Font size
WorksheetsA nutrición (Edixgal-Netex 6º: T5)
Total questions: 41
Worksheet time: 21mins
A nutrición...
proporciona materia e enerxía ás células.
consiste só en tomar os alimentos que precisamos para vivir.
é unha das funcións vitais do noso organismo.
Sinala os enunciados que sexan verdadeiros.
Nutrición e alimentación son sinónimos.
A función de nutrición lévase a cabo só mediante a dixestión.
O ser humano ten o mesmo tipo de alimentación que os animais.
A función de nutrición proporciona materia e enerxía á célula e elimina as substancias de refugallo que produce.
Cáles destes procesos están implicados na NUTRICIÓN.
Todos estes procesos
Dixestión e respiración
Circulación e excreción
Relación e reproducción
Palabra que define o proceso de eliminación cara ao exterior das substancias de refugallo que producen as células.
(a)
Palabra que define a transformación do alimento que inxerimos en substancias útiles para a célula (nutrientes).
(a)
Palabra que define a obtención de osíxeno da atmosfera e eliminación de dióxido de carbono.
(a)
Palabra que define o transporte de substancias útiles para a célula e de substancias de refugallo.
(a)
Órgano que forma parte do tubo dixestivo e sitúase a continuación do esófago. Queda protexido en parte polas costelas.
(a)
Órgano que forma parte do aparato circulatorio e sitúase entre os pulmóns lixeiramente inclinado cara á esquerda.
(a)
Órgano que se sitúa sobre o estómago. Ten funcións dixestivas e excretoras.
(a)
Son dúas vías respiratorias situadas a continuación da traquea.
(a)
órganos (en plural) situados cara ás costas dos que parten os uréteres.
(a)
Órganos implicados directamente no proceso dixestivo da nutrición.
Fígado
Intestino delgado
Páncreas
Corazón
Sangue
Órganos ou elementos do noso organismo implicados directamente no proceso respiratorio da nutrición.
Fígado
Bronquios
Tráquea
Corazón
Pulmóns
Órganos ou elementos do noso organismo implicados directamente no proceso circulatorio da nutrición.
Vasos sanguíneos
Bronquios
Sangue
Corazón
Pulmóns
Órganos implicados directamente no proceso excretor da nutrición.
Fígado
Riles
Sangue
Corazón
Pulmóns
A dixestión por ataque de ácidos e movementos ocorre no...
estómago
intestino delgado
intestino groso
fígado
A absorción de nutrientes na dixestión ten lugar no ...
estómago
intestino delgado
intestino groso
pulmón
Nome que recibe a secreción que se verte na boca, atacando o alimento e eliminando bacterias.
(a)
Substancias producidas por unha glándula anexa que verte o seu contido cara o intestino delgado.
Zume pancreático
Saliva
Bile
Ácidos estomacais
Suor
Substancia producida polo fígado que ataca as graxas.
Zume pancreático
Saliva
Bile
Ácidos estomacais
Suor
Percorrido correcto que segue o aire para entrar nos pulmóns.
Fosas nasais-larinxe-farinxe-tráquea-bronquios-bronquiolos-alvéolos
Fosas nasais-tráquea-farinxe-larinxe-bronquios-bronquiolos-alvéolos
Fosas nasais-farinxe-larinxe-tráquea-bronquios-bronquiolos-alvéolos
Fosas nasais-alvéolos-farinxe-larinxe-tráquea-bronquios-bronquiolos
Marca as afirmacións que sexan verdadeiras.
O noso corazón está dividido en catro cavidades.
As aurículas e os ventrículos do mesmo lado do corazón están comunicados, pero non se comunican entres si as aurículas nin os ventrículos.
Do corazón saen as veas e chegan as arterias.
No latido do corazón están implicados dous movementos: a sístole e a diástole.
No corazón ocorre o intercambio de gases.
É unha célula sanguínea encargada do transporte do osíxeno e o dióxido de carbono no noso organismo.
Glóbulo vermello
Glóbulo branco
Plaqueta
Óvulo
Espermatozoide
É unha célula sanguínea encargada da defensa do noso organismo.
Glóbulo vermello
Glóbulo branco
Plaqueta
Óvulo
Espermatozoide
É unha célula sanguínea encargada da coagulación e reparación de vasos sanguíneos.
Glóbulo vermello
Glóbulo branco
Plaqueta
Óvulo
Espermatozoide
Marca o que esté ben relacionado.
Glándula sudorípara - suor
Ril - eliminación de substancias de refugallo
Pulmón - dióxido de carbono
Fígado - ouriños
Marca o que esté ben relacionado.
Glándula sudorípara - ouriños
Ril - ouriños
Pulmón - osíxeno
Fígado - eliminación de substancias de refugallo
Sinala o que é FALSO!
Se non existise a excreción o organismo convertiríase nun lugar tóxico para as células.
O ril é un órgano moi especializado que realiza un filtrado selectivo do sangue.
As glándulas sudoríparas e as salivares son órganos excretores.
O fígado é un órgano que ten como única función a excreción.
As glándulas sudoríparas están implicadas na excreción. Sitúanse na pel.
Sinala cales son compoñentes do sangue.
Plasma
Glóbulos vermellos
Glóbulos brancos
Plaquetas
Todos os demais son compoñentes do sangue.
Marca as características que definen a circulación no ser humano.
O noso corazón posúe válvulas que impiden o retroceso do sangue.
O sangue cargado en osíxeno e o cargado en dióxido de carbono nunca se mesturan.
Desde que o sangue sae do ventrículo dereito ata que volve a entra nel pasa tres veces polo corazón.
Hai unha circulación maior e outra menor.
Sinala o que sexa correcto!
O aire que chega aos pulmóns foi quentado, limpado e humedecido nas vías respiratorias.
O moco non ten ningunha función específica.
Os alvéolos relaciónanse intimamente con capilares sanguíneos.
O intercambio de gases acontece nas vías respiratorias.
A ventilación pulmonar consta de inspiración e expiración.
Conducen gases cara ao pulmón e despois cara ao exterior.
Vías respiratorias
Vías urinarias
Vasos sanguíneos
Conduto sudoríparo
Condutos polos que se move o sangue.
Vías respiratorias
Vías urinarias
Vasos sanguíneos
Conduto sudoríparo
Conducen os ouriños cara ao exterior.
Vías respiratorias
Vías urinarias
Vasos sanguíneos
Conduto sudoríparo
Conduto que leva ao exterior o suor.
Vías respiratorias
Vías urinarias
Vasos sanguíneos
Conduto sudoríparo
Palabra esdrúxula de 6 letras. Lugar onde se procesan os nutrientes e o osíxeno para obter enerxía e materiais, dando lugar a dióxido de carbono e outras substancias de refugallo.
(a)
Que aparato representa o debuxo?
Responde só cunha palabra.
(a)
Que aparato representa o debuxo?
Responde só cunha palabra.
(a)
Que aparato representa o debuxo?
Respondo só cunha palabra.
(a)
Que aparato representa o debuxo?
Responde só cunha palabra.
(a)
