NEW
Font size
WorksheetsRÍO EIFONSO
Total questions: 20
Worksheet time: 19mins
Que catro camiños medievais xúntanse na Aldea da Fraga de San Cibrán?
A Valadares, a Beade, A Bembrive, ao val da Louriña.
A Vigo, a Beade, A Bembrive, ao val da Louriña.
A Garrida, a Zamáns, A Bembrive, ao val da Louriña.
A Valadares, a Beade, A Bembrive, ao val de Fragoso.
Como se chama este tipo de paso para as persoas sobre o río Eifonso?
ponte
portillón
portela
pontillón
O paso para os animais e carros facíase polo...
portillón
porto
pasillón
portela
A peza circular da imaxe que é movida pola auga chámase...
roda
rodicio
radicio
rondicio
A auga do río desviábase e levábase aos muíños a través das...
levadas
regatos
tuberías
regadas
Este tipo de construcións por terrazas para aproveitamento dos terreos para cultivos chámanse...
terrazas
socalcos
terreos inclinados
sacolcas
As casas da Aldea da Fraga levántanse mediante o procedemento chamado...
perpiaño
cachotería
Parte dun camiño que vai fondo, tendo nas beiras partes máis ou menos altas chámase...
curripa
congostra
carreiro
sendeiro
Especie arbórea típica do bosque de ribeira...
arce
castiñeiro
amieiro
carballo
A folla dun...
pradairo ou arce branco
carballo
castinñeiro
salgueiro
As súas flores, froitos, follas e códea foron aproveitadas para fins medicinais.
acivro
sabugueiro
xilbarbeira
abelaira
Que sistemas serven para protexer as marxes dos ríos e os terreos de cultivo das enchentas?
As árbores de ribeira coas súas raíces e os muros de pedra
Os socalcos
As levadas
Os pontillóns
O muíño de batán servía para...
Moer os cereais máis rapidamente
Aproveitar mellor a auga do río
Transformar, lavar, desengraxar e fixar os tecidos de la nuns máis tupidos e con maior capacidade para queceros tecido
Cortar a madeira e facer táboas
Arboriña que se emprega para o inxerto de variedades cultivadas de pereiras pola súa capacidade de adaptación climática e aos solos.
estripeiro
pereira brava
abeleira
salgueiro
Pranta empregada (machucada) sobre as feridas que favorece a cicatrización e as posibles infeccións
fento
couselo
herba de San Xoán
estripeiro
Que nome non é correcto para esta pranta
xilbarbeira
azoutacristos
rascacús
pinchadeira
No interior deste muíño, en orde descendente temos
moega, moa, pé e rodicio
moa, moega, pé e rodicio
rodicio, moa, pé e moega
moega, pé, moa e rodicio
O liquen é un excelente bioindicador...
da calidade das árbores
da calidade do aire
da humidade do terreo
da saúde das árbores
Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha terra.
peche
marco
esteo
pedra límite
Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna
bosque de ribeira
fraga
matogueira
fragua
