Font size
WorksheetsO UNIVERSO E O NOSO PLANETA
Total questions: 15
Worksheet time: 8mins
As galaxias son agrupacións de:
Planetas
Estrelas
Satélites
Ademais das estrelas, nas galaxias hai grandes nubes de gas e po chamadas:
Nebulosas
Cúmulos de galaxias
Sistemas planetarios
A orixe do Universo e a súa expansión explícase mediante unha teoría chamada:
Teoría do Big Bang
Teoría do Big Beng
Teoría heliocéntrica
Teoría xeocéntrica
Cales das seguintes afirmacións corresponden ó modelo heliocéntrico que explicaba como era o Universo?
Propuxérono os gregos
Dicía que o Sol permanecía estático no medio do Universo
Propoñía que a Terra atopábase no centro do Universo e todos os astros xiraban arredor dela
Propúxoo o astrónomo Nicolas Copérnico
A estrutura do sistema solar está constituída por unha serie de zonas concéntricas chamadas...
(a)
Nas órbitas do sistema solar atópanse xirando un gran número de obxectos de diverso tamaño tales como:
Planetas
Asteroides
Estrelas
Os planetas que se atopan entre o Sol e o cinto de asteroides chámanse
Planetas rochosos
Planetas xigantes
Planetas gasosos
Planetas ananos
Cales das seguintes características fan da Terra un planeta onde sexa posible a vida?
Distancia adecuada do Sol
Presenza de auga líquida
Non é nin moi grande nin moi pequeno
Habitan persoas
Presencia dun campo magnético
O movemento de rotación da Terra...
Dá lugar á sucesión de día e noite
Dá lugar ás estacións
Dura 28 días
O movemento de translación é o xiro da Terra arredor de...
O Sol
Unha estrela
A Lúa
O movemento de translación da Terra produce...
Día e noite
Estacións
Non produce nada
A Lúa realiza...
Dous movemento: un de rotación e outro de translación
Un movemento: só de translación
Un movemento: só de rotación
As mareas prodúcense por:
A atracción gravitatoria entre a Lúa e a Terra
A atracción gravitatoria entre a Lúa e o Sol
A Lúa non inflúe sobre as mareas
Nos eclipses de Lúa
A Terra interponse entre a Lúa e o Sol
A Lúa interponse entre a Terra e o Sol
Non se interpón ningún astro
As fases da Lúa:
Prodúcense pola diferente iluminación que recibe a Lúa dos raios de Sol
Son lúa nova, cuarto crecente, cuarto minguante e lúa chea
Prodúcense porque a Lúa ten luz propia pero non sempre da mesma intensidade.
