wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Proba de lectura_3ºT

Total questions: 20

Worksheet time: 20mins

Name
Class
Date
1.

Cal é o título da novela?

a)

Corredora

b)

Corredoras

c)

Corredores

d)

Ningunha é correcta

2.

Quen escribiu a novela?

a)

Antía Raimóndez

b)

Antía Yáñez

c)

María López

d)

María Reimóndez

3.

Onde vivía Genet?

a)

Nunha pequena aldea na aba da montaña.

b)

Nunha aldea na montaña.

c)

Nunha pequena aldea na chaira.

d)

Naceu na cidade e vivía nunha vila próxima a onde naceu.

4.

Que mal asolagou a terra natal de Genet?

a)

Unha seca moi grave que provocou a fame e a morte de moitas persoas.

b)

Unha inundación por mor das chuvias fortes que provocou a morte de moitas persoas, por iso se mudaron da chaira á montaña.

c)

Unha guerra civil que acabou con máis da metade da poboación.

d)

Unha enfermidade vírica que matou animais e persoas durante máis de 10 anos.

5.

Por que Toiba, a nai de Genet, era unha muller tan calada?

a)

Porque sufrira acoso escolar cando era nena.

b)

Porque tivera unha enfermidade moi grave sendo nena.

c)

Porque vira como levaran a súa nai nun camión e nunca máis volveu a vela.

d)

Porque non se fiaba da xente da aldea.

6.

Por que Toiba e Genet abandonan a aldea?

a)

Porque os homes tiñan que encargarse dos animais e das colleitas.

b)

Porque volveu a seca e a escaseza de alimentos.

c)

Porque o pai as obrigou a ir pedir esmola á vila.

d)

Son certas todas as respostas.

7.

Que deben facer as mulleres en Addis Abeba?

a)

Buscar traballo durante o verán de seca.

b)

Conseguir gran gratis e traelo en cestos na cabeza e ao lombo.

c)

Ir pedir máis gran ao goberno para poder superar a crise da aldea.

d)

Pedir esmola polas rúas.

8.

Como conseguen fuxir de volver á montaña?

a)

Toiba casa cun home da cidade que é rico.

b)

Toiba consegue ingresar na Igrexa e déixanlle levar a Genet.

c)

Toiba consegue traballo para as dúas como criadas nunha casa de xente rica.

d)

Foxen das outras mulleres indo vivir a outra cidade.

9.

Quen é Solomon?

a)

O mellor amigo de Genet.

b)

O dono da casa onde traballan Toiba e Genet.

c)

O cura que lle conseguiu o traballo a Toiba.

d)

O nome co que Genet se facía pasar por neno para poder correr e saír soa pola cidade.

10.

Quen é Abebe?

a)

A dona da casa onde viven Genet e Toiba.

b)

A mellor amiga de Genet.

c)

O adestrador de Genet no club de atletismo.

d)

O pai de Genet.

11.

Por que compite na carreira masculina?

a)

Porque se presentou como Solomon e despois non se atrevía a descubrir a verdade.

b)

Porque era tan veloz coma calquera rapaz e a competición masculina estaba mellor pagada.

c)

Porque non había carreiras para nenas desas idades.

d)

Todas as respostas son falsas.

12.

Por que non puido ir adestrar a Entoto a primeira vez?

a)

Porque se descubriu que era unha rapaza e estaba sancionada.

b)

Porque estaba mestruando e tiña moitas molestias.

c)

Porque había moi mal tempo e cancelaron o adestramento.

d)

Porque o adestrador estaba enfermo.

13.

Como paga a inscrición na primeira carreira?

a)

Non ten que pagar por ser unha rapaza.

b)

Págalla a dona da casa para a que traballaban a través dun crédito á nai, que tería que traballar 20 horas máis cada semana até devolver os cartos.

c)

Págalla o adestrador porque confía moito nas súas posibilidades.

d)

Cos cartos que tiña súa nai aforrados para mercar algodón.

14.

Como rematou a súa primeira Great Ethiopian Run?

a)

Marcando un novo récord para a carreira.

b)

Gañou a carreira.

c)

Todas as respostas son correctas.

d)

Deixando atrás a Teyiba Erkesso e Eyusalem Kuma, dúas das mellores atletas africanas.

15.

Que pasa despois da Great Ethiopian Run?

a)

Genet pasa a formar parte da selección.

b)

Genet deixa o atletismo por culpa dunha lesión.

c)

Segue adestrando cada día con Meseret.

d)

Múdase a EEUU para formar parte da selección estadounidense.

16.

Por que pensa en marchar para Cataluña?

a)

Porque Tamiru emigrou para Barcelona.

b)

Porque lle gusta España e quere marchar do seu país.

c)

Poque os patrocinadores queren que estea en Europa para competir só aquí.

d)

Porque hai unha situación política moi perigosa que lle impide adestrar con normalidade no seu país, Etiopía

17.

Que fai cos cartos que gaña estando competindo e adestrando xa a alto nivel en Europa e África?

a)

Estáfana e perde todo apostando nas carreiras.

b)

Afórraos para viaxar con súa nai polo mundo.

c)

Merca unha casa para súa nai e axuda a nenas que están na rúa.

d)

Dállos a seu pai para que viva mellor na montaña.

18.

Por que Genet non quere saber nada de seu pai?

a)

Porque raptou e violou a súa nai para obrigala a casar con ela.

b)

Porque as obrigou a marchar da aldea cando Genet era pequena.

c)

Porque é un home pobre e analfabeto do que sente vergoña.

d)

Porque súa nai llo prohibe.

19.

Como remata a súa participación na Olimpíada?

a)

Non consegue podio porque cae no medio da carreira.

b)

Consegue o ouro olímpico a pesar de caer durante a carreira.

c)

Non gaña, pero queda moi ben situada e consegue bater de novo a marca do seu país.

d)

Bastante ben para ser a primeira vez que participa na Olimpíada.

20.

A historia de Genet é real?

a)

Non.

b)

Non, pero está baseada na historia de Tiki Gelana, de quen é a carreira deportiva e os logros que na novela se lle adxudican a Genet.

c)

Si, Genet foi a primeira atleta etíope que conseguiu o ouro olímpico na maratón.

d)

Si, pero Genet nunca puido participar na Olimpíada por culpa dunha lesión, esta novela trata e imaxinar como sería ese gran fito na súa carreira.