wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Anatomía Aplicada: Sistema respiratorio e Aparato Fonador

Total questions: 40

Worksheet time: 20mins

Name
Class
Date
1.

As vías respiratorias superiores son:

a)

Fosas nasais e farinxe

b)

Fosas nasais, farinxe e bronquios.

c)

Farinxe, larinxe e esófago.

d)

Larinxe e tráquea

2.

A parte do sistema respiratorio que é común ao dixestivo é...

a)

A larinxe

b)

A tráquea

c)

A farinxe

d)

O diafragma

3.

A estrutura que pecha a larinxe ao paso da comida chámase...

(a)  

4.

Cales dos seguintes condutos están rodeados de cartilaxe para impedir o seu colapso?

a)

Bronquios

b)

Bronquíolos

c)

Tráquea

d)

Larinxe

5.

Os pulmóns están protexidos por...

a)

O diafragma

b)

As costelas

c)

Os músculos

d)

Ningunha é correcta

6.

Os bronquíolos rematan nuns pequenos sacos de paredes moi delgadas, chamados...

(a)  

7.

Os pulmóns non teñen músculos propios

a)

Verdadeiro

b)

Falso

8.

Na ventilación pulmonar, o volume da caixa torácica varía grazas a acción dos músculos chamados...

(a)  

9.

Na inspiración...

a)

Os músculos intercostais e o diafragma contráense e as costelas elévanse.

b)

Os músculos intercostais e o diafragma reláxanse e as costelas baixan.

c)

Os músculos intercostais contráense e o diafragma reláxase.

d)

Os músculos intercostais e o diafragma contráense e as costelas descenden.

10.

A entrada e saída do aire dos pulmóns denomínase...

(a)  

11.

O intercambio de gases entre o aire e o sangue realízase nos...

a)

Bronquíolos

b)

Alvéolos pulmonares

c)

Bolsas pulmonares

d)

Bronquios

12.

Os alvéolos pulmonares están rodeados de...

(a)  

13.

O proceso polo que os gases atravesan as paredes dos alvéolos chámase...

a)

Osmose

b)

Endocitose

c)

Difuminación

d)

Difusión

14.

O sangue que chega aos alvéolos, procedente do corpo, ten...

a)

Pouco osíxeno e pouco dióxido de carbono

b)

Pouco osíxeno e moito dióxido de carbono

c)

Moito nitróxeno

d)

Moito osíxeno e pouco dióxido de carbono

15.

Unha vez realizado o intercambio de gases nos alvéolos pulmonares...

a)

O sangue osixenada volve ao outro pulmón

b)

O sangue osixenada sae do pulmón e va ao corazón para que este bombee sangue a todo o corpo

c)

O sangue osixenada sae do pulmón e leva o osíxeno directamente ao corpo

d)

O sangue que sae ten moito dióxido de carbono que se reparte no corpo

16.

Nos alvéolos pulmonares realízase tamén o intercambio de nitróxeno.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

17.

Cales destas afirmacións son correctas?

a)

O osíxeno é un nutriente e o dióxido de carbono un refugallo.

b)

O osíxeno é un nutriente e un refugallo ao mesmo tempo.

c)

O osíxeno é necesario para a respiración celular na mitocondria.

d)

O dióxido de carbono pasa do sangue ao interior dos alvéolos pulmonares.

18.

O pulmón dereito é...

a)

Máis pequeno que o esquerdo porque comparte espazo co corazón.

b)

Máis grande que o esquerdo, posto que o esquerdo comparte espazo co corazón

c)

Do mesmo tamano que o esquerdo

d)

Máis grande que o esquerdo, nas persoas diestras.

19.

Cales das seguintes enfermidades afectan ao sistema respiratorio?

a)

COVID-19

b)

Bronquite

c)

Meninxite

d)

Arrefriado común

20.

As células que transportan o osíxeno e o dióxido de carbono no sangue son...

a)

Glóbulos brancos

b)

Todas as células sanguíneas

c)

Glóbulos vermellos

d)

Células epidérmicas

21.

A única función do sistema respiratorio é realizar o intercambio de gases entre a atmosfera e o sangue.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

22.

A larinxe únese mediante ligamentos ao óso...

a)

Hioides

b)

Tiroides

c)

Aritenoides

d)

Mandibular

23.

Que cartíagos poden verse nunha vista anterior da larinxe?

a)

Cricoides

b)

Aritenoides

c)

Tiroides

d)

Epiglótico

24.

As cordas vocais ubícanse dentro da:

a)

Farinxe

b)

Tráquea

c)

Larinxe

d)

Boca

25.

Indica que estruturas NON compoñen o aparato fonador.

a)

Pulmóns, bronquios, tráquea

b)

Larinxe, cordas vocais

c)

Farinxe, cavidade bucal, cavidade nasal

d)

Esófago, óso hioides e oído

26.

Na respiración abdominal, intervén principalmente...

a)

O diafragma

b)

A parte media do pulmón

c)

Os músculos intercostais

d)

As clavículas

27.

Cal das seguintes estruturas NON intervén de forma principal na respiración torácica?

a)

Diafragma

b)

Músculos intercostais

c)

Parte media dos pulmóns

d)

Caixa torácica

28.

A capacidade respiratoria é...

a)

O número de respiraciones por minuto.

b)

Maior volume de aire que unha persoa pode introducir nos pulmóns.

c)

O aire que sempre queda nos pulmóns.

d)

Volume de aire que entra aos pulmóns en cada inspiración.

29.

A capacidade vital é a cantidade total de aire expulsado dos pulmóns...

a)

Tras unha exhalación máxima.

b)

Tras unha inhalación máxima.

c)

Tras liberar o volume residua.

d)

Tras unha inhalación corrient.

30.

O valor da capacidade pulmonar total é de aproximadamente...

a)

6000 mL

b)

6000 cL

c)

4,8 L

d)

1200 ml

31.

O espazo que queda entre as cordas vocais chámase...

a)

Glote

b)

Epiglote

c)

Hioides

d)

Glosis

32.

Cando se produce o son, o aire expulsado choca contra as cordas vocais mentres estas están...

a)

Pechadas

b)

Abertas

c)

Abertas na parte anterior

d)

Abertas ou pechadas

33.

Na ventilación pulmonar, a inspiración é un proceso...

a)

Activo

b)

Pasivo

c)

Nin activo nin pasivo

d)

Ningunha é correcta

34.

A pleura é...

a)

Unha membrana dobre que tapiza os pumóns.

b)

Unha membrana sinxela que tapiza os pulmóns.

c)

Unha membrana que tapiza os bronquios.

d)

Un cartílago da larinxe.

35.

Os dous fenómenos físicos principais que interveñen no intercambio gasoso son...

a)

Diferenza de volumes e difusión.

b)

Transporte activo e diferenza de presións.

c)

Difusión e diferenza de presións

d)

Difusión e osmose.

36.

O son prodúcese cando...

a)

O aire inspirado choca con as cordas vocais.

b)

O aire espirado choca contra as cordas vocais.

c)

O aire espirado choca contra as paredes da larinxe.

d)

O aire fai turbulencia dentro da farinxe.

37.

Cando o aire choca contra as cordas vocais e produce o son, a glote está...

a)

Pechada

b)

Aberta

c)

Semiaberta

d)

Pechada só anteriormente.

38.

Cal das seguintes non é unha enfermidade relacionada coas cordas vocais ou a larinxe?

a)

Disfonía

b)

Nódulos

c)

Disnea

d)

Larinxite

39.

As zonas coloreadas da figura son:

a)

Os senos paranasais

b)

Os cornetes nasais

c)

A nasofarinxe

d)

A laringofarinxe

40.

Canto máis grosas son as cordas vocais, máis grave é a voz.

a)

Verdadeiro

b)

Falso