wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

TEMA 4: A RELACIÓN: PERCEPCIÓN E ANÁLISE

Total questions: 72

Worksheet time: 36mins

Name
Class
Date
1.

A función de relación permítenos percibir información en forma de...

a)

estímulos

b)

recepcións

c)

respostas

2.

O sistema nervioso está formado...

a)

somentes existe o chamado sistema nervioso central

b)

polo sistema nervioso central e polo sistema nervioso periférico

c)

polo aparato locomotor e polo sistema endócrino

3.

As respostas ou reaccións do noso organismo...

a)

son executadas polo aparato locomotor

b)

son executadas polo sistema endócrino

c)

son executadas polo aparato locomotor e polo sistema endócrino

4.

O aparato locomotor está formado...

a)

polos ósos

b)

polos ósos e polos músculos

c)

polos músculos

5.

O sistema endócrino está formado...

a)

por diversas glándulas que elaboran unhas susbtancias denominadas hormonas

b)

por diversos sentidos (vista,olfacto...) que elaboran unhas susbtancias denominadas hormonas

c)

por diversas glándulas que elaboran unhas susbtancias denominadas receptores

6.

A porta de entrada dos estímulos, que nos proporcionan información do mundo que nos rodea, son os chamados...

a)

órganos dos sentidos

b)

sentidos

c)

receptores

7.

Os sentidos son os seguintes:

a)

A vista, o oído, o equilibrio, o olfacto, o gusto e o tacto

b)

A vista, o oído, o olfacto, o gusto e o tacto

c)

A vista, o oído, o equilibrio, o olfacto e o gusto

8.

Os receptores son...

a)

estruturas formadas por células nerviosas sensibles aos estímulos, que captan un tipo de estímulo concreto e transfórmano nun impulso nervioso

b)

estruturas formadas por células nerviosas sensibles aos estímulos, que captan un tipo de estímulo concreto e transfórmano en calquera tipo de impulso

c)

estruturas formadas por células nerviosas, que captan un tipo de estímulo concreto e transfórmano nun impulso nervioso

9.

A capa transparente que recobre a parte anterior do ollo é...

a)

o iris

b)

a esclerótica

c)

a córnea

d)

a conxuntiva

10.

A capa do ollo que se pode dilatar ou contraer, regulando así o paso da luz, chámase...

a)

córnea

b)

retina

c)

iris

d)

cristalino

11.

A capa do ollo que dá forma e consistencia ao globo ocular chámase...

a)

retina

b)

conxuntiva

c)

córnea

d)

esclerótica

12.

A parte do ollo que recobre e protexe o globo ocular e o interior das pálpebras chámase...

a)

conxuntiva

b)

iris

c)

córnea

d)

humor vítreo

13.

A lámina de células que recobre a parte posterior e interna do ollo, sensible á luz e que transmite a información ao nervio óptico, é a...

a)

córnea

b)

retina

c)

conxuntiva

d)

esclerótica

14.

A retina está formada por................ que poden ser de dous tipos: conos e bastóns

a)

estímulos

b)

cristalinos

c)

fotoreceptores

15.

Os estímulos luminosos que chegan á superficie da retina son enviados ao cerebro a través...

a)

do cristalino

b)

do nervio óptico

c)

da córnea

d)

dos fotoreceptores

16.

O oído medio consta de...

a)

tímpano, martelo, bigornia, estribo e a ventá oval

b)

tímpano, martelo, bigornia e estribo

c)

tímpano, martelo, bigornia, estribo, ventá oval e pavillón auricular

17.

O pavillón auricular recolle a vibración e o ............................. transmítea ao tímpano

a)

oído interno

b)

conduto externo

c)

conduto auditivo

d)

oído medio

18.

Unha membrana que transmite a vibración a unha cadea de ósiños formada polo martelo, a bigornia e o estribo, chámase...

a)

tímpano

b)

oído interno

c)

ventá oval

19.

O órgano do equilibrio chámase......................... e atópase no ........................

a)

nervio auditivo - oído externo

b)

pavillón auricular - tímpano

c)

aparato vestibular - oído interno

20.

O aparato vestibular está formado por...

a)

Canles semicirculares e órganos otolíticos

b)

Canles circulares e outros órganos

c)

Canles semicirculares

21.

Ao rotar a cabeza, ................ desprázase polas canles semicirculares

a)

a endolinfa

b)

os mecanorreceptores

c)

os otolitos

22.

Nos movementos con aceleración lineal (ao arrincar a correr, por exemplo), a endolinfa provoca o desprazamento ...

a)

da endolinfa

b)

non provoca ningún tipo de desprazamento

c)

dos otolitos

d)

do nervio auditivo

23.

A nariz ou cavidade nasal está formada por:

a)

fosas nasais e mucosa olfactiva

b)

fosas nasais, cornetes nasais e mucosa olfactiva

c)

fosas nasais, cornetes nasais, mucosa olfactiva e paredes nasais

24.

Cando respiramos, as partículas do aire penetran nas fosas nasais e póñense en contacto cos quimiorreceptores...

a)

das fosas nasais

b)

da cavidade nasal

c)

da mucosa olfactiva

25.

As diferentes características percibidas mediante o sentido do gusto son...

a)

doce, salgado, ácido, amargo e umami

b)

doce, salgado, ácido e amargo

c)

doce, salgado, ácido, amargo e tépedo

26.

As invaxinacións da lingua reciben o nome de...

a)

botóns gustativos

b)

invaxinacións linguais

c)

papilas gustativas

27.

As estruturas nas que se atopan os quimiorreceptores do gusto chámanse...

a)

botóns gustativos

b)

papilas gustativas

c)

centros nerviosos gustativos

28.

Na pel podemos distinguir capas dende o exterior cara o interior:

a)

epiderme, derme e hipoderme

b)

derme, hipoderme e epiderme

c)

epiderme e hipoderme

29.

A epiderme é a capa externa da pel, formada por tecido...

a)

conectivo

b)

epitelial

c)

adiposo

30.

A capa da pel na que atopamos tecido conectivo, muscular, capilares, glándulas, receptores de temperatura, presión e contacto, é a....

a)

epiderme

b)

hipoderme

c)

derme

31.

Na pel atopamos ..........., que segregan unha substancia graxa que dá elasticidade ao pelo e á pel

a)

glándulas sebáceas

b)

glándulas sudoríparas

c)

glándulas externas

32.

Se o cristalino do ollo se volve opaco progresivamente, e a vista se fai borrosa e dobre, falamos dunha enfermidade ocular chamada...

a)

glaucoma

b)

cataratas

c)

conxuntivite

33.

Se o nervio óptico do ollo sufre unha lesión por un aumento da presión intraocular, falamos dunha enfermidade chamada...

a)

glaucoma

b)

cataratas

c)

conxuntivite

34.

Se se inflama a conxuntiva do ollo, con enroxecemento e pruído intenso, falamos de...

a)

glaucoma

b)

cataratas

c)

conxuntivite

35.

Unha inflamación e avermellado da pel acompañada dun cambio na súa textura chámase...

a)

dermatite

b)

glaucoma

c)

melanoma

36.

O tipo máis grave de cancro de pel, producido moitas veces por exposicións prolongadas ao sol sen protección axeitada, é...

a)

o glaucoma

b)

o melanoma

c)

a dermatite

37.

As células que transmiten toda a información ao longo do sistema nervioso chámanse...

a)

linfomas

b)

neuronas

c)

adenonas

38.

As partes ben diferenciadas dunha neurona son as seguintes:

a)

corpo neuronal, dendritas e axón

b)

corpo neuronal, dendritas, axón, vaíña de mielina e centros nerviosos

c)

corpo neuronal, dendritas, axón e vaíña de mielina

39.

As neuronas pódense comunicar entre si, transmitindo a información en forma de pequenas correntes eléctricas chamadas...

a)

impulsos nerviosos

b)

correntes presinápticas

c)

impulsos neuronais

40.

O corpo neuronal...

a)

está formado por células de Schwann

b)

contén o núcleo e a maior parte do citoplasma

c)

ten como función transmitir información a outras neuronas

41.

Unha dendrita é...

a)

unha ramificación curta que parte do corpo da neurona, para conectar as neuronas entre si e recibir a información

b)

unha prolongación máis longa que a dendrita e pouco ramificada

c)

unha ramificación que rodea ao axón neuronal

42.

Nunha neurona, o axón é...

a)

unha ramificación curta que parte do corpo da neurona, e que conecta as dendritas unhas con outras

b)

é a parte da dendrita que contén o núcleo da mesma

c)

unha prolongación máis longa que as dendritas, que transmite información a outras neuronas

43.

Os corpos das neuronas agrúpanse formando os.....

a)

centros neuronais

b)

centros nerviosos

c)

nerviosos

44.

Os axóns (prolongacións máis longas que a dendritas e pouco ramificada) das neuronas dos centros nerviosos forman....

a)

os nervios

b)

os centros nerviosos

c)

o cerebelo

d)

o encéfalo

45.

Unha neurona transmite información a través...

a)

da súa dendrita

b)

do seu axón

c)

tódalas outras opcións son correctas

46.

Unha neurona comunica información a outra neurona a través...

a)

do seu axón

b)

da súa dendrita

c)

do seu corpo neuronal

47.

No sistema nervioso central, as zonas onde se acumulan corpos neuronais denomínanse...

a)

substancia branca

b)

substancia gris

c)

non ten nome especial

48.

A substancia branca do sistema nervioso central acumula...

a)

feixes de axóns de neuronas

b)

feixes de dendritas

49.

No sistema nervioso central distínguense os seguintes centros nerviosos:

a)

encéfalo e cerebelo

b)

encéfalo e médula espiñal

c)

codia cerebral, cerebro e cerebelo

50.

O encéfalo comprende...

a)

o cerebro e o cerebelo

b)

o cerebro, o cerebelo, o tronco encefálico e a médula espiñal

c)

o cerebro, o cerebelo e o tronco encefálico

51.

O cerebro dívidese en dúas metades denominadas...................

a)

cerebelos

b)

hemisferios

c)

substancia gris e substancia branca

52.

A codia cerebral está formada por ......................., mentres que a substancia branca constitúe a ................ do cerebro

a)

substancia gris - parte interna

b)

os dous hemisferios - parte interna

53.

A codia encargada de enviar un sinal a través dos nervios aos músculos para que realicen un movemento é a...

a)

codia sensorial

b)

codia motora

c)

codia visual

d)

codia auditiva

54.

A codia na que ten lugar funcións relacionadas coa memoria, pensamento e decisión chámase...

a)

codia de asociación

b)

codia sensorial

c)

codia visual

55.

A codia cerebral é a parte externa e presenta numerosos dobramentos denominados...

a)

pregamentos cerebrais

b)

dobramentos intercebrais

c)

circunvolucións cerebrais

56.

O sistema nervioso central está recuberto por tres membranas...

a)

codias

b)

meninxes

57.

A función das meninxes e do líquido cefalorraquídeo é...

a)

protexer ao cerebro frente a golpes bruscos

b)

protexer o sistema nervioso central, amortecendo os efectos do movemento brusco do corpo

c)

protexer ao sistema nervioso periférico

58.

O cerebelo encárgase de...

a)

controlar o ritmo respiratorio, os latexos do corazón, a tose, os esbirros, as náuseas...

b)

coordinar os movementos e a postura do corpo, recibindo información do oído e dos receptores internos das articulacións

59.

O tronco encefálico ten como función...

a)

coordinar os movementos e posturas do corpo

b)

controlar o ritmo respiratorio, os latexos do corazón, a tose, os esbirros, as náuseas...

c)

controlar o equilibrio do corpo

60.

A médula espiñal atópase...

a)

protexida no interior da columna vertebral

b)

na parte externa da columna vertebral

c)

a continuación da columna vertebral

61.

A médula espiñal...

a)

unicamente transmite impulsos nerviosos procedentes de partes do corpo ao encéfalo e viceversa

b)

non controla actos involuntarios sinxelos

c)

controla actos involuntarios sinxelos e transmite impulsos nerviosos procedentes de partes do corpo ao encéfalo e viceversa

62.

O sistema nervioso periférico...

a)

comunica o sistema nervioso central cos órganos encargados de executar as respostas

b)

comunica o sistema nervioso central cos órganos dos sentidos e cos órganos encargados de executar as respostas

c)

comunica o sistema nervioso central unicamente cos órganos dos sentidos

63.

Os tipos de nervios clasifícanse segundo o criterio/s seguintes:

a)

segundo a súa función e segundo o órgano do que parten

b)

segundo a súa función

c)

segundo o órgano do que parten

64.

Os nervios sensitivos...

a)

están formados por neuronas motoras

b)

están formados por neuronas sensitivas que transmiten información desde os órganos dos sentidos ata o sistema nervioso central

65.

Os nervios motores...

a)

transmiten os impulsos nerviosos desde o sistema nervioso central ata o os diferentes órganos do corpo onde se debe producir unha resposta

b)

transmiten a información desde os órganos dos sentidos ata o sistema nervioso central

c)

transmiten a información desde o sistema nervioso central ata a rede nerviosa somática

66.

A rede nerviosa nerviosa que controla xeralmente os movementos voluntarios dos músculos (a musculatura esquelética) e os movementos involuntarios dos músculos esqueléticos (acto reflexo, como apartar a man se nos queimamos) chámase...

a)

rede nerviosa autónoma

b)

rede nerviosa somática

c)

rede nerviosa muscular

67.

A rede nerviosa que controla os movementos involuntarios dos músculos (musculatura cardíaca, tamaño da pupila, suor...) chámase...

a)

rede nerviosa somática

b)

rede nerviosa circulatoria

c)

rede nerviosa autónoma

68.

O sistema nervioso amosa os seguintes tipos de enfermidades:

a)

Transtornos mentais e transtornos dexerativos

b)

Enfermidades neurolóxicas e enfermidades xenéticas

c)

Enfermidades neurolóxicas e transtornos mentais

69.

As enfermidades do cerebro, a médula espiñal e os nervios de todo o corpo, son...

a)

Enfermidades neurolóxicas

b)

Enfermidades mentais

c)

Enfermidades dexerativas

70.

As enfermidades que se manifestan principalmente como transtornos do pensamento, das emocións ou do comportamento (malestar ou deficiencia funcional) son...

a)

transtornos mentais

b)

transtornos transitorios

c)

ansiedades

71.

O alzhéimer é...

a)

unha emoción que se presenta de forma normal como resposta a certas situación conflitivas, como un accidente ou un exame

b)

unha enfermidade neurolóxica grave provocada pola perda prematura de neuronas e alteración de comunicación entre elas

c)

unha enfermidade neurolóxica leve provocada pola perda prematura de neuronas e alteración de comunicación entre elas

72.

A ansiedade é...

a)

unha enfermidade neurolóxica leve provocada pola perda de neuronas

b)

unha enfermidade neurolóxica grave provocada pola perda prematura de neuronas e alteración de comunicación entre elas

c)

unha emoción que se presenta de forma normal como resposta a situacións conflitivas, como un accidente ou un exame