wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

As Actividades produtivas

Total questions: 31

Worksheet time: 16mins

Name
Class
Date
1.

Os produtos naturais:

a)

Son as materias que as persoas obteñen directamente da natureza.

b)

Son as materias primas transformadas en produtos elaborados.

2.

Os produtos naturais proceden :

a)

Da industria téxtil, química e alimentaria.

b)

Da agricultura, gandaría, pesca e minaría.

c)

Da minaría, gandaría,industria electrónica e automobilística.

3.

Os cultivos agrarios:

a)

Son os produtos obtidos da gandaría.

b)

Son os produtos obtidos da pesca.

c)

Son os produtos obtidos da agricultura.

4.

Os cultivos agrarios poden ser:

a)

De secaño ou de regadío.

b)

Caprino ou cabalar.

c)

Porcino ou ovino.

5.

Os cultivos de regadío precisan pouca auga?

a)

Verdadeiro.

b)

Falso.

6.

A gandaría é a cría e coidado dos animais:

a)

Para obter alimentos e outros produtos(pel)

b)

Para obter la e hortalizas.

c)

Para obter legumes e ovos.

7.

Os tipos de gando son:

a)

Gando doméstico ou salvaxe.

b)

Gando de baixura e de altura.

c)

Gando ovino, bovino, porcino, caprino, cabalar e avícola.

8.

As galiñas , os polos e os pavos:

a)

Son gando ovino.

b)

Son gando caprino.

c)

Son gando bovino.

d)

Son gando avícola.

9.

As vacas, bois e touros son gando bovino.

a)

Falso.

b)

Verdadeiro.

10.

Os porcos son gando porcino.

a)

Verdadeiro.

b)

Falso.

11.

A pesca é a captura de:

a)

De peixes e doutros animais dos ríos, lagos e do mar.

b)

Peixes nos ríos e lagos.

c)

Peixes no mar.

12.

A pesca fluvial:

a)

Realízase no mar.

b)

Realízase nos ríos e lagos.

13.

A pesca marítima realízase no mar.

a)

Verdadeiro.

b)

Falso.

14.

A pesca de baixura:

a)

Lévase a cabo en augas próximas á costa.

b)

Lévase a cabo lonxe da costa.

15.

Na peixa de altura úsanse:

a)

Pequenos barcos.

b)

Grandes buques.

16.

A minaría é a extracción de minerais da terra.

a)

Falso.

b)

Verdadeiro.

17.

Os pozos e galerías subterráneas:

a)

Permiten chegar aos filóns, onde se atopan os minerais.

b)

Permiten chegar aos acuíferos.

18.

A artesanía

a)

Consiste en elaborar obxectos nas fábricas.

b)

Consiste en elaborar obxectos de forma manual.

19.

Na artesanía úsanse:

a)

Sinxelas máquinas e ferramentas.

b)

Máquinas complexas e grandes.

20.

Os produtos artesanais:

a)

Elabóranse un a un e a produción é reducida.

b)

Os produtos fabrícanse en serie.

21.

Na industria:

a)

Cada peza é única e diferente das demais.

b)

Elabóranse enormes cantidades dun mesmo produto.

22.

A industria téxtil:

a)

Elabora e envasa: queixo, leite, aceite, conservas...etc

b)

Fabrica fíos, tecidos e roupa.

c)

Fabrica produtos de limpeza.

23.

Na industria química elabóranse:

a)

Coches, motos e furgonetas.

b)

Pinturas, produtos de limpeza e medicamentos.

c)

Tecidos e roupa.

24.

A industria electrónica fabrica:

a)

Televisores, teléfonos, ordenadores, etc.

b)

Coches, motos e furgonetas.

25.

As actividades das que non se obtén ningún produto:

a)

Pertencen á artesanía.

b)

Pertencen ao sector servizos.

26.

As actividades do sector servizos:

a)

Son agrícolas.

b)

Son artesanais.

c)

Atenden ás necesidades da xente.

27.

Educación, sanidade, comercio,transportes e turismo:

a)

Son actividades de servizos.

b)

Son actividades industriais.

c)

Son actividades artesanais.

28.

Os servizos públicos:

a)

Ofrécenos unha empresa propiedade dunha ou varias persoas.

b)

Ofrécenos o goberno dun territorio ou Concello.

29.

As actividades de servizos van destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas.

a)

Falso.

b)

Verdadeiro.

30.

A actividade de mercar e vender chámase:

a)

Turismo.

b)

Comercio.

31.

Os traballadores e traballadoras dos servizos públicos son:

a)

Artesáns e artesás.

b)

Mariñeiros e mariñeiras.

c)

Funcionarios e funcionarias.