WorksheetsAS PLANTAS
Total questions: 30
Worksheet time: 15mins
As plantas son seres inertes.
Verdadeiro
Falso
As plantas realizan as tres funcións vitais que son:
Relación, reprodución e crecemento.
Nutrición, relación e reprodución.
Nutrición, relación e xerminación.
As plantas son seres vivos...
unicelulares
pluricelulares
ningunha das opcións é correcta
A parte máis pequena con vida en que podemos dividir unha planta é...
a célula.
o tecido.
a espora.
Sinala a orde correcta de organización por niveis dunha planta.
Tecido- célula- órgano- aparato e individuo.
Individuo- órgano- célula- aparato e tecido.
Célula- tecido- órgano- aparato e individuo.
A célula vexetal é de tipo...
Eucariota
Procariota
Non ten clasificación.
Como se chama a parte da célula que contén a información para controlar o funcionamento celular?
Citoplasma
Núcleo
Membrana plasmática
Como se chama o líquido viscoso que se sitúa entre o núcleo e a membrana plasmática?
Citoplasma.
Orgánulos
Cloroplastos.
Todos os tecidos teñen a mesma función
Verdadeiro
Falso
O aparato vexetativo está formado por:
flores e semente
raíz , talo e follas.
flores, semente e froito.
O aparato reprodutor está formado por:
Follas, talo e flores.
Flores, semente e froito.
Flores, follas e talo.
Plantas con flores e con sementes cubertas por un froito.
Ximnospermas
Anxiospermas
Fentos
Carrizas
Plantas con flores que non teñen sementes cubertas por un froito.
Ximnospermas
Anxiospermas
Fentos
Carrizas
Plantas que non teñen flores...
anxiospermas.
ximnospermas.
fentos e carrizas.
Órgano da planta que realiza a absorción de auga e sales minerais, é dicir, o zume bruto.
A folla.
A raíz.
O talo.
O zume bruto circula polo talo cara as follas polos vasos...
leñosos.
liberianos.
elaborados.
O talo dos cactos é o encargado de realizar a fotosíntese.
Verdadeiro
Falso
Que substancia teñen as follas das plantas que grazas a ela captan a luz solar?
A fotosíntese.
O envés.
A clorofila.
Durante a fotosíntese, a planta...
Expulsa osíxeno e capta dióxido de carbono.
Expulsa dióxido de carbono e capta osíxeno.
Non expulsa ningún gas, soamente capta dióxido de carbono.
Algunhas plantas presentan unha reprodución asexual.
Verdadeiro
Falso
Que dous gametos se xuntan na reprodución sexual das plantas?
As dúas esporas.
O pole e o óvulo.
O pistilo e o estame.
Parte da flor que constitúen os sépalos.
Cáliz.
Estames.
Corola.
Parte da flor que está formada polos pétalos.
Cáliz.
Corola.
Estames.
Onde se forma o óvulo?
Nos estames.
No pistilo.
No sépalo.
Onde se forma o pole?
No pistilo.
Nos estames.
Na corola.
Sinala cales son as partes dunha semente:
Embrión, tecidos de reserva e cuberta protectora.
Embrión e pistilo.
Cuberta protectora.
A célula vexetal ten cloroplastos.
Verdadeiro
Falso
Todas as células vexetais son iguais.
Verdadeiro
Falso
Sinala os motivos polos que a fotosínteses é importante para a vida na terra.
Libera osíxeno á atmosfera.
Elimina dióxido de carbono á atmosfera.
Libera nitróxeno á atmosfera.
Permite obter materia orgánica que se incorpora aos seres vivos.
Cal das seguintes situacións cres que lle pode afectar a unha planta á hora de realizar a fotosíntese?
Que a coloques nunha habitación na que non hai dióxido de carbono.
Que non teña auga.
Que estea nun lugar onde non reciba a luz do sol.
Todas as opcións son correctas.
