NEW
Font size
WorksheetsTema 2 As plantas
Total questions: 30
Worksheet time: 15mins
As partes das plantas son:
Talo, follas, limbo e pecíolo.
Raíz, talo e flores.
Raíz, talo, follas, flores e froitos.
Pétalos, sépalos, estames e pistilo.
A raíz ten dúas funcións. Cales?
Suxeitar a planta e respirar.
Na raíz realízase o proceso de fotosíntese e suxeita a planta.
Suxeitar a planta ao terreo e absorber a auga e outras substancias.
Como clasificamos as plantas segundo o seu talo?
Talos herbáceos e leña.
Talos herbáceos e talos leñosos.
Herbas e árbores.
Con flores e sen flores.
Nos arbustos as pólas saen...
Preto da terra.
A certa altura da terra.
Os arbustos non teñen pólas.
Como son os talos herbáceos?
Finos, duros e flexibles.
Duros e ríxidos.
Finos, brandos e flexibles.
Finos, brandos e ríxidos.
As follas das plantas están formadas por dúas partes. Cales son?
Pétalos, sépalos, estames e pistilo.
Pecíolo e limbo.
Raíz, talo e flores.
Flores, froitos, pecíolo e limbo.
Nas follas prodúcese...
O ovario.
O transporte de todas as substancias e auga a toda a planta.
A formación de pole.
A fabricación do seu propio alimento.
Cal é o órgano co que moitas plantas se reproducen?
A flor.
O pole.
A raíz.
As follas.
As partes dunha flor son:
Pétalos, estames e pole.
Pistilo, estames, sépalos e pétalos.
Pistilo, ovario e semente.
Estames, sementes e froito.
Cal é a parte feminina da flor?
Os estames.
O pole.
O pistilo.
O froito.
En que parte da flor se produce o pole?
Na parte masculina da flor, o pistilo.
Na parte masculina da flor, os estames.
Nos pétalos.
Nas sementes.
Os froitos levan dentro...
Estames.
Unhas folliñas verdes que envolven a flor.
O ovario da planta.
As sementes.
Cales son as funcións vitais das plantas?
Reprodución, alimentación e nutrición.
Reprodución, nutrición e relaxación.
Nutrición, reprodución e relación.
No proceso de reprodución das plantas con flores, como poden chegar os grans de pole ao pistilo?
Transportados polo vento ou por algúns animais.
A través do talo.
Caen na terra e xerminan.
Xirando cara ao Sol.
A fotosíntese é un paso da reprodución das plantas.
Falso.
Verdadeiro.
As plantas fabrican o seu propio alimento a través dun proceso denominado...
Zume elaborado.
Relación.
Cadea alimentaria.
Fotosíntese.
A raíz recolle da terra auga e sales minerais. Esta mestura chámase...
Zume bruto.
Zume elaborado.
Fotosíntese.
Pecíolo.
No proceso de nutrición, as follas recollen...
Vapor de auga, osíxeno, dióxido de carbono e nitróxeno.
Nitróxeno e luz solar.
Dióxido de carbono e luz solar.
Luz solar e auga.
No proceso de nutrición, as plantas expulsan...
Zume elaborado.
Osíxeno.
Zume bruto.
Pole.
As plantas clasifícanse, de modo xeral, en dous grandes grupos. Cales son?
Plantas con flores e plantas sen flores.
Herbas e árbores.
Plantas con follas e plantas sen follas.
As plantas con flores reprodúcense mediante...
Froitos sen semente.
Piñas.
Sementes.
Ximnospermas.
As plantas con flores normalmente teñen destas todo o ano.
Verdadeiro.
Falso.
Como se clasifican as plantas con flores?
Anxiospermas e ximnospermas.
Musgos e fentos.
Con flores e sen flores.
Anxiospermas, ximnospermas e variadas.
Como se clasifican as plantas sen flores?
Anxiospermas e ximnospermas.
Musgos e fentos.
Con flores e sen flores.
Anxiospermas, ximnospermas e variadas.
As plantas ximnospermas teñen...
Flores pouco vistosas e non producen froitos.
Flores pequenas ou grandes e vistosas e producen froitos.
As plantas anxiospermas teñen...
Flores pouco vistosas e non producen froitos.
Flores pequenas ou grandes e vistosas e producen froitos.
A roseira pertence ao grupo das...
Plantas sen flores.
Ximnospermas.
Anxiospermas.
Musgos.
As sementes nas plantas ximnospermas fórmanse dentro de...
Piñas.
Ovario.
Landras.
Onde viven os musgos?
En lugares secos.
No medio do río.
Nas rochas, nos troncos das árbores e no solo.
Os fentos...
Teñen talo subterráneo.
Teñen follas diminutas.
Suxéitanse ao solo por medio duns pelos ou raiciñas.
Non viven en lugares húmidos.
