Font size
WorksheetsA poboación
Total questions: 50
Worksheet time: 51mins
Estas imaxes corresponden ao sector...
Primario
Secundario
Terciario
Estas imaxes corresponden ao sector...
Secundario
Primario
Terciario
Como se chama a actividade económica da imaxe?
Silvicultura
Agricultura
Construción
Gandaría
Sinala cal destas imaxes non pertenece nin ao sector secundario nin ao terciario:
Marca as que pertencen ao sector primario
Segundo a súa situación no traballo, a poboación divídese en...
Poboación ocupada e poboación parada
Poboación ocupada e estudantes
Poboación activa e poboación non activa
Chámaselle inmigración a...
Abandono do lugar de residencia
Chegada de persoas a un lugar (que non é o seu lugar de orixe) para vivir nel
Saída de persoas do seu lugar de orixe, para ir vivir a outro lugar
A maioría dos inmigrantes chegados a España desde finais do século XX (procedentes de países como Romanía, Marrocos ou Reino Unido), asentáronse en...
Castela e León e Galicia
Comunidade de Madrid e Illas Baleares
Andalucía e Murcia
A densidade de poboación dun lugar calcúlase dividindo...
A natalidade entre a mortalidade
A superficie (en quilómetros cadrados) entre os seu número de habitantes
O seu número de habitantes entre a superficie (en quilómetros cadrados)
A poboación española vive fundamentalmente en...
Provincias do interior
Grandes cidades e provincias costeiras
Grandes cidades e nas provincias do interior
O crecemento natural é...
A suma de natalidade e mortalidade
A diferenza de natalidade e mortalidade
A multiplicación de natalidade por mortalidade
Que é a natalidade?
O número de persoas que falecen nun lugar e tempo determinado
O número de persoas que nacen nun lugar e tempo determinado
A diferenza entre nacementos e falecementos
A poboación absoluta está formada por...
Todas as casas dun lugar
Todas as localidades de residencia
Todas as persoas que habitan nun territorio
O censo da poboación de todo o país realízase cada...
1 ano
6 anos
2 anos
10 anos
O padrón municipal actualízase...
Anualmente
Cada semana
Cada 10 anos
Cada 5 anos
Tipos de movementos migratorios:
Éxodo rural e emigración
Inmigración e emigración
Inmigración exterior e interior
Éxodo rural e inmigración
A emigración é...
A saída de persoas que van vivir a outros lugares
O desprazamento de poboación do campo ás cidades
A entrada de persoas a un lugar para vivir nel
O éxodo rural é o desprazamento de poboación do campo a...
Colexio
Cidade
Outro país
Cando a mortalidade é maior que a natalidade, o crecemento natural é...
Maior
Positivo
Negativo
Neutral
No crecemento natural cando a natalidade é maior ca mortalidade o crecemento é...
Positivo
Neutral
Negativo
Pequeno
No crecemento real tense en conta o crecemento natural e...
Súmanse os nacementos e os inmigrantes
Súmase a mortalidade
Réstanse os nacementos e os inmigrantes
Réstase a mortalidade
Os lugares máis poboados son os que teñen...
Mellor clima
Maior desenvolvemento económico e clima máis suave
Mortalidade elevada
Peor clima
A densidade de poboación é menor nas áreas...
Con climas máis extremos
Con climas suaves
Cunha natalidade alta
O número de persoas que morren nun ano, nun lugar, é a...
Natalidade
Mortalidade
Migración
España é o 2º país con maior esperanza de vida do mundo. Cal é o país que ten a maior esperanza de vida?
Xapón
China
Francia
Estados Unidos
A que sector económico pertence este traballo?
Sector primario
Sector secundario
Sector terciario
A que sector económico pertence este traballo?
Sector primario
Sector secundario
Sector terciario
A que sector económico pertence esta imaxe?
Sector primario
Sector secundario
Sector terciario
Os cambios de residencia que fan algunhas persoas para vivir noutros lugares con máis oportunidades son...
Emigracións
Inmigracións
Vacacións
Movementos migratorios
O número de persoas empregadas no sector primario en España nos últimos anos...
Aumentou
Segue igual
Descendeu
Con que contamos a poboación?
Con calculadora
Co censo e co padrón
Só co padrón
Só co censo
O número de mulleres na poboación española é maior ca no caso dos homes
Verdadeiro
Falso
A esperanza de vida é o número de anos que se espera que viva unha persoa
Verdadeiro
Falso
En que países hai máis poboación activa dedicada ao sector primario?
Países desenvolvidos
Países máis pobres
En todos os países é similar
O número de personas que morren nun ano, nun lugar concreto, é...
Natalidade
Mortalidade
As persoas que buscan un traballo son a poboación...
Nova
Inactiva
Activa
A comunidade de Madrid ten unha densidade de poboación...
Baixa
Alta
A ciencia que estuda a poboación e as súas características é...
Demografía
Censo
Padrón municipal
A diferenza entre nacementos e mortalidade é...
Crecemento natural
Crecemento real
Migración
As persoas que están en idade e en condicións de traballar son...
Poboación non activa
Emigrantes
Poboación activa
Se a densidade é alta indica que...
Hai moitos habitantes
Hai poucos habitantes
A densidade non indica o número de habitantes
A esperanza de vida é...
O promedio de anos que vive unha poboación
O envellecemento da poboación
A reducción dos nacementos
Chámaselle emigrante á persoa que...
Abandona o seu lugar de residencia
Chega de fóra para residir nun lugar
Marcha do campo para vivir na cidade
Que persoas se poden distinguir dentro da poboación activa?
Ocupada e de vacacións
Maiores de 18 e menores de 65 que traballan ou buscan emprego
Maiores de 16 e menores de 65 que traballan ou buscan emprego
Desempregada e de vacacións
Na actualidade, a maioría da poboación activa de España está empregada no...
Sector primario
Sector secundario
Sector terciario
As principais industrias españolas son...
A alimentaria, a téxtil, a química e a de produción de bens de transporte
A alimentaria, a téxtil e a construción
A alimentaria, a téxtil e a artesanía
España, dentro do sector primario, a maior porcentaxe de produción corresponde a...
Agricultura
Agricultura e silvicultura
Agricultura e gandería
Agricultura e minería
Que foi o que decaeu en España como consecuencia da crise económica?
Silvicultura
Gandería
Agricultura
Construción
No sector primario, España conta con...
Unha das flotas pesqueiras máis grandes do mundo
Unha das flotas pesqueiras máis pequenas do mundo
Elevado número de persoas dedicadas á agricutura
As actividades dedicadas a ofrecer servizos forman parte de...
Sector primario
Sector secundario
Sector terciario
