wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Os animais e as plantas na natureza (Tema 6 - Naturais)

Total questions: 43

Worksheet time: 22mins

Name
Class
Date
1.

Conxunto das plantas que vive nunha zona, rexión ou país.

a)

Vexetación

b)

Pradaría

c)

Bosque

d)

Natalidade

2.

A unión de moitas árbores da lugar a...

a)

un bosque.

b)

unha pradaría.

c)

unha matogueira.

3.

Monte onde hai moitos piñeiros.

a)

Piñeiral

b)

Carballeira

c)

Matogueira

d)

Pinar

4.

Lugar poboado de carballos.

a)

Carballeira

b)

Piñeiral

c)

Carbaleira

d)

Carballosa

5.

Formada, sobre todo, por arbustos.

a)

Matogueira

b)

Bosque

c)

Pradaría

d)

Piñeiral

6.

Grandes extensións cubertas de herba.

a)

Pradarías

b)

Matogueiras

c)

Desertos

d)

Bosques

7.

Os lugares con moi pouca vexetación e pouca humidade son...

a)

desertos.

b)

matogueiras.

c)

pradarías.

8.

Os mamíferos e os réptiles acuáticos...

a)

poden somerxerse pero teñen que saír para respirar.

b)

poden estar todo o tempo somerxidos.

c)

só nadan na superficie, non se poden somerxer.

9.

Moitos peixes que viven a grandes profundidades...

a)

emiten luz.

b)

son moi grandes.

c)

son herbívoros.

10.

Viven en auga salgada, pero non en auga doce.

a)

As esponxas

b)

Os réptiles

c)

Os peixes

11.

Viven en auga doce, pero non en auga salgada.

a)

Os anfibios

b)

Os réptiles

c)

Os invertebrados

12.

A maioría dos animais terrestres…

a)

teñen pulmóns.

b)

viven baixo o chan.

c)

poden voar.

13.

Onde se encontra, sobre todo, o amieiro?

a)

Nas beiras dos ríos

b)

Nos montes

c)

Nons xardíns

14.

O carballo é unha árbore moi típica de..

a)

Galicia.

b)

Asturias.

c)

Portugal.

d)

España.

15.

Onde poñen os ovos os anfibios?

a)

Na auga

b)

Na terra

c)

Nas árbores

16.

Onde poñen os ovos os réptiles?

a)

Na terra

b)

Na auga

17.

Cal é o froito do carballo?

a)

Landra

b)

Chorima

c)

Piñón

18.

Como se chama a flor do toxo?

a)

Chorima

b)

Orquídea

c)

Hortensia

d)

Rosa

19.

De que depende o tipo de vexetación que hai nun lugar?

a)

Clima

b)

Humidade

c)

Terreo

d)

Paisaxe

20.

Onde viven os animais acuáticos?

a)

Na auga a maioría do tempo

b)

No mar

c)

En auga doce

d)

Na terra

21.

Sinala os animais que viven só no mar.

a)

Corais

b)

Esponxas

c)

Luras

d)

Aves acuáticas

22.

Por que algúns animais acuáticos deben saír á superficie?

a)

Porque necesitan o osíxeno do aire para respirar.

b)

Porque necesitan comer.

c)

Para protexerse.

23.

Sinala os animais que se encontran en auga doce.

a)

Lontras

b)

Ras

c)

Zapateiros

d)

Golfiños

24.

Os corais, os peixes e as esponxas respiran...

a)

na auga.

b)

na terra.

c)

na superficie.

25.

A balea, o golfiño e a tartaruga mariña...

a)

deben saír para respirar.

b)

respiran na auga.

26.

Os animais acuáticos poden ser...

a)

mariños e de auga doce.

b)

mariños e terrestres.

c)

mariños e doces.

27.

Os animais que se desprazan camiñando, saltando, voando son...

a)

os animias terrestres.

b)

os animais acuáticos.

c)

os animais mariños.

28.

Bolboreta

a)

Animal terrestre

b)

Animal mariño

c)

Animal acuático

d)

Animal de auga doce

29.

Canguro

a)

Animal terrestre

b)

Animal mariño

c)

Animal acuático

d)

Animal de auga doce

30.

Cachalote

a)

Animal terrestre

b)

Animal mariño

c)

Anfibio

d)

Animal de auga doce

31.

Polbo

a)

Animal mariño

b)

Animal terrestre

c)

Animal aéreo

32.

Medra nas dunas das zonas costeiras.

a)

Cebola das gaivotas

b)

Carballo

c)

Chorima

d)

Amieiro

33.

Arbusto máis característico de Galicia.

a)

Toxo

b)

Matogueira

c)

Piñeiro

d)

Rosal

34.

Pertence...

a)

ao carballo.

b)

ao amieiro.

c)

ao toxo.

35.
a)

Chorima

b)

Landra

c)

Fento

36.

Medra en zonas húmidas e o seu froito é a landra.

a)

Carballo

b)

Toxo

c)

Amieiro

d)

Cebola das gaivotas

37.

Medra no monte baixo.

a)

Toxo

b)

Amieiro

c)

Carballo

38.

Bota flores en inverno.

a)

Amieiro

b)

Carballo

c)

Toxo

d)

Cebola das gaivotas

39.

Vive nas serras orientais e está protexido.

a)

Oso pardo

b)

Aguia real

c)

Pintafontes

d)

Lagarto arnal

40.

Habita nas montañas da provincia de Ourense e é unha especie protexida.

a)

Aguia real

b)

Oso pardo

c)

Pintafontes

d)

Troita

41.

É forte e robusto. Ten a pel cuberta de escamas de cores.

a)

Lagarto arnal

b)

Pintafontes

c)

Troita

d)

Oso pardo

42.

Ten a pel espida con manchas negras e verdes

a)

Pintafontes

b)

Troita

c)

Lagarto arnal

43.

Onde vive a troita?

a)

En ríos de montaña con augas frías e limpas

b)

No mar

c)

En ríos curtos

d)

En ríos de interior