wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

EXIPTO E MESOPOTAMIA

Total questions: 25

Worksheet time: 13mins

Name
Class
Date
1.

Por que as primeiras civilizacións pertencen á Historia?

a)

Porque evolucionaron desde a Idade dos Metais.

b)

Porque son grandes civilizacións fluviais que nacen á beira dos ríos.

c)

Porque son as primeiras que empregan a escritura.

2.

A escritura cuneiforme...

a)

Evoluciona de xeroglíficos a pictogramas.

b)

Evoluciona de pictogramas a xeroglíficos.

c)

Evoluciona de pictogramas a signos en forma de cuña.

3.

As primeiras civilizacións inventan a escritura porque...

a)

Queren crear un sistema educativo que permita transmitir a información aos descendentes.

b)

Necesitan anotar contas, acontecementos importantes, leis... dado o tamaño das poboacións.

c)

Precisan anotar os gastos que fan os reis, faraóns e sobre todo escravos.

4.

A Pedra Rosetta permitiu descifrar os xeroglíficos porque...

a)

Contiña o mesmo texto escrito en grego, demótico e chinés.

b)

Traía un código alfabético de cada un dos símbolos xeroglíficos.

c)

Contiña textos diferentes en diferentes linguas.

d)

Contiña o mesmo texto escrito en grego, xeroglífico e demótico.

5.

As civilizacións fluviais son...

a)

Exipto e Mesopotamia. No continente africano e asiático respectivamente.

b)

Exipto, Mesopotamia, China e India. A primeira no continente africano e o resto no americano.

c)

Exipto, Mesopotamia e China. En Asia e África.

d)

Exipto, Mesopotamia, China e India. A primeira no continente africano e o resto no asiático.

6.

Unha cidade estado é...

a)

Unha cidade cun goberno e un poder político e económico independentes.

b)

Un país de pequeno tamaño.

c)

Cidades que son países.

7.

Mesopotamia significa...

a)

Primeira civilización.

b)

Entre dous ríos.

c)

Territorio entre o Tigris e o Éufrates.

8.

En que dúas zonas xeográficas divídese Mesopotamia?

a)

Caldea e Uruk.

b)

Alta e Baixa Meopotamia.

c)

Caldea e Asiria.

d)

Alta Mesopotamia (ao sur) e Baixa Mesopotamia (ao Norte)

9.

Que significa ser privilexiados en Mesopotamia?

a)

Ser mellores que os demais.

b)

Non ser escravos.

c)

Ter propiedades e dereitos.

d)

Ser reis.

10.

O código de Hammurabi foi...

a)

O primeiro código de leis escrito da historia.

b)

O código de leis máis inxusto da historia.

c)

O código de leis que inventa o "ollo por ollo e o dente por dente".

11.

En Mesopotamia as terras, riquezas e obradoiros artesáns pertencían...

a)

Aos funcionarios.

b)

Ao rei, nobres e templos.

c)

Ao faraón.

d)

Aos escribas.

12.

Unha sociedade xerarquizada é aquela na que...

a)

Hai un rei e por debaixo a maioría da xente.

b)

Hai unha minoría de grupos non privilexiados e unha maioría priivilexiada.

c)

Hai unha minoría de grupos privilexiados e unha maioría non privilexiada.

13.

Exipto...

a)

Atópase no continente africano e divídese en Alto Exipto (sur) e Baixo Exipto (norte).

b)

Atópase no continente africano e divídese en Alto Exipto (norte) e Baixo Exipto (sur).

c)

Atópase no continente asiático e divídese en Alto Exipto (sur) e Baixo Exipto (norte).

14.

Exipto divíase en dous tipos de terras:

a)

Terras vermellas (oasis) e terras negras (pegadas ao río).

b)

Terras vermellas (arxilosas) e terras negras (fértiles oasis).

c)

Terras vermellas (deserto) e terras negras (próximas ao Nilo e moi fértiles).

d)

Terras vermellas (oasis) e terras negras (limo).

15.

Menes foi o primeiro faraón de Exipto porque...

a)

Uniu as coroas de dous reinos: o Alto e o Baixo Exipto.

b)

Foi o primeiro en momificarse.

c)

Foi o primeiro en acumular todos os poderes.

d)

Foi o primeiro en crerse un deus.

16.

Os escribas en Exipto...

a)

Eran os encargados de levar as contas e escribir en xeroglífico.

b)

Eran os encargados de recoller os impostos.

c)

Eran os axudantes do faraón nas súas tarefas económicas.

17.

O nilómetro era un mecanismo que os antigos exipcios empregaban para...

a)

Predicir o destino de Exipto e quen sería o vindeiro faraón ou faraoa.

b)

Medir as subidas e baixadas do río Nilo que influían na agricultura.

c)

Diferenciar as terras negras das terras vermellas.

18.

En Exipto hai tres tipos de edificios funerarios:

a)

Templos, pirámides e mastabas.

b)

Palacios, pirámides e zigurats.

c)

Zigurats, pirámides e mastabas.

d)

Pirámides, mastabas e hipoxeos.

19.

En Exipto crese que para pasar a outra vida hai que superar...

a)

O inframundo.

b)

O xuízo de Osiris.

c)

Á serpe Apep.

d)

O xuízo de Anubis.

20.

A momificación é un proceso de conservación do corpo do defunto...

a)

Mediante a extracción da auga do corpo.

b)

Mediante a extracción dos órganos vitais.

c)

A través de vendas de liño.

21.

O natrón era...

a)

Unha mestura de resinas, aceites e sal empregada para momificar aos exipcios.

b)

Unha mestura de sales alcalinas empregada para momificar aos exipcios.

c)

Unha mestura de sal e herbas aromáticas empregada para momificar aos exipcios.

22.

Adoitábase poñer un escaravello sobre o corazón do defunto para...

a)

Evitar que o seu corazón dixese a verdade no Xuízo de Osiris.

b)

Protexelo de Apep e Ammit, bestas do inframundo.

c)

Para pasar á outra vida.

23.

O libro dos mortos era...

a)

Un amuleto para a outra vida que levaban os nobres.

b)

Un pergameo cheo de sortilexios e conxuros para pasar a outra vida.

c)

Un libro que solo podían pagar os nobres ou ricos.

24.

O Nilo era considerado un don para Exipto porque...

a)

Permitía moita pesca e moitos cultivos.

b)

A meirande parte do territorio exipcio era desértica.

c)

Crecía e baixaba segundo dispuxese o faraón.

25.

A historia do antigo Exipto chega ao seu fin...

a)

Cando os faraóns empezan a poder poder polas crises económicas.

b)

Cando empezan as secas e o cambio climático.

c)

Cando é conquistado por Roma durante o Imperio Antigo.

d)

Cando é conquistado por Roma no Imperio Novo.