Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Estrutura e funcións dos seres vivos

Total questions: 22

Worksheet time: 11mins

Name
Class
Date
1.

Condicións que debe cumprir un "ser vivo":

a)

Moverse e reproducirse

b)

Alimentarse doutros seres vivos e reproducirse

c)

Estar formado por 1 soa célula, alimentarse e reproducirse

d)

Estar formado por 1 ou varias células e realizar as 3 funcións vitais

2.

Cales son as funcións vitais?

a)

Membrana, citoplasma e núcleo

b)

Linguaxe, cálculo e alimentación

c)

Nutrición, relación e reprodución

d)

Respiración, circulación e parede celular

3.

A parte VIVA máis pequena dun "ser vivo" chámase:

a)

Material xenético

b)

Bacteria

c)

Virus

d)

Célula

4.

As partes da estrutura básica dunha célula son:

a)

Parede celular, orgánulos e núcleo

b)

Membrana, citoplasma e material xenético

c)

Cilios, flaxelos e membrana

d)

Citoplasma, núcleo e orgánulos

5.

As células que teñen o material xenético libre no citoplasma son...

a)

As células eucariotas

b)

Os fungos

c)

As células procariotas

d)

As células membranosas

6.

As células que teñen o material xenético encerrado no núcleo son...

a)

As células procariotas

b)

Todas as células

c)

Os moneras

d)

As células eucariotas

7.

Unha célula está viva.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

c)

Sempre está medio viva

d)

Está viva e morta á vez

8.

Esta imaxe representa a

a)

Un ser vivo pluricelular

b)

Unha célula eucariota

c)

Unha célula procariota

d)

Un virus

9.

Esta imaxe representa a

a)

Unha medusa ou augamar

b)

O estómago dun peixe

c)

Unha célula procariota

d)

Unha célula eucariota

10.

A función de nutrición consiste en:

a)

Reaccionar aos cambios do medio

b)

Facer unha copia do material xenético

c)

Respirar, conseguir e utilizar nutrientes e eliminar refugallos

d)

Dar lugar a outro ser vivo

11.

A función de relación consiste en:

a)

Reaccionar aos cambios do medio

b)

Tomar osíxeno do medio

c)

Producir unha copia dun ser vivo

d)

Expulsar produtos de refugallo ao medio

12.

A función de reprodución consiste en

a)

Formar un ser semellante

b)

Medrar ou aumentar de tamaño

c)

Desprazarse para fuxir dun perigo

d)

Expulsar dióxido de carbono ao medio

13.

A imaxe representa

a)

Unha bacteria

b)

Un protozoo

c)

Unha célula vexetal

d)

Unha célula animal

14.

A nutrición heterótrofa consiste en

a)

Alimentarse só de vexetais

b)

Fabricar os propios nutrientes a partir de materia inorgánica

c)

Extraer nutrientes doutros seres vivos (materia orgánica)

d)

Alimentarse só de animais

15.

A alimentación autótrofa consiste en

a)

Conseguir os nutrientes doutro ser vivo

b)

Formar unha copia dun ser vivo

c)

Sintetizar os propios nutrientes a partir de materia inorgánica

d)

Desprazarse polo medio mediante un flaxelo

16.

Polo seu número de células os seres vivos clasifícanse en:

a)

Autótrofos e heterótrofos

b)

Procariotas e eucariotas

c)

Cilios e flaxelos

d)

Unicelulares e pluricelulares

17.

Os seres vivos constituídos por UNHA ÚNICA célula chámanse

a)

Pluricelulares

b)

Colonias

c)

Unicelulares

d)

Plantas

18.

Os seres vivos constituídos por VARIAS células chámanse:

a)

Unicelulares

b)

Tecidos

c)

Órganos

d)

Pluricelulares

19.

As bacterias son

a)

Seres pluricelulares autótrofos

b)

Seres unicelulares procariotas microscópicos

c)

Seres unicelulares eucariotas de gran tamaño

d)

Seres pluricelulares con tecidos

20.

Unha planta é

a)

Un ser inerte

b)

Un ser vivo pluricelular sen tecidos

c)

Un ser vivo unicelular procariota

d)

Un ser vivo pluricelular con tecidos e órganos

21.

Unha alga macroscópica é

a)

Un ser vivo unicelular independente

b)

Unha planta

c)

Un ser vivo pluricelular sen tecidos

d)

Un fungo

22.

Un can é

a)

Un ser vivo unicelular eucariota

b)

Un ser vivo pluricelular con tecidos, órganos e sistemas

c)

Un ser vivo unicelular procariota

d)

Un ser vivo pluricelular con tecidos pero sen órganos