

Animais
Presentation
•
Biology
•
10th Grade
•
Medium
Tomás Carregal
Used 2+ times
FREE Resource
24 Slides • 12 Questions
1
Animais e clasificación dos animais

2
Os animais
Os animais son seres vivos pluricelulares. Están constituídos por un tipo de célula denominada célula animal, o mesmo tipo de células que xa estudamos na unidade do corpo humano.
Imos coñecer como se desenvolven as funcións vitais nos animais.
3
Relación, nutrición e reprodución
A función de relación nos animais permite captar o que sucede na contorna e elaborar unha resposta axeitada segundo as circunstancias, por exemplo, para atopar alimentos ou fuxir do perigo. Consta de tres fases: Percepción da información, análise da información e execución da respostas.
Nutrición: permite obter, a partir dos alimentos e do osíxeno, os nutrientes necesarios para vivir. Distinguimos os seguintes procesos: Dixestión de alimentos: os alimentos inxeridos polo animal dixíresen no seu sistema dixestivo. A dixestión é o esmiuzamento dos alimentos ata transformarse en substancias o suficientemente pequenas, os nutrientes, para poder ser absorbidas pola célula.
4
Relación, nutrición e reprodución
Absorción e circulación de nutrientes. Os nutrientes son absorbidos polas células do intestino e pasan ao sistema circulatorio, onde o sangue distribuirá ás células de todo o organismo.
Obtención do osíxeno. Os animais obteñen o osíxeno do aire a través do seu aparato respiratorio (pulmóns, branquias, traqueas...). Este osíxeno, o sistema circulatorio repárteo por todo o organismo xunto cos nutrientes.
5
Relación, nutrición e reprodución
A reprodución é a función vital que permite o nacemento de novos indiviudos de características similares aos seus proxenitores. Existen dous tipos de reprodución nos animais: a sexual e a asexual.
Na reprodución sexual o novo individuo orixínase pola unión dunha célula reproductora femenina, o óvulo, e unha célula reprodutroa masculina, o espermatozoide. A unión destas dúas células é a fecundación que pode ser: interna ou externa. A interna é a unión das dúas células que ten lugar no interior do corpo da nai.Dáse na maior parte dos organismos terrestres. A externa é a unión que se realiza fóra do corpo da nai, no medio acuático. Alí, femias e machos liberan óvulos e espermatozoides e prodúcese a fecundación. O novo ser crecerá no interior dun ovo. Ten lugar na maioría dos organismos acuáticos.
6
Relación, nutrición e reprodución
Na reprodución asexual o novo ser orixínase a partir dun só individuo cuxo corpo se fragmenta. Cada un dos fragmentos desenvolverase e dará lugar a un novo organismo. Dáse en invertebrados como as estrelas de mar e as esponxas.
7
A metamorfose
En moitos animais, as crías aso nacer son moi similares aos adultos da mesma especie e a súa principal diferenza é o tamaño. Con todo, nalgúns vertebrados, como a ra, e en moitos invertebrados, como a bolboreta, ao saír do ovo, teñen un aspeto e unha estrutura moi diferente ao dos adultos. Para completar o seu desenvolvemento, este animais deben pasar por un proceso denominado metamorfose. Unha das metamorfoses máis sorprendentes é a dalgúns insectos, como as bolboretas.
8
Multiple Choice
Os animais son
seres inertes
seres vivos pluricelulares
seres vivos unicelulares
ningunha é correcta
9
Multiple Choice
A reprodución pode ser
sexual
asexual
sexual e a sexual
sexual interna
10
Multiple Choice
A relación é unha función que permite captar o que sucede na contorna e consta das seguintes partes
Percepción da información, execución de respostas
Execución de respostas, percepción da información e análise da información
Análise da información e percepción da información
análise da información e execución da resposta
11
Multiple Choice
A nutrición permite obter
nacementos de novos individuos
información do que sucede do nosa contorna
información
obter os nutrientes necesarios para vivir
12
Multiple Choice
Os procesos da nutrición son os seguintes
Dixestión dos alimentos, absorción e circulación dos nutrientes e obtención do osíxeno
Absorción e circulación dos nutrientes, obtención de osíxeno
Dixestión dos alimentos, obtención do osíxeno
Ningunha é correcta
13
Multiple Choice
A reprodución é
Función vital
Permite o nacemento de novos individuos de características similiares aos seus proxenitores
Pode ser sexual e asexual
Todas son correctas
14
Multiple Choice
Na reprodución sexual
o novo individuo orixínase pola unión dunha célula reprodutora femenina, o óvulo, e unha célula reprodutora masculina, o espermatozoide
a fecundaciçon pode ser interna
a fecundación pode ser externa
todas as respostas son correctas
15
A clasificación dos animais: invertebrados
Os invertebrados son aueles animais que non teñen columna vertebral, inda que algúns grupos poden ter esqueletos externos; outros, interno e outros mesmo, ningún tipo de esqueleto. Os principais grupos son: anélidos, artrópodos, cnidarios, moluscos e equinodermos.
16
Anélidos
Teñen o copro brando e alongado. Non teñen ningún tipo de esqueleto. Adoitan vivir en ambientes húmidos. Non presentan patas
17
18
Artrópodos
Son animais con esqueleto externo e con patas articuladas. Divídense en: insectos, arácnidos, miriápodos, crustáceos.
19
20
Cnidarios
Animais acuáticos de estrutura moi sinxela, de corpo brando. Algúns teñen un esqueleto externo, como os corais, e oturos non teñen esqueleto, como as medusas
21
22
Moluscos
Animais de corpo brando protexido en moitos casos por un cacho ou cuncha resistentes. A marioría son de vida acuática
23
24
Equinodermos
Animais cun esqueleto interno formado por placas minerais que lles dá consistencia e protección. Son de vida acuática
25
26
Animais vertebrados
Son aqueles que teñen columna vertebral. A columna é o eixe vertebrados od esqueleto interno dos vertebrados. Poden ser
27
Peixes
Grupos de animais cuxa temporatura corporal varía en función da temperatura ambiental. Son de vida acuática e teñen pel recuberta con escamas.
28
Anfibios
Animais cuxa tempertura corporal varía segundo a temperatura ambiental. Teñan a pel espida e necesitan que sempre estea húmida; por este motivo viven en ambientes acuáticos
29
Réptiles
É un grupo cuxa temperatura corporal varía en función da temperatura ambiental. Teñen a pel recuberta de escamas. Poden ser de vida terrestre ou acuática.
30
Aves
De temperatura corporal constante. Presentan a pel recuberta de plumas. Viven en todo tipo de ambientes. Teñan ás e a maioría son voadoras.
31
Mamíferos
Animais de temperatura corporal constante. Teñan a pel cuberta de pelo. Viven en todos os ambientes. As crías, ao nacer, aliméntanse do leite producido polas súas nais.
32
Multiple Choice
Os animais poden ser
Vertebrados
Invertebrados
Vertebrados e invertebrados
Ningunha é correcta
33
Multiple Choice
Os insectos son
Artrópodos
Crustáceos
Cnidarios
Moluscos
34
Multiple Choice
Os animais invertebrados de corpo brando protexidos en moitos casos por unha cuncha resistente son
Anélidos
Moluscos
Equinodermos
Artrópodos
35
Multiple Choice
Os animais vertebrados que teñen a pel cuberta de pelo son
Aves
Anfibios
Mamíferos
Peixes
36
Multiple Choice
Os animais que teñen a pel recuberta de escamas son
Anfibios e peixes
Aves e réptiles
Mamíferos e anfibios
Réptiles e peixes
Animais e clasificación dos animais

Show answer
Auto Play
Slide 1 / 36
SLIDE
Similar Resources on Wayground
29 questions
Reproducerea
Presentation
•
10th Grade
26 questions
Rigid Transformations
Presentation
•
10th Grade
34 questions
Ciência na Prática!
Presentation
•
10th Grade
28 questions
Penghitungan HPP Produk Grafika
Presentation
•
10th Grade
34 questions
¿Puedo ir al baño? (Pre-song Story)
Presentation
•
9th - 10th Grade
33 questions
microscopes
Presentation
•
9th Grade
32 questions
Növények rendszerezése 1.
Presentation
•
10th Grade
31 questions
Obtenção de matéria pelos seres heterotróficos
Presentation
•
10th Grade
Popular Resources on Wayground
6 questions
Secondary Safety Quiz
Presentation
•
9th - 12th Grade
10 questions
MyPath Diagnostic Overview
Presentation
•
6th - 8th Grade
20 questions
Lab Safety Quiz
Quiz
•
6th Grade
21 questions
Continents and Oceans
Quiz
•
6th Grade
20 questions
Adding and Subtracting Decimals
Quiz
•
5th Grade
20 questions
Parts of Speech
Quiz
•
5th Grade
16 questions
Subject & Predicate
Quiz
•
5th Grade
21 questions
Lab Safety
Quiz
•
10th Grade
Discover more resources for Biology
20 questions
Characteristics of Life
Quiz
•
9th - 10th Grade
20 questions
Scientific Method & Variables
Quiz
•
9th - 12th Grade
20 questions
Lab Equipment
Quiz
•
10th Grade
10 questions
Exploring the 4 Major Macromolecules and Their Functions
Interactive video
•
9th - 12th Grade
20 questions
Characteristics of Life
Quiz
•
7th - 10th Grade
11 questions
Water Properties
Quiz
•
9th - 10th Grade
20 questions
Macromolecules
Quiz
•
10th Grade
18 questions
anatomical planes of the body and directions
Quiz
•
10th Grade