Font size
WorksheetsA poboación_CS
Total questions: 20
Worksheet time: 40mins
Que é a poboación?
O número de animais que hai nun lugar.
Un conxunto de persoas que ocupa ou habita nun lugar.
As árbores e prantas que hai nunha zona determinada.
As tres opcións anteriores son correctas.
Os factores que interveñen na evolución dunha poboación son...
os movementos migratorios
a natalidade
a mortalidade e a natalidade
a natalidade, a mortalidade, a inmigración e a emigración
Que é a natalidade?
O número de mortes dunha poboación
O número de nacementos dunha poboación
A diferenza entre o número de nacementos e o de mortes
É o mesmo que o crecemento natural
Selecciona a definición que máis se adecúa ao concepto "crecemento natural"
Diferenza que existe entre o número de persoas que nacen e o número de persoas que morren. Pode ser completo ou incompleto.
Proporción entre o número de individuos que morren nunha poboación e o número de membros que a forman, nun tempo determinado.
O número de nacementos que hai por cada 1000 habitantes.
Diferenza que existe entre o número de persoas que nacen e o número de persoas que falecen. Pode ser positivo ou negativo.
Que método de rexistro de datos da poboación se realiza cada dez anos?
Censo
Padrón
Rexistro civil
Ningún se realiza cada dez anos, senón todos os anos.
Escolle a opción que máis se adecúe á seguinte definición: "é un rexistro municipal onde se recollen datos sobre o número de habitantes e a súa situación económica e social. Actualízase todos os anos."
Censo
Padrón
Rexistro civil
Selecciona a frase correcta
As migracións son movementos da poboación que deixan un lugar para asentarse noutro.
A emigración é a chegada de persoas para asentarse e vivir nun lugar.
A inmigración, pola súa parte, é a saída de persoas dun lugar para ir vivir noutro.
Non existen diferenzas entre a emigración e a inmigración.
Cal destes factores fan que a poboación dun lugar aumente?
Que moitas persoas marchen a vivir a outro sitio.
Que cheguen persoas novas a vivir alí.
Que haxa menos nacementos.
Ningunha das anteriores é correcta.
Selecciona os motivos máis habituais polos que un cidadán pode cambiar de cidade ou país
Procura dun traballo mellor.
Por guerras ou persecucións de grupos étnicos e/ou culturais.
Porque lle gusta máis unha cidade ca outra.
Por cuestións relixiosas.
Unha das consecuencias que teñen as migracións é...
Que a poboación incrementa no lugar de orixe e diminúe no de destino.
Que o lugar de orixe perde man de obra e o lugar de destino recibe man de obra laboral.
A diversidade cultural...
empobrece aos pobos do mundo.
empeora a economía de moitos países.
enriquece aos pobos do mundo.
sempre produce situacións agradables, sen actitudes de rexeitamento nin discriminación.
As zonas máis poboadas...
Son as que teñen relevo con chaira, clima temperado e auga abundante.
Son as que teñen máis riqueza e máis recursos para vivir.
Son as que teñen menos riqueza e recursos.
Son as que teñen un clima caloroso e auga escasa.
Que é a densidade de poboación?
A división entre a superficie dun territorio e o número de nacementos dun lugar.
Os anos que vive unha persoa.
A relación que existe entre o número de habitantes dun territorio e o espazo que ocupa.
A poboación activa...
está formada polas persoas que non poden traballar.
está formada polas persoas que traballan pero non reciben renumeración.
está formada por aqueles que son maiores de 18 anos que poden traballar.
está formada por aqueles que son maiores de 16 anos que poden traballar.
Podemos dividir a poboación activa en...
Poboación parada e non remunerada
Poboación ocupada e parada
Poboación que non pode traballar ou está buscando traballo por primeira vez
A Comunidade de Madrid é unha das comunidades que ten maior densidade de poboación
Verdadeiro
Falso
A poboación galega...
vive na súa maioría no interior.
está moi desigualmente repartida.
repártese de maneira equitativa por todo o territorio.
ten un crecemento natural positivo.
As actividades económicas pódense dividir en tres sectores:...
Primeiro, segundo e terceiro
Agricultura, gandaría e pesca
Primario, secundario e terciario
Ensino, pesca e industria
Selecciona os traballos que corresponden ao sector primario
Agricultura
Artesanía
Pesca
Explotación forestal
Medicina
Selecciona os traballos que corresponden ao sector secundario
Gandaría
Artesanía
Obtención de fontes de enerxía
Hostalería
Industria
