
Dereito laboral e contratos
Authored by Marga Blanco
Social Studies
2nd Grade

AI Actions
Add similar questions
Adjust reading levels
Convert to real-world scenario
Translate activity
More...
Content View
Student View
10 questions
Show all answers
1.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
30 sec • 1 pt
Mario é contratado por unha carpintería para traballar ao tempo que lle dan formación para obter un título de FP. Que modalidade de contrato están a empregar?
O contrato de traballo indefinido ordinario.
O contrato de relevo.
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato de traballo para a obtención da práctica profesional.
O contrato para a formación en alternancia co traballo.
Answer explanation
É o contrato no que a persoa traballadora pode traballar unha parte da xornada e adicar outra parte a recibir formación que lle permita obter o título correspondente.
2.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
30 sec • 1 pt
Unha condutora de autobús acaba de ter unha filla e colle o permiso por nacemento e coidado de menor. A empresa debe contratar a alguén para substituíla. Que modalidade de contrato debe empregar?
O contrato de traballo fixo descontinuo.
O contrato por circunstancias da produción.
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato para a formación en alternancia co traballo.
Answer explanation
Trátase de substituír a unha persoa traballadora con dereito a reserva do posto de traballo, polo que o contrato que corresponde é o de substitución da persoa traballadora.
3.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
30 sec • 1 pt
Unha estación de esquí precisa contratar cada ano tres monitores para o tempo que dura a tempada de neve. Que modalidade de contrato deberá empregar?
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato de relevo.
O contrato indefinido fixo descontinuo.
O contrato de traballo para a obtención da práctica profesional.
Answer explanation
Trátase dunha actividade que se reitera cíclicamente.
4.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
30 sec • 1 pt
Unha traballadora que rematou hai 6 anos o ciclo superior de educación infantil vai ser contratada por primeira vez nunha escola infantil. Que tipo de contrato terán que facerlle?
O contrato para a formación en alternancia co traballo.
O contrato indefinido fixo descontinuo.
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato de traballo indefinido ordinario.
Answer explanation
É o contrato que corresponde posto que se trata dunha necesidade fixa da empresa e non lle pode facer un contrato de traballo para a obtención da práctica profesional debido a que transcorreron 6 anos dende o remate dos estudos.
5.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
30 sec • 1 pt
Xián rematou en xuño o ciclo superior de Integración Social e en menos dun mes xa o queren contratar para un centro de persoas con discapacidade. Que contrato poden facerlle?
O contrato por circunstancias da produción.
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato para a formación en alternancia co traballo.
O contrato de traballo para a obtención da práctica profesional.
Answer explanation
Neste supostos podería empregarse un contrato indefinido ordinario ou un para a obtención da práctica profesional, posto que se dan os requisitos para a súa utilización.
6.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
45 sec • 1 pt
Unha traballadora dunha xestoría vaise xubilar parcialmente e a empresa quere contratar a alguén que a substitúa na parte da xornada que deixa de traballar. Que modalidade de contrato deberá empregar?
O contrato de traballo para a obtención da práctica profesional.
O contrato por substitución da persoa traballadora.
O contrato de relevo.
O contrato de traballo indefinido ordinario.
Answer explanation
É o contrato que se emprega cando unha persoa traballadora se xubila parcialmente e a empresa precisa contratar outra persoa que se ocupe como mínimo da parte da xornada que deixou de traballar a xubilada.
7.
MULTIPLE CHOICE QUESTION
45 sec • 1 pt
Unha construtora conseguiu a concesión para a construción dun túnel ferroviario. Debe contratar varios traballadores para a súa realización. Que modalidade de contrato deberá empregar?
O contrato de relevo.
O contrato de traballo indefinido ordinario.
O contrato indefinido fixo descontinuo.
O contrato por circunstancias da produción.
Answer explanation
É o contrato que corresponde, concretamente na modalidade de necesidade de man de obra vinculada a unha contrata ou subcontrata que forme parte da actividade ordinaria da empresa que presta o servizo: a concesión da construción do túnel é unha contrata.
Access all questions and much more by creating a free account
Create resources
Host any resource
Get auto-graded reports

Continue with Google

Continue with Email

Continue with Classlink

Continue with Clever
or continue with

Microsoft
%20(1).png)
Apple
Others
Already have an account?