Font size
WorksheetsDos alimentos aos nutrientes
Total questions: 20
Worksheet time: 5hrs 0mins
O proceso polo que os seres vivos incorporan substancias sinxelas que as células necesitan denomínase...
(a)
O proceso polo que un conxunto de cousas son inxeridas polos seres vivos para subsistir denomínase...
(a)
Cales das seguintes substancias son alimentos:
pataca
glicosa
osíxeno
pan
carne
Cal das seguintes substancias son nutrientes?
leite
cenoria
auga
arroz
Supón que estás a facer exercicio físico. Se en 10 mL de sangue que entra a un dos teus músculos hai 9 mg de glicosa e 2 mL de osíxeno, que cantidade de glicosa e osíxeno haberá no sangue que saia dese músculo despois de que se nutriu?
9 mg de glicosa e 2 mL de osíxeno, porque o músculo non necesita nutrirse.
8 mg de glicosa e 1,5 mL de osíxeno, a mesma cantidade que se o músculo estivese en repouso.
5 mg de glicosa e 1,1 mL de osíxeno, porque o músculo consome máis nutrientes para realizar o movemento que se estivese en repouso.
18 mg de glicosa en 1 mL de osíxeno, porque o músculo non necesita nutrirse
Cal das seguintes substancias entran na mitocondria?
Glicosa
Dióxido de carbono
Auga
Osíxeno
Os tubos polos que pasa o aire, que se ramifican como unha árbore son...
Larinxe
Traquea
Nariz
Bronquios
Farinxe
A cavidade común co aparato dixestivo é...
Larinxe
Farinxe
Nariz
Traquea
O sistema dixestivo..
Expulsa residuos ao medio externo
Obtén osíxeno do aire
Conduce nutrientes e osíxeno ás células
Transforma os alimentos en nutrientes
Que sistema intervén na función de nutrición e é o encargado de transportar dióxido de carbono e outros residuos?
Sistema respitatorio
Sistema excretor
Sistema circulatorio
Sistema dixestivo
Completa a frase: Do aire obtemos osíxeno, que se incorpora ao noso corpo a través do sistema...
(a)
Os alimentos son substancias que transforma o sistema_____________para lograr os nutrientes que necesitan as nosas células.
Respiratorio
Dixestivo
Circulatorio
Excretor
Por que órganos do sistema dixestivo pasa o alimento desde que é inxerido pola boca ata que chega ao ano? Sinala a resposta correcta:
Boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso, recto e ano
Boca, farinxe, larinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso, recto e ano
Boca, larinxe, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso, recto e ano
Boca, farinxe, esófago, estómago, fígado, intestino delgado, intestino groso, recto e ano
Por que órganos do sistema respiratorio pasa o aire desde que é inhalado polo nariz ata que chega aos alvéolos, onde se xera o intercambio gasoso? Sinala a resposta correcta:
Nariz, boca, farinxe, larinxe, traquea, bronquios, bronquíolos e alvéolos (pulmóns)
Nariz, larinxe, farinxe, traquea, bronquios, bronquíolos e alvéolos (pulmóns)
Nariz, boca, larinxe, farinxe, traquea, bronquios, bronquíolos e alvéolos (pulmóns)
Nariz, farinxe, larinxe, traquea, bronquios, bronquíolos e alvéolos (pulmóns)
Que tipos de cancro están relacionados co consumo de tabaco? Sinala a resposta correcta máis completa:
Larinxe, boca, nariz, farinxe, esófago e pulmón
Pulmón, vexiga, esófago, boca e larinxe
Pulmón, bronquios, esófago, estómago, colon e larinxe
Pulmón
Elixe a palabra adecuada para que a frase sexa verdadeira: O estrinximento/cancro é un trastorno que implica dificultade para evacuar as feces
(a)
Elixe a palabra adecuada para que a frase sexa verdadeira: A gripe/diarrea vai acompañada de feces líquidas e abundantes
(a)
Indica se esta afirmación é verdadeira ou falsa: A carie é unha enfermidade producida polas bacterias que viven na boca e que forman sobre a superficie dos dentes a placa bacteriana
Verdadeira
Falsa
A dixestión mecánica inclúe as seguintes accións físicas:
Trituración, deglutición e dixestión
Dixestión e asimilación de nutrientes
Trituración, deglutición e movementos de mestura e peristálticos
Deglutición e movementos de mestura e peristálticos
A enzima que participa na dixestión de proteínas no estómago é....
Amilasa
Pepsina
Lipase
Ácido clorhídrico
