wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

As plantas: funcións vitais (1ºESO)

Total questions: 35

Worksheet time: 29mins

Name
Class
Date
1.

A nutrición das plantas é sempre...

a)

Autótrofa

b)

Heterótrofa

2.

As plantas son capaces de fabricar o seu propio alimento a partires de substancias inorgánicas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

3.

A nutrición nas plantas consta dos procesos:

a)

Obtención de nutrientes, respiración, distribución de substancias (excepto musgos) e expulsión de refugallos.

b)

Só da forosíntese.

c)

Obtención de nutrientes, fotosíntese, respiración e expulsión dos refugallos.

d)

Absorción de auga e sales minerais, absorción de dióxido de carbono e fotosíntese.

4.

Escolle os procesos que forman parte da obtención de nutrientes nas plantas.

a)

Absorción de auga e sales minerais

b)

Absorción de dióxido de carbono

c)

Fotosíntese

d)

Respiración

e)

Distribución de substancias

5.

A fotosíntese precisa de:

a)

Dióxido de carbono

b)

Osíxeno

c)

Luz solar

d)

Auga

e)

Zume elaborado

6.

A fotosíntese ten lugar tanto de día como de noite.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

7.

Que se produce como refugallo na fotosíntese?

a)

Osíxeno

b)

Dióxido de carbono

c)

Auga

d)

Zume elaborado

8.

A función principal da fotosíntese é producir:

a)

Zume elaborado cargado de glícidos (hidratos de carbono)

b)

Enerxía

c)

Osíxeno

d)

Dióxido de carbono

9.

Escolle as afirmacións que definan o proceso da respiración:

a)

Só ten lugar durante o día

b)

Obtense enerxía a partires dos glícidos do zume bruto e do osíxeno que se obtén da atmosfera

c)

Como refugallo prodúcese dióxido de carbono e auga

d)

Ten lugar nos cloroplastos

10.

Os vasos conductores están presentes en:

a)

Musgos

b)

Fentos

c)

Ximnospermas

d)

Anxiospermas

11.

O zume bruto viaxa por vasos conductores dende as partes verdes ata as raíces.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

12.

O zume elaborado viaxa por vasos conductores dende as raíces ata as partes verdes da planta.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

13.

Que mecanismos empregan as plantas para expulsar refugallos?

a)

Expulsión de gases a través dos estomas das follas.

b)

Expulsión de substancias nutritivas coas sementes.

c)

Expusión de substancias de refugallo a partires de partes vellas da planta que caen.

d)

Expulsión de refugallos irritantes e pegañentos a través de cortes ou feridas.

14.

As plantas non son capaces de reaccionar a estímulos externos porque non poden desplazarse.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

15.

Escolle as reaccións a estímulos máis comúns en plantas.

a)

Tropismos

b)

Nastias

c)

Cambios en procesos vitais da planta

16.

Os tropismos consisten en orientar o crecemento da planta como resposta a un estímulo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

17.

As nastias consisten en orientar o crecemento da planta como resposta a un estímulo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

18.

Escolle os tipos de tropismos.

a)

Fototropismo

b)

Gravitropismo

c)

Hidrotropismo

d)

Tigmotropismo

e)

Nastitropismo

19.

As plantas poden orientar o seu crecemento como resposta aos estímulos...

a)

Luz

b)

Gravidade

c)

Auga

d)

Contacto

e)

Temperatura

20.

Escolle os tipos de nastias.

a)

Fotonastia

b)

Tigmonastia

c)

Hidronastia

d)

Tropinastia

e)

Gravinastia

21.

Que procesos vitais poden modificar as plantas como resposta a estímulos?

a)

Ningún

b)

Floración

c)

Maduración dos froitos

d)

Caída das follas

e)

Realizar a fotosíntese pola noite

22.

Que 3 mecanismos poden usar as plantas para a reprodución asexual?

a)

Estolóns, tubérculos e bulbos

b)

Xemas, fragmentación e esporas

c)

Xemas, esporas e gametos

23.

Exemplo de reprodución por estolóns:

a)

Amorodos

b)

Patacas

c)

Tulipáns

24.

Exemplo de reprodución por tubérculos:

a)

Amorodos

b)

Patacas

c)

Tulipáns

25.

Musgos e fentos alternan no seu ciclo de vida a reprodución asexual (mediante esporas) e a reprodución sexual (mediante gametos).

a)

Verdadeiro

b)

Falso

26.

As plantas con semente reprodúcense exclusivamente por reprodución asexual.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

27.

Onde se atopan os órganos sexuais das plantas con semente?

a)

Nas flores

b)

Nos froitos

c)

Nas follas

d)

En ningún sitio porque non teñen reprodución sexual

28.

Cal é a primeira etapa na reprodución sexual das plantas con semente?

a)

Formación dos gametos

b)

Polinización

c)

Fecundación

d)

Formación e dispersión das sementes

e)

Xerminación das sementes

29.

Na reprodución sexual das plantas con semente, que acontece despois da polinización?

a)

Xerminación das sementes

b)

Dispersión das sementes

c)

Fecundación

d)

Formación das sementes

30.

En que parte das flores está aloxado o ovario?

a)

Pistilo

b)

Estames

c)

Corola

d)

Cáliz

31.

En que parte das flores están aloxados os grans de pole?

a)

Pistilo

b)

Estames

c)

Corola

d)

Cáliz

32.

Escolle os 3 mecanismos polos que se pode producir a polinización.

a)

Os grans de pole caen no pistilo da mesma flor (autopolinización).

b)

Os grans de pole son transportados polo vento ata outra flor.

c)

Os grans de pole son transportados por animais ata outra flor.

d)

Os grans de pole son transportados por bacterias e virus ata outra flor.

33.

Cales son as funcións da semente?

a)

Protección do embrión

b)

Aportar nutrientes ao embrión

c)

Facilitar a dispersión

d)

Facer a fotosíntese

34.

Os froitos son propios das plantas ximnospermas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

35.

A función do froito é protexer as sementes e colaborar na súa dispersión.

a)

Verdadeiro

b)

Falso