wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Que sabemos sobre os transxénicos?

Total questions: 9

Worksheet time: 2hrs 15mins

Name
Class
Date
1.

Do onde proceden os alimentos transxénicos?

a)

De seres vivos que non existían na natureza, chegados desde o espazo, pegados á superficie das naves espaciais que volven á Terra

b)

De seres vivos que non existían na natureza, creados en laboratorios

c)

De cruzar distintas plantas na horta, por exemplo dun tomate e unha leituga obtemos unha "tomuga"

2.

Como se crea un transxénico?

a)

Cuns pos máxicos que venden nas farmacias

b)

Sacando un anaco pequenísimo da célula dun ser vivo, chamado xene, e meténdoo na célula doutro dunha especie diferente

c)

Con oito mesturas galvanoplásticas, por iso chámanse tamén OXM

3.

Que é un xene?

a)

Un catarro moi malo, resistente a antibióticos. Tarda moito en curarse

b)

Unha parte da información de como somos, algo así como a nosa programación. Está gardada dentro do núcleo das células animais e vexetais. Cada persoa ten entre 25.000 e 35.000 xenes!

c)

O que fai que nos parezamos á nosa familia

4.

O arroz dourado inventouse en 1999, xa pasaron case 20 anos. Está a solucionar os problemas de cegueira dos países onde hai escaseza de alimentos ou malnutrición?

a)

Si, grazas ao arroz dourado xa non existe a cegueira por deficiencia de vitamina A en moitos países

b)

Non, aínda segue en fase experimental e autorizouse o seu consumo en moi poucos países

c)

Si, todo o mundo come xa arroz dourado. Úsase sobre todo para facer paella, por iso é amarela

5.

Que teñen que ver os alimentos transxénicos cos canóns?

a)

Que pregunta tan fácil: non teñen nada que ver

b)

Úsase un aparello chamado “canón xenético” para bombardear as células e crear un

OGM

c)

Para sementar o arroz dourado nos campos úsanse canóns, así se esparexen as sementes con menor esforzo

6.

Quen é Terminator?

a)

O robot dunha película de ciencia ficción. A súa tradución é “Exterminador"

b)

Un xene que se incluíu nalgunhas plantas transxénicas para que sexan estériles e non produzan sementes

c)

Un produto químico utilizado para matar ás pragas dos cultivos transxénicos

7.

Os alimentos transxénicos tamén poden ser ecolóxicos:

a)

Verdadeiro, que un alimento sexa ecolóxico non depende de que sexa ou non transxénico

b)

Falso, os alimentos transxénicos por normativa nunca se consideran ecolóxicos

c)

Algúns alimentos transxénicos son ecolóxicos e outros non

8.

Os laboratorios crearon trigos resistentes a herbicidas (produtos químicos que non deixan crecer a herba). De este modo:

a)

Pódense matar con herbicidas todas as herbas dos cultivos (como as papoulas), mentres que o trigo sobrevive e produce máis cantidade

b)

Aumentou a cantidade de produtos químicos que se bota aos cultivos, e con iso o risco de contaminación do chan e a auga

c)

Os laboratorios poden gañar diñeiro vendendo á vez as sementes de trigo resistentes e os produtos químicos

9.

Pódense modificar bacterias para modificar as características de plantas como tomates ou xirasols?

a)

Si. E as bacterias utilizáronse tamén en medicina para producir medicamentos como a insulina

b)

Non. Tentouse utilizalas pero provocaron enfermidades nas plantas

c)

Parece unha boa idea, pero nunca o tentou ninguén