wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Avaliacion Tema Xestion de adega 2CM

Total questions: 30

Worksheet time: 15mins

Name
Class
Date
1.

Que factores se deben ter en conta para calcular as necesidades de viño nun restaurante?

a)

O número de clientes, tipo de carta e rotación do servizo.

b)

Só a capacidade da adega.

c)

O prezo medio por botella.

2.

Cales das seguintes condicións favorecen a conservación dun viño?

a)

Temperatura constante e ausencia de vibracións.

b)

Luz directa e temperatura variable.

c)

Alta humidade e pouca ventilación.

3.

Cal destas opcións é un sistema de clasificación de adegas?

a)

Por tipo de viño.

b)

Por marca de copas e tamaño de mesas.

c)

Por tipo de rol de persoal no servizo.

4.

Que documentación se revisa na recepción dun pedido de viño?

a)

O albará, a factura e o estado das botellas.

b)

O número de mesas ocupadas.

c)

O rexistro sanitario do comedor.

5.

Como deben identificarse os viños reservados por clientes?

a)

Cunha etiqueta ou ficha coa data e nome do cliente.

b)

Cun código aleatorio sen rexistro.

c)

Gardándoos xunto coas mostras do provedor.

6.

Que significa o principio FIFO na xestión da adega?

a)

First In, First Out: o primeiro en entrar é o primeiro en saír.

b)

Fast Inventory For Orders: inventario rápido por pedidos.

c)

Full Inspection For Origin: inspección total da orixe.

7.

En que se diferencia unha adega de conservación dunha de servizo?

a)

A de conservación mantén as condicións ideais de temperatura e humidade; a de servizo está máis próxima.

b)

A de servizo ten maior capacidade.

c)

Non existe diferenza real entre ambas.

8.

Cal é o obxectivo principal da planificación dunha adega?

a)

Incrementar o volume de vendas.

b)

Garantir unha xestión eficiente dos recursos e do stock.

c)

Realizar a compra de novos viños.

d)

Promocionar os viños da casa.

9.

Cal é a temperatura de conservación ideal para un viño branco novo?

a)

6-8 ºC

b)

18–20 ºC

c)

12–14 ºC

10.

¿A que se refire o termo stock mínimo?

a)

O número máximo de botellas que pode ter unha adega.

b)

A cantidade necesaria para garantir o servizo sen ruptura de existencias.

c)

A media entre o stock máximo e o consumo diario.

d)

O total das existencias dispoñibles.

11.

Que documento permite coñecer en tempo real as existencias da adega?

a)

A) A carta de viños.

b)

B) O parte de servizo.

c)

C) O inventario actualizado.

d)

D) O libro de visitas.

12.

Cal é a humidade relativa ideal para conservar os viños en adega?

a)

40 %

b)

60–70 %

c)

80–90 %

d)

30 %

13.

Cal destas funcións é propia do responsable da adega?

a)

Dirixir o servizo en sala.

b)

Controlar as existencias e os pedidos.

c)

Realizar a contabilidade xeral.

d)

Deseñar as cartas de comida.

14.

Que sistema de almacenaxe é máis axeitado para viños de longa crianza?

a)

Vertical e con luz directa.

b)

Horizontal, sen vibracións e con temperatura constante.

c)

Apilado en caixas plásticas.

d)

Calquera, mentres estean etiquetados.

15.

Cando se realiza o control de entradas na adega?

a)

Só a final de mes.

b)

Cada vez que se recibe un pedido.

c)

Cando hai revisión sanitaria.

d)

Unha vez ao ano.

16.

Cal é a función principal dun sistema informático de xestión de adega?

a)

Facer promocións.

b)

Controlar stock, datas e consumos.

c)

Substituír o traballo humano.

d)

Crear novas etiquetas.

17.

Que é un viño de garda?

a)

Un viño que debe consumirse novo.

b)

Un viño apto para envellecer e mellorar en botella.

c)

Un viño con defectos de conservación.

d)

Un viño de producción limitada.

18.

A ventilación na adega é necesaria para:

a)

Evitar acumulación de gases nocivos

b)

Incrementar a humidade excesiva

c)

Reducir a calidade do viño

d)

Aumentar a temperatura da adega

19.

Que factor afecta máis negativamente á conservación dos viños?

a)

A falta de luz.

b)

A exposición á luz solar directa.

c)

A temperatura estable.

d)

O silencio.

20.

Que equipo é necesario para controlar a temperatura dunha adega?

a)

Higrómetro.

b)

Termómetro ou termohigrómetro.

c)

Barómetro.

d)

Luxómetro.

21.

Cal é o primeiro paso na recepción dun pedido de viños?

a)

Almacenalo directamente.

b)

Comprobar que coincide co albarán e coa factura.

c)

Asinar a entrega sen revisar.

d)

Pagar o pedido.

22.

A carta de viños debe revisarse:

a)

Só ao inicio do curso escolar.

b)

Periódicamente, segundo cambios de stock e estación.

c)

Cada dous anos.

d)

Nunca.

23.

O rexistro de provedores é útil para:

a)

Xestionar contactos e condicións comerciais.

b)

Crear novas etiquetas.

c)

Realizar catas internas.

d)

Planificar o mobiliario.

24.

Que documento se usa para facer o pedido semanal de viños?

a)

Folla de control de marxes.

b)

Nota de pedido / Vale interno

c)

Parte de consumo.

d)

Parte de mermas.

25.

Que se entende por adega de día?

a)

O almacén principal.

b)

O espazo auxiliar preto da sala onde se gardan as botellas de uso inmediato.

c)

O depósito de residuos.

d)

A zona de recepción.

26.

O control das temperaturas de servizo é responsabilidade de:

a)

O chef.

b)

O persoal de servizo e o sumiller.

c)

O xestor de compras.

27.

O plan de limpeza debe incluír:

a)

Tarefas, frecuencia e responsables.

b)

Só o tipo de produto usado.

c)

A lista de viños.

d)

A data do inventario.

28.

Cando se realiza o inventario xeral da adega?

a)

Ao final de cada servizo.

b)

De forma periódica (mensual, trimestral ou anual).

c)

Cando o di o provedor.

d)

Só en caso de auditoría.

29.

Unha botella coa cápsula oxidada indica:

a)

Correcto almacenamento.

b)

Posible fallo de conservación.

c)

Defecto no vidro.

d)

Ningún problema.

30.

A quen se comunica unha incidencia importante nun pedido?

a)

Ao compañeiro de turno.

b)

Ao responsable da adega.

c)

Ao provedor directamente.

d)

O cliente.