NEW
Font size
WorksheetsA dinámica interna da terra
Total questions: 78
Worksheet time: 3hrs 36mins
Completa a seguinte frase: Na superficie do noso planeta, .............................. sométese a acción modeladora de diferentes axentes como o vento, os glaciares, as augas continentais ou os mares.
A litosfera
A codia terrestre
A dinámica interna da terra
A dinámica externa da terra
A enerxía interna da Terra maniféstase en forma de forzas que constitúen a chamada...
Enerxía interna
Dinámica externa
Enerxía externa
Dinámica interna
A dinámica externa e a dinámica interna da terra atópanse sempre en ...
Equilibrio dinámico
Equilibrio estático
As dúas respostas anteriores son correctas
Non se atopan en equilibrio
Que son as correntes de convección?
Son o mecanismo polo que a calor interna da Terra alcanza a superficie.
Son o mecanismo que fai que a temperatura vaia disminuindo según vai aumentando a profundidade.
Son o mecanismo que fai que a temperatura vaia disminuindo según vai aumentando a profundidade.
Ninguna resposta é a correcta
A codia terrestre ten un espesor de, aproximadamente, ...
10 - 100 Km
0 - 120 Km
15 - 90 Km
10 - 70 Km
A codia terrestre é sólida e está formada basicamente por ...
Silicio e basalto
Silicio e aluminio
Aluminio e ferro
Granito e basalto
A temperatura no manto terrestre oscila entre ...
600 - 2500 grados centígrados
A súa temperatura é constante
1000 - 2000 grados centígrados
1500 - 2000 grados centígrados
Que é a litosfera?
Unha capa fluída formada por magma.
A parte máis densa da codia terrestre.
A capa sólida superficial da Terra.
Unha parte da terra.
A astenosfera é...
Unha capa fluída (semifundida) duns 250 Km de espesor formada por magma.
A capa máis profunda da litosfera.
máis densa que o resto das capas.
A presión que hai nela é moi alta debido ás altas presións propias desas profundidades.
As rochas que se forman no interior da litosfera chámanse...
Rochas magmáticas ou ígneas
Rochas metamórficas
Magma
Rochas endóxenas
Wegener propoñía que os continentes estiveron unidos no pasado, separándose hai uns 200 millóns de anos, feito que aínda están a facer agora, segundo a...
Tectónica de placas
Teoría da deriva continental
Movemento da litosfera
Destrucción de placas
Os movementos do magma forzan ás placas a estar en continuo movemento, desprazándose a unha velocidade media de...
5 centímetros por ano
10 centímetros por mes
2 centímetros por hora
10 centímetros por segundo
Segundo os xeólogos, os límites que se xeran entre as placas son:
Oceánica-continental, continental-continental ou oceánica-oceánica
Rift
Fosas mariñas
Diverxentes, converxentes e transformantes
Cando o magma ascende ata chocar cunha placa rompéndoa e separándoa en dous fragmentos, na zona en que as placas se separan orixínase unha gran fenda chamada...
Rift
Fosa mariña
Falla
Ninguna das tres opcións anteriores é correcta
Cando a placa oceánica se afunde baixo a continental nun proceso de subducción, créanse cordilleiras con actividade volcánica e tamén se crean...
Rifts
Fosas mariñas
Dorsais oceánicas
Placas tectónicas
Os movementos das placas tectónicas xeran forzas enormes sobre as rochas provocando...
Esforzos de compresión
Diaclases
Deformacións e fracturas
Volcáns
Os volcáns clasifícanse en tres categorías:
Activos, durmintes e extinguidos
Activos, inactivos e apagados
Activos, dormidos e apagados
Activos, non activos e en erupción
Nun volcán, o orificio polo que saen os material cando hai unha erupción chámase...
Cono
Cheminea
Cráter
Cono volcánico
Durante unha erupción volcánica, son expulsados á superficie terrestre diferentes tipos de materiais procedentes do interior da Terra:
Gases, lava e cinzas
Nubes tóxicas, lava e materia tóxica
Lava e gases
Gases, piroclastos e lava
Os tipos de erupción dun volcán clasifícanse en función de...
A viscosidade do magma e a cantidade de gases que expulsa ao exterior
A temperatura do magma e dos gases que expulsa ao exterior
A cantidade de magma e gases que expulsa ao exterior
A velocidade de saída do magma e os gases de cara ao exterior
Un volcán pode presentar dous tipos de erupción. Cales son?
Erupcións infusivas e erupcións explosivas
Erupcións de lava e erupcións explosivas
Erupcións efusivas e erupcións explosivas
Erupcións expansivas e erupcións implosivas
O aparato que permite detectar e rexistrar calquera vibración do terreo chámase...
Sismómetro
Sismógrafo
Xeómetro
Sismograma
Para medir os terremotos utilízanse dous parámetros distintos: cales son?
A intensidade e a magnitude
A magnitude e a frecuencia
A amplitude e a intensidade
A escala e o nivel
A magnitude dun terremoto mídese usando a escala de ...
Sismo
Mercalli
Richter
Terrem
O hipocentro ou foco sísmico...
É o lugar no que se produce o movemento inicial dentro da Terra
É o punto da superficie que se atopa enriba do hipocentro
É o lugar no que se produce o movemento que indica o final do terremoto
Ningunha das anteriores respostas é correcta, xa que moitos terremotos non teñen foco sísmico
A zona da superficie terrestre en que se produce o tremor en primeiro lugar e con maior intensidade ten por nome...
Tsunami
Hipocentro
Foco sísmico
Epicentro
Unha grande onda que se despraza en todas as direccións desde o epicentro e que se orixina no mar chámase...
Terremoto de alta magnitude
Tsunami
Terremoto
Foco sísmico
Ao producirse un terremoto, fórmanse tres tipos de ondas sísmicas. As ondas sísmicas máis rápidas son:
As ondas secundarias ou ondas S
As ondas primarias ou ondas P
As ondas superficiais
As ondas Q
As ondas sísmicas máis destructivas son as chamadas...
Ondas primarias
Ondas secundarias
Ondas P
Ondas superficiais
Nalgunhas ocasións os volcáns prodúcense lonxe dos límites da placa, nos denominados...
Puntos quentes
Puntos volcánicos
Límites converxentes
Ningunha das anteriores respostas é a correcta
Gran parte dos terremotos fórmanse ao longo das...
Fracturas
Placas
Fallas
Diverxencias
No noso país, España, as zonas con máis risco sísmico concéntranse en dúas áreas:
Norte da Península Ibérica e Madrid
Zona pirenaica e cordilleira penibética
Illas Canarias
Zona pirenaica e sur da Península Ibérica
O vulcanismo é....
a vibración das rochas que forman a litosfera
a existencia de volcáns de todo tipo na superficie terrestre
a existencia de volcáns en erupción na superficie terrestre
o ascenso á superficie de magma e gases procedentes do interior terrestre
A vibración producida pola fractura ou o movemento das rochas que forman a litosfera é a ....
tectónica de placas
sismicidade
vulcanismo
fractura de placas
Cando se produce un sismo, as primeiras en ser detectadas polos sismógrafos son....
As ondas primarias
As ondas S
As ondas superficiais
Non aparece a resposta correcta
Resposta a seguinte afirmación: todos os materiais conducen as vibracións coa mesma facilidade
Verdadeiro
Falso
Existen configuracións do terreo que poden aumentar a amplitude das ondas
Na illa de Sicilia existe un coñecido volcán activo, chamado...
Fetna
Catalina
Etna
Vesubio
O volcán, de nome Teide, atópase na illa de...
Gran Canaria
Mallorca
Lanzarote
Tenerife
Nun volcán, a zona de onde procede o magma de cara ao exterior ten por nome...
Cámara magmática
Cheminea
Cráter
Cono volcánico
No ano 2011, con danos de consideración e mesmo víctimas humanas, tivo lugar un terremoto na localidade murciana de...
Lorca
Murcia capital
Torre Pacheco
Yecla
O radio do planeta terra considérase que é de ...
6.378 Km
7.250 Km
8.226 Km
5.426 Km
Os materiais máis quentes (máis profundos) dilátanse e ascenden ao diminuír a súa densidade; ao aproximarse á superficie, arrefríanse facéndose máis densos e volven descender completando un movemento cíclico
Falsa
Non se completa un movemento cíclico
Verdadeira
Ningunha das opcións que aparecen é correcta
A famosa "falla de San Andrés" é unha falla transformante continental que se atopa en...
Chile
Colombia
Estados Unidos e México
Honduras
Se temos un resorte (ou muelle) amplo, e o comprimos lonxitudinalmente, estamos facendo unha simulación das chamadas...
Ondas superficiais
Ondas S
Ondas P
Ondas lonxitudinais
Se temos un cordel e o axitamos verticalmente, estamos simulando as chamadas...
Ondas S
Ondas verticais
Ondas P
Ondas primarias
Canto mide aproximadamente a falla de San Andrés?
40 Km
1.300 Km
5.500 Km
250 Km
A nove kilómetros da cidade de Nápoles, en Italia, existe un volcán activo. Sabes como se chama?
Estrómboli
Monte Vulture
Monte Vesubio
Methana
Que é o chamado Gran Val do Rift? A súa extensión total é de 4.830 Km en dirección norte - sur, dende Yibuti ata Mozambique
Unha fisura en forma de val
Dúas placas tectónicas en contacto
Un gran lago e unha placa en movemento
Ningunha das anteriores respostas é a correcta
En Indonesia, a erupción do volcán Anak Krakatoa desencadenou .......................................que deixou máis de 36.000 mortos. Foi en 1.883.
un terremoto
un tsunami
un maremoto
un terremoto e un tsunami
A prevención dos riscos xeolóxicos...
baséase na identificación das zonas de risco asociadas a fenómenos volcánicos ou sísmicos
baséase na identificación das zonas de risco asociadas a fenómenos volcánicos ou sísmicos, e a estimación da súa probabilidade no tempo
baséase na identificación das zonas de risco asociadas a fenómenos volcánicos
baséase na identificación das zonas de risco asociadas a fenómenos sísmicos
A prevención dos riscos xeolóxicos de orixe interna consiste en...
adoptar medidas destinadas a impedir os fenómenos xeolóxicos
evitar medidas destinadas a atenuar o impacto dos fenómenos xeolóxicos
adoptar de cando en vez medidas destinadas a atenuar o impacto dos fenómenos xeolóxicos
adoptar medidas destinadas a atenuar o impacto dos fenómenos xeolóxicos
Unha das medidas destinadas a atenuar o impacto dos fenómenos xeolóxicos máis importantes é...
avaliar medidas de resposta fronte a un terremoto
visualizar mapas de risco potencial dun territorio
educar a poboación para que saiba reaccionar ante os terremotos e as erupcións de volcáns
avaliar medidas de resposta frente a unha erupción volcánica
Se estamos no interior dun edificio e ocorre un terremoto, debemos facer o seguinte:
Saír do edificio inmediatamente, usando escaleiras ou ascensor
Non facer nada nós, e chamar aos corpos de seguridade ou emerxencia solicitando axuda
Non saír do edificio, cubrir a cabeza e situarnos nun lugar seguro. Ao finalizar, non utilizar o ascensor para abandonar o edificio
Ningunha das outras respostas é correcta
O terremoto con maior número de vítimas, dende 1.995, foi o seguinte:
Xapón, en 2011, con 15.745 vítimas
Indonesia, en 2004, con 280.000 vítimas
China, en 2008, con 100.000 vítimas
Haití, en 2010, con 430.000 vítimas
Un pequeno foco sísmico na zona noroeste peninsular comprende...
O triángulo Triacastela - Sarria - Becerreá
A zona Lugo - Nadela
A zona A Coruña - Betanzos
A zona Vigo - Redondela - Tui
No pasado pensábase que os continentes permaneceran fixos millóns de anos. Sen embargo, Wegener propuxo a teoría da deriva continental, que di o seguinte:
A codia terrestre desprázase sobre o núcleo dun xeito lento
A codia terrestre está formada por placas que se desprazan gracias as correntes de convección do manto
A codia terrestre vaise superpoñendo sobre o manto, xerando terremotos e volcáns
A codia terrestre móvese rapidamente sobre a litosfera
A estructura interna da Terra está formada por tres capas de diferente composición e dinámica, chamadas...
Codia, litosfera e centro
Codia, manto e núcleo
Litosfera, xeosfera e núcleo
Litosfera, terra sólida e centro
A calor pode transmitirse de varias formas:
Transporte de enerxía, diverxencia e diferencia de temperatura
Convección, fluxo e circulación de calor
Ondas cortas, ondas medias e ondas longas
Conducción, convección e radiación
Canto tempo fai que se formou o planeta Terra?
1.500 billóns de anos
2.500 millóns de anos
4.500 millóns de anos
500 millóns de anos
Para estudar o interior da Terra utilízanse, entre outras cousas, perforacións a partires das cales se obteñen materiais. Cal é a máxima profundidade á que se ten chegado nunha perforación, aproximadamente?
8.432 m
2.549 m
14.550 m
12.262 m
O planeta Terra compórtase como un imán xigantesco permanente, a que che parece que é debido?
A Terra vese atraída por outros planetas e polo Sol
Non é certo que o comportamento no planeta Terra sexa como o dun imán permanente
Os científicos non teñen unha resposta exacta
Débese a que no centro da Terra existen metais líquidos (materiais ferromagnéticos) e cando estes se moven producen un campo magnético
A codia terrestre está sometida á acción modeladora do vento, glaciares, augas continentais e mares, que tenden a desgastar as montañas e a encher as depresións con materiais resultantes da erosións, constituindo desta maneira....
os terremotos, os maremotos e os volcán
a dinámica interna da terra
a dinámica externa da Terra
a estrutura externa da terra
A dinámica interna da terra...
e o mecanismo polo que a calor interna da Terra alcanza a superficie
xera capas fluidas no interior da terra que producen fenómenos como volcáns, tsunamis e terremotos
é cambiante, resultado da interacción entre diversas forzas xeolóxicas
xera movementos no terreo que o elevan ou declinan, e mesmo se alteran os materiais tanto fisicamente como na composición química producindo novos materiais
O planeta Terra é un sistema dinámico, cambiante, ou ben un sistema estático?
É un sistema estático, xa que as forzas xeolóxicas externas predominan sobre as internas
É un sistema dinámico resultado da interacción entre as forzas xeolóxicas externas e internas
É un sistema estático, xa que as forzas xeolóxicas internas predominan sobre as externas
É un sistema dinámico, debido a enerxía interna da Terra
Cando dúas placas oceánicas se aproximan e chocan, unha placa afúndese baixo a outra, formándose un arco de illas volcánicas e unha depresión moi profunda chamada....
Subdución
Dorsal
Rift
Fosa
A placa oceánica afúndese baixo a continental nun proceso chamado...
Subdución
Obdución
Inducción
Desprazamento
En que placa tectónica se atopa a Península Ibérica?
Na placa Ibérica
Na placa Europea
Na placa Hispánica
Na placa Eurasiática
A litosfera está fragmentada nunha serie de pezas ríxidas chamadas .........................., situadas sobre ...............................
placas - a mesosfera
fallas - o núcleo
placas - a astenosfera
partes da listofera - a endosfera
A .................................. é a zona de onde procede o magma que sae polo cráter
cheminea
cima volcánica
cámara magmática
falla volcánica
Nun volcán, cando a masa de rocha fundida que está a saír do mesmo é pouco densa, fórmanse auténticos ríos de lava chamados...
Ríos de lava
Erupcións
Arroxos
Coadas
A falla de San Andrés é de tipo....
Diverxente (o magma ascende e choca cunha placa rompéndoa e separándoa en dous fragmentos)
Transformante (as placas deslízanse lateralmente, sen solaparse)
Converxente (dúas placas aproxímanse e chocan entre si)
A falla de San Andrés non se produce por interacción entre dúas placas
As fracturas das rochas que se caracterizan porque entre os bloques hai unha separación ou fenda, sen desprazamento dun bloque con respecto a outro, chámanse...
Diaclases
Fallas
Deformacións
Gonzos
Cando existen esforzos de compresión e as rochas afectadas son plásticas, é dicir, deformables, o resultado é a formación de...
Gonzos
Dobras
Flancos
Fallas
A formación das chamadas dobras afecta principalmente a rochas de tipo...
Rochas ígneas
Rochas volcánicas
Rochas sedimentarias
A formación de dobras non é común en ningún tipo de rocha
O magma (rochas fundidas) que aflora á superficie durante unha erupción denomínase...
Lapilli
Coada
Nube ardente
Lava
Unha erupción explosiva xera volcáns....
cónicos con grande inclinación das ladeiras
extensos e de pouca inclinación
practicamente cilíndricos
cilíndricos e con grande inclinación nas súas ladeiras
Nos Andes e no Himalaia xurden terremotos por...
fractura dunha porción dunha placa ao interaccionar con outra
colisión entre placas
diverxencia entre placas
Os Andes e o Himalaia non son zonas sísmicas
O Cinto Sísmico do Pacífico ( Anel de Fogo) exténdese 40.000 Km. Nel prodúcense o 80% dos terremotos de maior intensidade do planeta...
Verdadeiro
Falso
