NEW
Font size
WorksheetsCatabolismo dos Glícidos
Total questions: 20
Worksheet time: 8mins
Porque cando falamos do catabolismo dos glícidos nos centramos no catabolismo da glicosa?
Porque o noso corpo só pode aproveitar glicosa e o resto o excreta
Porque prácticamente todos os glícidos os transformamos en glicosa
Porque é a biomolécula que proporciona máis enerxía
Porque é soluble en medio acuoso polo que pode chegar a todas as células
Ruta metabólica mediante a que liberamos glicosa procedente do glicóxeno
Glicolise
Glicoxénese
Glicoxenolise
Glicoxenoxénese
En que parte do teu corpo almacenas o exceso de glicosa que non consumen as túas celulas?
No fígado
No páncreas
No fígado e nos músculos
No fígado e no páncreas
Cal das seguintes rutas NON está relacionada coa oxidación completa da glicosa
Fermentación
Ciclo de Krebs
Glicolise
Cadea respiratoria
Que metabolito (ou metabolitos) se producen na glicolise?
Glicosa
Dous ácidos pirúvicos
Dous ácidos pirúvicos e dous ATP
Dous ácidos pirúvicos, dous aATP e dous NADH + H+
A glicolise precisa a presenza de osíxeno (O2)
Verdadeiro
Falso
Cantos átomos de carbono ten o Acetil-CoA?
3
2
6
4
En que parte da célula acontece a glicolise?
Na matriz mitocondrial
Nas cristas mitocondriais
Ao atravesar a membrana mitocondrial
No citosol
Que molécula entra no Ciclo de Krebs?
Ácido pirúvico
Ácido cítrico
Acetil - CoA
Oxalacetato
En que rutas da degradación completa da glicosa se liberan moléculas de CO2?
Na glicolise e no ciclo de Krebs
No ciclo de Krebs e na transformación do pirúvico en Acetil-CoA
Na tranformación do pirúvico en Acetil-CoA e na cadea respiratoria
Na glicolise e na cadea respiratoria
En que lugar da célula acontece o ciclo de Krebs?
Na matriz mitocondrial
Na membrana mitocondrial interna
No paso a través das membranas mitocondriais
No citosol
Cantos NADH+H+ se producen por cada Acetil-CoA que entra no ciclo de Krebs?
1
2
3
6
Que metabolito se produce como residuo final ao rematar a cadea respiratoria?
Osíxeno
Auga
Citocromo a3
ATP
Por cada FADH2 que chega á cadea respiratoria cantos ATP se producen?
1
2
3
6
A transformación de NAD+ a NADH+H+ é unha...
Oxidación
Redución
Descarboxilación
Descarboxilación oxidativa
Cal das seguintes afirmacións NON é correcta sobre a cadea respiratoria:
Precisa a presenza de 1 molécula de osíxeno (O2) por cada NADH+H+
Recupera os coenzimas de oxidoredución reducidos na degradación da glicosa
Acontece nas mitocondrias
Inclúe dúas ou tres fosforilacións oxidativas
Que molécula é?
Glicosa
Acetil-CoA
ATP
Ácido pirúvico
Como se chama o enlace que rompe a enzima lactasa para romper o disacárido de lactosa en dous monosacáridos?
Enlace fosfato
O-glicosídico
Fosfodiester
Ponte de hidróxeno
Cando unha reacción é exergónica libera enerxía, e polo tanto...
ΔG > 0
ΔG <0
ΔG = 0
A degradación completa da glicosa produce 38 ATP, pero só se emprega o 40%. Que pasa co restante 60%?
Aumenta a entropía
Desaparece
Pérdese en forma de Calor
Diminúe a entropía
