Font size
WorksheetsGALEGO Ó LÍMITE
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Dende que século comeza a considerarse o galego-portugués como unha lingua distinta do latín?
A partir do século VIII.
A partir do século XII.
A partir do século XVIII.
Ningunha das anteriores é correcta.
O texto trobadoresco galego-portugués máis antigo conservado é...
Livro das Cantigas
Cancioneiro de Baena
Ora faz ost'o senhor de Navarra
Cantigas de Santa María
O Cancioneiro de Ajuda é...
Conxunto de composicións medievais de amor galego-portuguesas que se conserva na Biblioteca Nacional de España.
Conxunto de composicións medievais de amor galego-portuguesas que se conserva no Palacio de Ajuda, en Lisboa.
Ningunha das anteriores.
O Pergamiño Vindel é...
Un pergamiño que se atopou na Catedral de Santiago.
O pergamiño que atopou Rosalía de Castro.
Unha páxina solta dun cancioneiro perdido que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Códax.
Ningunha das anteriores.
As cantigas de amigo son composicións propias da lírica profana medieval galego-portuguesa que narran...
A través dunha voz feminina o lamento pola ausencia do seu namorado (amigo) ou as alegrías e tormentos que lle produce o amor.
O amor entre un amigo e unha amiga.
A complexidade das relacións amorosas.
As albas son composicións de orixe provenzal, relacionadas coas cantigas amigo.
Verdadeiro.
Inventárono Pilar, Antonio e Alba.
As cantigas de amor son composicións da lírica medieval galego-portuguesa que narran...
O amor dun home (trobador) cara a unha dama (senhor).
A fuga dos namorados pola noite.
O amor pola natureza dos trobadores.
As Cantigas de Santa María son un conxunto de...
Oracións en latín dirixidas á Virxe.
Cantigas de amor dirixidas á Virxe.
Composicións de vertente relixiosa da lírica galego-portuguesa.
Escribiu as 427 composicións das Cantigas de Santa María o rei Afonso X?
Si.
El só organizou o traballo, para escribir estaban os trobadores.
Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra polo rei.
Que séculos abrangue a lírica medieval galego-portuguesa?
Do século XII-XVIII.
Do século XII-XV.
Do século I-VIII.
A que lle chamamos Séculos Escuros?
Ó período histórico durante o cal se producen a maioría de obras da literatura medieval.
Ó período histórico durante o cal o galego tan só se mantén a nivel oral na sociedade.
Ó período histórico que abrangue do século XVI ó XVII durante o cal o galego tan só se mantén a nivel oral na sociedade.
Quen foi o primeiro estudoso que, no século XVIII, deixou demostrado que o galego é unha lingua e non un dialecto?
Padre Sobreira
Padre Feijóo
Frei Martín Sarmiento.
Que outro estudoso ilustrado foi dos primeiros en reflexionar sobre o que hoxe denominamos como prexuízos lingüísticos?
Padre Sobreira
Padre Feijóo.
Frei Martín Sarmiento.
A que lle chamamos Rexurdimento na nosa literatura?
Período da literatura no que destacan as mulleres escritoras.
Período artístico que se inicia en Roma.
Período que abrangue boa parte do século XIX e que se caracteriza pola recuperación da escrita literaria do galego.
Indica cales dos seguintes autores son representativos do Rexurdimento Pleno:
Martín Códax, Afonso X, Pedro Madruga.
Pero da Ponte, Don Dinís, Meendinho.
Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Por que se celebra o 17 de maio o Día das Letras Galegas?
Porque sempre é festivo.
Porque é o día no que celebramos a edición da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Porque comeza a primavera.
Que representa a publicación de Cantares Gallegos (1963) de Rosalía de Castro na nosa literatura?
O primeiro libro publicado en galego.
O inicio dunha etapa literaria de recuperación.
A primeira muller que publica un libro.
A quen se lle adicou o primeiro día das Letras Galegas en 1963?
A Manuel Murguía.
Eduardo Pondal.
Castelao.
A Rosalía de Castro.
A quen se lle adica este 17 maio o Día das Letras Galegas?
Carlos Casares.
Antonio Fraguas.
Lois Pereiro.
Ricardo Carballo Calero.
Quen é o actual presidente, ou presidenta, da Real Academia Galega?
Marilar Aleixandre.
Víctor Fernández Freixanes.
Henrique Monteagudo.
Fina Casalderey.
