Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A Terra e a Lúa

Total questions: 30

Worksheet time: 16mins

Name
Class
Date
1.

Son características do noso planeta

a)

Un campo magnético que fai funcionar á Terra como un imán

b)

Ten unha temperatura superficial duns 15º aproximadamente

c)

A súa composición é similar á da Lúa

d)

Ten unha atmosfera con moito dióxido de carbono

e)

Está chea de cráteres froito dos impactos constantes de meteoritos

2.

Para o seu estudo, dividimos a Terra en catro capas

a)

Atmosfera, hidrosfera, xeosfera e biosfera

b)

Atmosfera, hidrosfera, ozonosfera e biosfera

c)

Codia, manto e núcleo

d)

Interna, media, externa e atmosfera

3.

As fases lunares por orde son

a)

Lúa chea, cuarto minguante, cuarto crecente e lúa nova

b)

Lúa chea, cuarto crecente, cuarto minguante e lúa nova

c)

Lúa chea, cuarto minguante, lúa nova e cuarto crecente

d)

Lúa chea, cuarto crecente, lúa nova e cuarto minguante

4.

Nunha eclipse de Sol

a)

A Lúa interponse entre a Terra e o Sol

b)

A Terra interponse entre a Lúa e o Sol

c)

A Terra e a Lúa forman un ángulo recto

d)

A Terra e o Sol forman un ángulo recto

5.

Nunha eclipse de Lúa

a)

A Lúa está en cuarto crecente

b)

A Lúa esta en cuarto minguante

c)

A Lúa está en fase de lúa chea

d)

A Lúa está en fase de lúa nova

6.

As mareas débense a

a)

Atracción do Sol

b)

Atracción da Lúa

c)

Atracción da Lúa e da Terra

d)

Atracción da Lua e do Sol

7.

Un ano bisesto

a)

Ten un día menos

b)

Débese a que a translación da Terra non é de 365 días xustos

c)

Ocorre cada dez anos

d)

Ten 366 días e 6 horas

8.

No noso verán

a)

O día é máis longo que no hemisferio sur

b)

O día dura o mesmo que a noite

c)

É verán no hemisferio sur

d)

O día é máis longo que en Nova York

9.

Se o eixo da Terra non estivese inclinado

a)

Os días e as noites serían de igual duración

b)

Non habería estacións

c)

Os días durarían 30 horas

d)

Iría máis frío no hemisferio norte

10.

A diferenza horaria entre Trazo e Melbourne

a)

é de nove horas menos alí

b)

é de nove horas máis alí

c)

é de dez horas menos alí

d)

é de dez horas máis alí

11.

O noso verán

a)

Débese a que a Terra está máis preto do Sol que no inverno

b)

Débese á inclinación dos raios do Sol

c)

Coincide co outono no hemisferio sur

d)

Ten os días máis curtos que as noites

12.

O 21 de marzo

a)

É o equinoccio de primavera

b)

É o solsticio de outono

c)

É o solsticio de verán

d)

É o equinoccio de inverno

13.

A marea alta

a)

Ocorre no lugar no que a Lúa está en liña con el

b)

Ocorre no lugar no que o Sol está en liña con el

c)

Ocorre cando Lúa, Sol e Terra están aliñados nesta orde

d)

Ocorre catro veces ao día, aproximadamente

14.

Unha marea viva

a)

Prodúcese cando se suman a atracción do Sol e da Lúa

b)

Ocorre cada quince días en Lúa chea

c)

Supón que o mar sobe e baixa moito nunha marea

d)

Ocore cando hai un eclipse de Lúa

15.

Fíxate no calendario lunar para o mes de novembro e indica en que fase estariamos a 27 de novembro

a)

Cuarto crecente

b)

Lúa nova crecente

c)

Cuarto minguante

d)

Lúa nova

16.

Na Lúa

a)

Practicamente non hai atmosfera

b)

Ten unha actividade xeolóxica escasa

c)

A gravidade é menor que na Terra

d)

Todas son correctas

17.

Sobre as diferenzas horarias na Terra

a)

O Sol nace polo oeste

b)

Canto máis ao leste, antes amence

c)

Os lugares situados ao noso oeste van por diante no reloxo

d)

Coinciden os fusos horarios exactamente cos paralelos

18.

A Lúa

a)

é un satélite pequeno en comparación coa Terra

b)

e o único satélite que atopamos nos planetas interiores

c)

é un planeta que orbita en torno á Terra

d)

non ten luz propia

19.

Unha marea viva

a)

Prodúcese cando o Sol e a Lúa se aliñan nunha preamar

b)

Ocorre en fases de cuarto crecente ou minguante

c)

Ocorre cando Sol e Lúa colócanse formando un ángulo de 90º

d)

Significa que o nivel do mar sube máis que nunha baixamar normal

20.

Na Lúa

a)

Hai mares e terras baixas

b)

Hai mares, claros, con moitos cráteres, e terras escuras.

c)

Hai terras altas claras e cheas de cráteres

d)

Hai expedicións de seres humanos asentadas alí investigando

21.

Sobre a Lúa

a)

Vemos sempre a mesma cara dela

b)

Ten un período de rotación igual ao de translación

c)

Tarda 27 días e 8 horas en dar unha volta sobre si mesma

d)

Todas son correctas

22.

Na Lúa

a)

Practicamente non hai atmosfera

b)

Ten unha actividade xeolóxica escasa

c)

A gravidade é menor que na Terra

d)

Irradia luz propia

e)

Posúe algo de auga na súa superficie

23.

Cal é esta fase da Lúa no hemisferio norte?

a)

Chea

b)

Nova

c)

Crecente

d)

Minguante

24.

A seguinte figura da Lúa representa

a)

Lúa nova

b)

Cuarto crecente

c)

Lúa chea

d)

Cuarto minguante

25.

A seguinte figura da Lúa representa

a)

Lúa nova

b)

Cuarto crecente

c)

Lúa chea

d)

Cuarto minguante

26.

En que ano se viaxou á Lúa por primeira vez?

a)

1969

b)

1696

c)

1996

d)

1936

27.

Unha eclipse de Lúa ocorre cando

a)

O Sol sitúase entre a Terra e a Lúa

b)

A Terra sitúase entre o Sol e a Lúa

c)

A Lúa é tapada polo Sol

d)

Ningunha é correcta

28.

Nos polos da Terra fai máis frío que no ecuador

a)

Porque os raios do Sol inciden máis de refilón

b)

Porque non da o Sol nunca

c)

Porque están máis afastados do centro da Terra

d)

Porque alí nunca é verán

29.

O comezo do outono no hemisferio sur

a)

É o 21 de setembro

b)

Coincide co verán no hemisferio norte

c)

É o 21 de marzo

d)

Coincide co comezo do outono no hemisferio norte

30.

Cantas mareas hai ao longo dun día?

a)

Catro, dúas preamares e dúas baixamares

b)

Dúas, unha preamar e unha baixamar

c)

Depende da estación do ano

d)

Mareas vivas e mareas mortas