é un cultivo de secaño?

a)

Cultivo que precisa rego continuo

b)

Cultivo que só utiliza a auga da chuvia

c)

Cultivo realizado en invernadoiros

d)

Cultivo de produtos marítimos

40.

Que actividade transforma materias primas en produtos elaborados?

a)

Pesca

b)

Industria

c)

Turismo

d)

Agricultura

41.

Que determina o prezo dos produtos nun sistema capitalista?

a)

O goberno

b)

A lei da oferta e da demanda

c)

O Banco Central Europeo

d)

O salario medio dos traballadores

42.

Que ocorre cando hai moita demanda e pouca oferta dun produto?

a)

O prezo mantense estable

b)

O prezo baixa

c)

O prezo sobe

d)

O produto desaparece do mercado

43.

Que tipo de sistema económico teñen a maioría dos países actualmente?

a)

Capitalismo puro

b)

Economía planificada

c)

Economía mixta

d)

Anarquismo económico

44.

Cal das seguintes NON é unha función do diñeiro?

a)

Unidade de conta

b)

Medio de intercambio

c)

Forma de aforro

d)

Producción de bens

45.

Que servizo NON ofrece un banco?

a)

Gardar diñeiro en contas seguras

b)

Conceder préstamos con xuros

c)

Emitir leis económicas

d)

Investir en proxectos financeiros

46.

Que significa aforrar?

a)

Gastar todo o diñeiro antes de que perda valor

b)

Reservar unha parte dos ingresos para necesidades futuras

c)

Pedir préstamos aos bancos

d)

Substituír o diñeiro por troco de bens

47.

Que se busca co consumo responsable?

a)

Comprar a menor cantidade posible de produtos

b)

Apoiar prácticas sostibles e éticas

c)

Gastar o diñeiro sen control

d)

Evitar produtos de importación

48.

Que característica ten o comercio xusto?

a)

Os produtores reciben un pago xusto polo seu traballo

b)

Os produtos son máis baratos ca no mercado común

c)

Só se vende en países desenvolvidos

d)

Favorece a explotación laboral para reducir custos

49.

Cal das seguintes afirmacións sobre as empresas é correcta?

a)

Todas as empresas buscan obter beneficios económicos

b)

Hai empresas que ofrecen servizos sen ánimo de lucro

c)

Todas as empresas son de propiedade pública

d)

O único obxectivo dunha empresa é competir no mercado

50.

Que recurso NON forma parte dunha empresa?

a)

Capital

b)

Recursos humanos

c)

Medio de intercambio

d)

Máquinas e ferramentas

51.

¿Que finalidade ten o sector público?

a)

Obter beneficios económicos

b)

Xestionar empresas privadas

c)

Ofrecer servizos básicos e promover o benestar común

d)

Competir co sector privado para atraer clientes

52.

Como se financia o sector público?

a)

A través da venda de bens e servizos

b)

Cos impostos que pagan os cidadáns

c)

A través de doazóns privadas

d)

Mediante a exportación de produtos nacionais

53.

Quen forma parte da poboación activa?

a)

Os menores de 16 anos

b)

As persoas que traballan ou buscan emprego

c)

Os xubilados

d)

Os estudantes sen traballo

54.

Cal das seguintes persoas pertence á poboación non activa?

a)

Un traballador por conta propia

b)

Unha persoa en paro que busca traballo

c)

Un estudante sen emprego

d)

Un asalariado

55.

Que é a globalización?

a)

Un proceso que promove a autosuficiencia dos países

b)

Un fenómeno que limita o intercambio cultural e económico

c)

Un proceso de conexión mundial entre países e economías

d)

Unha política económica exclusiva dos países ricos

56.

Que impacto ten a globalización na economía?

a)

Favorece o aumento do comercio internacional

b)

Reduce a presenza de empresas multinacionais

c)

Evita a deslocalización de fábricas

d)

Impide a expansión dos mercados

57.

Cal dos seguintes NON é un impacto negativo da globalización?

a)

Desigualdade económica entre países

b)

Homoxeneización cultural

c)

Aumento do comercio internacional

d)

Deslocalización de empregos