Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Tema 3.- O clima no mundo

Total questions: 40

Worksheet time: 21mins

Name
Class
Date
1.

A capa de gases que envolve a Terra é ...

a)

A latitude

b)

A atmosfera

c)

A altitude

d)

O osíxeno

2.

O _________ é un gas que nos protexe das radiacións ultravioletas.

a)

Osíxeno

b)

Hidróxeno

c)

Ozono

d)

Dióxido de carbono

3.

É a capa inferior da atmosfera e ten contacto directo coa superficie do noso planeta.

a)

Troposfera

b)

Mesosfera

c)

Termosfera

4.

Nesta capa é onde se producen a meirande parte dos fenómenos meteorolóxicos.

a)

Exosfera

b)

Mesosfera

c)

Troposfera

5.

Éa capa que está a continuación da troposfera.

a)

Estratosfera

b)

Mesosfera

c)

Exosfera

6.

Nesta capa é onde se atopa o gas denominado ozono

a)

Troposfera

b)

Estratosfera

c)

Mesosfera

7.

É a capa máis fría da atmosfera.

a)

Mesosfera

b)

Troposfera

8.

É a capa que ten as temperaturas máis altas da atmosfera.

a)

Termosfera

b)

Troposfera

c)

Esosfera

9.

Atópase tras a termosfera e esténdese ata o espazo exterior.

a)

Termosfera

b)

Troposfera

c)

Exosfera

10.

O efecto invernadoiro trátase dun fenómeno natural e necesario para a vida na Terra.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

11.

É o estado da atmosfera nun lugar determinado, nun momento ou en períodos de tempo moi curtos (horas, días ou poucas semanas).

a)

Tempo atmosférico

b)

Clima

12.

É o tempo que predomina nun lugar determinado ao longo de moitos anos, durante as diferentes estacións.

a)

Clima

b)

Tempo atmosférico

13.

Indica o frío ou calor que hai no aire. A unidade de medida son os graos centígrados e o instrumento para facelo é o termómetro.

a)

Precipitación

b)

Temperatura

c)

Presión atmosférica

d)

Humidade

14.

Son a cantidade de chuvia, neve ou sarabia que cae nunha zona. O instrumento que se emprega para medir a cantidade de auga caída nun lugar é o pluviómetro.

a)

Precipitacións

b)

Presión atmosférica

c)

Humidade

15.

É a cantidade de vapor de auga que se atopa no aire. Mídese co higrómetro.

a)

Humidade

b)

Precipitación

c)

Presión

16.

Mídese co viraventos, e a velocidade ou forza coa que se move o vento, co anemómetro.

a)

Presión

b)

Chuvia

c)

Vento

d)

Humidade

17.

Mídese co barómetro e a súa unidade de medida son os bares.

a)

Presión atmosférica

b)

Humidade

18.

A latitude, a altitude e a distancia ao mar e o relevo non son factores climáticos

a)

Falso

b)

Verdadeiro

19.

A distancia que hai desde calquera punto do planeta ao ecuador denomínase

a)

Altitude

b)

Latitude

c)

Lonxitude

20.

Se un lugar está afastado do ecuador, os raios do sol chegarán inclinados e quentarán menos.

a)

Falso

b)

Verdadeiro

c)

Ningún dos anteriores

d)

Todos os anteriores

21.

Se un lugar está próximo ao ecuador o seu clima será máis cálido, xa que os raios solares chegan máis perpendiculares.

a)

Nunca

b)

Falso

c)

Verdadeiro

d)

Algunhas veces

22.

É a altura que hai entre un punto do planeta e o nivel do mar.

a)

Cima

b)

Latitude

c)

Altitude

d)

Metros

23.

A maior altitude, a temperatura diminúe.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

24.

O mar quécese e arrefríase máis lentamente que a Terra.

a)

Falso

b)

Verdadeiro

c)

Ás veces

d)

Case nunca

25.

Está situada entre os trópicos, o de Cáncer e o de Capricornio. Nesta zona climática, as temperaturas son moi cálidas debido a que os raios solares son perpendiculares á Terra.

a)

Zona de clima cálido

b)

Zona de clima temperado

26.

Zona de clima cálido: Dentro desta zona climática diferenciamos os climas...

a)

Ecuatorial

b)

Tropical

c)

Desértico

d)

Continental

27.

Situada entre os círculos polares e trópicos, é dicir, atópase nos dous hemisferios.

a)

Zona de clima frío

b)

Zona de clima temperado

c)

Zona de clima cálido

28.

Zona de clima temperado: nesta zona os principais tipos de clima son...

a)

Mediterráneo

b)

Oceánico

c)

Continental

d)

Desértico

29.

Situada tamén nos dous hemisferios, no norte e no sur. Comprende as franxas que van desde os círculos polares ata os polos.

a)

Zona de clima frío

b)

Zona de clima continental

c)

Zona de clima oceánico

30.

Zona de clima frío: os tipos de clima desta zona son...

a)

Clima polar

b)

Clima de alta montaña

c)

Clima oceánico

d)

Clima tropical

31.

Caracterízase por ter temperaturas cálidas durante todo o ano (a media anual é superior a 27 ºC) e precipitacións abundantes.

a)

Ecuatorial

b)

Tropical

32.

Ten temperaturas medias superiores aos 18 ºC, os invernos son suaves e os veráns calorosos. No relativo ás precipitacións, ten unha estación seca e outra chuviosa. Neste tipo de clima prodúcense os monzóns.

a)

Clima ecuatorial

b)

Clima tropical

33.

Caracterízase por temperaturas extremas, moi frías pola noite e moi altas durante o día. As precipitacións son escasas.

a)

Clima desértico

b)

Clima tropical

34.

É característico das zonas bañadas polo mar Mediterráneo. Ten invernos suaves e veráns cálidos e secos. As precipitacións non son moi abundantes e concéntranse nas estacións da primavera e do outono.

a)

Clima tropical

b)

Clima mediterráneo

35.

Este subtipo de clima é propio das zonas oceánicas de latitudes medias. Os veráns son suaves e os invernos non moi fríos. As precipitacións son abundantes todo o ano.

a)

Clima continental

b)

Clima oceánico

c)

Clima tropical

36.

Clima propio do interior dos continentes en latitudes medias. Son zonas pouco húmidas e con temperaturas extremas: invernos fríos e veráns cálidos. As precipitacións son escasas é concéntranse en determinadas estacións.

a)

Clima continental

b)

Clima oceánico

37.

É o clima característico da Antártida ou das montañas de Alaska.

a)

Clima tropical

b)

Clima polar

38.

Este é o clima característico de Galicia.

a)

Clima oceánico

b)

Continental

c)

Polar

d)

Tropical

39.

Figura 2

a)

Viraventos

b)

Anemómetro

c)

Pluviómetro

d)

Sensor de humidade/ temperatura

40.

Figura 1

a)

Viraventos

b)

Anemómetro

c)

Pluviómetro

d)

Sensor de humidade/ temperatura