WorksheetsCuestionario Filosofía 1 de Bach Tema 1
Total questions: 20
Worksheet time: 5hrs 41mins
Que é a Filosofía?
É unha ciencia que trata de explicar fenómenos tanxibles da realidade
É unha disciplina que trata de dar senso ás cousas buscando a verdade
É unha disciplina que se basea na fé e na vontade divina
Etimolóxicamente "filosofía" provén do grego filos+sofía que significa:
(a)
Onde nace a filosofía? en qué século?
En Roma no século II a.C
En Exipto no século V a.C
En Grecia no século VI a.C.
Quen foi o primeiro en chamarse a si mesmo filósofo?
Sócrates
Platón
Aristóteles
Pitágoras
En todas as culturas había unha necesidade de saber pero as respostas ata a aparición da filosofía no século VI a. C. baseábanse:
na ciencia
na astroloxía
nos mitos
O suceso da pregunta anterior (deixar atrás o mito) coñécese como:
(a)
Que actitude define mellor ao "Logos" fronte á tradición dos relatos míticos?
Unha actitude dogmática: hai que aceptar o que din os antigos sen preguntar.
Unha actitude crítica: hai que usar a razón para investigar, cuestionar e buscar probas do que se afirma.
Unha actitude imaxinaria: hai que inventar novos deuses que sexan máis modernos.
FILOSOFÍA VS RELIXIÓN
Cal é a principal diferencia entre a forma en que a Filosofía e a Relixión buscan a verdade?
A Filosofía parte de verdades reveladas por Deus que non se poden criticar, mentres que a Relixión busca probas científicas.
A Relixión parte dunha verdade revelada e dogmas que se deben aceptar por fe; a Filosofía usa a razón e admite a crítica de calquera idea.
Ambas son iguais porque as dúas usan a razón para cuestionar os dogmas e as crenzas sen necesidade de ter fe.
FILOSOFÍA VS CIENCIA
Cal é a diferencia?
A ciencia busca a verdade racionalmente, igual que a filosofía, pero indaga as causas inmediatas e observables. Basease no método científico: o hipotético deductivo.
A ciencia busca e atopa a certeza mentres que a filosofía non ten certeza de se o coñecemento é verdadeiro.
Ambas son correctas
FILOSOFÍA VS ARTE
Aínda que a Arte e a Filosofía comparten obxectivos como criticar ou concienciar, en que se diferencia a Arte?
A Arte aspira especificamente a crear beleza e a facernos vibrar emocionalmente.
A Arte non quere expresar nada, só quere copiar a realidade de xeito científico.
A Arte é un saber acumulativo e predictivo igual que a ciencia.
CONCEPCIÓNS DA FILOSOFÍA
A filosofía ten múltiples concepcións é dicir múltiples usos e significados. Unha delas relaciona a filosofía coa ciencia e chama á filosofía: UN SABER DE SABERES (un saber que engloba outros), coma unha METALINGUAXE.
Con isto sabido, cal sería a función da Filosofía fronte ao desenvolvemento da ciencia e da técnica (como a IA ou a astronomía)?
Axudar ás ciencias a conseguir máis cartos para investigar calquera cousa.
Reflexionar sobre as consecuencias do progreso e preguntarse que é máis valioso investigar ou cara onde vai a ciencia.
Deixar que os científicos decidan todo sen facerse preguntas éticas nin sociais.
CONCEPCIÓNS DA FIOSOFÍA
Outra das concepcións da filosofía é a CRÍTICA DA CULTURA ou UTOPÍA. Esta visión non se conforma con describir o que hai, senón que analiza os fallos da sociedade actual para imaxinar formas de vida máis xustas.
Con isto sabido, cal sería a función da Filosofía como crítica da cultura ante as inxustizas ou problemas da sociedade presente?
Aceptar que o mundo é así por natureza e que non se pode facer nada para cambialo, xa que a filosofía non debe dar opinións.
Dedicarse unicamente a estudar os libros de filósofos mortos sen relacionalos nunca cos problemas reais da xente de hoxe.
Analizar os prexuízos e erros do noso tempo para proxectar un modelo de sociedade mellor (utopía), servindo como unha ferramenta de transformación social.
CONCEPCIÓNS DA FILOSOFÍA:
A filosofía tamén se entende como SABEDORÍA PRÁCTICA. Esta visión non busca só acumular datos ou teorías, senón que se centra na vida humana e na toma de decisións.
Tendo isto en conta, cal é o obxectivo principal da Filosofía entendida como Sabedoría Práctica?
Aprender a usar ferramentas e máquinas complexas para poder traballar nunha fábrica ou nun laboratorio.
Axudarnos a saber vivir e a elixir o que nos convén para acadar unha vida boa, orientando as nosas accións cara á felicidade.
Estudar as leis físicas que moven os planetas, sen dar importancia ao que os seres humanos senten ou deciden.
CONCEPCIÓNS DA FILOSOFÍA
A CONCEPCIÓN POSTMODERNA da filosofía ACTUAL ten pretensións máis "humildes". A diferenza da metafísica antiga, xa non busca unha verdade obxectiva, única e segura para todo o mundo.
Tendo isto en conta, cal é o obxectivo principal da Filosofía na nosa época postmoderna?
Persuadir e convencer aos demais mediante o diálogo, aceptando que existen outras perspectivas válidas e que a verdade non é propiedade de ninguén.
Impoñer a nosa visión do mundo aos demais pola forza, xa que a nosa opinión é a única que conta como verdadeira.
Buscar unha demostración científica e absoluta que sirva para todos os seres humanos por igual, sen deixar espazo á dúbida.
Para saber sobre as divisións tradicionais da Filosofía (en qué ramas de sivide a filosofía) copia este enlace e pégao no buscador: https://prezi.com/view/2HV07rArcdI7h8f83dFJ/?referral_token=kD48KMlnB3FN
https://prezi.com/view/2HV07rArcdI7h8f83dFJ/?referral_token=kD48KMlnB3FN
Unha vez visto o esquema anterior, en qué ramas de divide a Filosofía tradicional?
Filosofía estética e filosofía metafísica
Filosofía práctica e filosofía teórica
Filosofía práctica e filosofía antropolóxica
A filosofía teórica divídese á súa vez en 2 ramas máis:
sobre os astros e sobre a fé
sobre o ser humano e o saber
sobre a realidade e sobre o coñecemento
Dentro da Filosofía teórica sobre a REALIDADE atopamos as seguintes ramas:
Metafísica e cosmoloxía
Cosmoloxía e gnoseoloxía
Metafísica, cosmoloxía e antropoloxía
Gnoseoloxía, epistemoloxía e lóxica son ramas da Filosofía TEÓRICA SOBRE O COÑECEMENTO:
verdadeiro
falso
Ética, política e estética son ramas da:
Filosofía teórica sobre o coñecemento
Filosofía práctica
Filosofía teórica sobre a realidade
