Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Lingua galega - Repaso para alumnado de 1º ESO.

Total questions: 28

Worksheet time: 27mins

Name
Class
Date
1.

Escolle as linguas que sexan oficias de España.

a)

Castelán

b)

Eusquera

c)

Galego

d)

Aragonés

2.

O dicionario:

"O conxunto formado por unha palabra e os seus distintos significados denomínase..."

a)

Campo do saber

b)

Expresión

c)

Lema

d)

Sinónimo

3.

A que xénero literario pertence o seguinte texto?

"Galicia docemente

está ollando o mar:

ten vales e montañas

e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,

cidades e labregos

cargados de traballos,

cargados de trafegos!

Galicia é unha nai

velliña, soñadora:

na voz da gaita rise,

na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar, o vento …

Pero hai outra Galicia

que vai no sentimento!

Galicia somos nós:

a xente e mais a fala.

se buscas a Galicia

en tí tes que atopala!”

a)

Dramático

b)

Lírico

c)

Narrativo

4.

Qué características ten o xénero Dramático?

a)

Hai narrador que conta o que lle sucede a uns personaxes nun espazo e tempo determinado.

b)

Esta normalmente escrito en verso, ten afán estético e un valor connotativo da lingua.

c)

Está feito para ser interpretado, ten presenza de actos, escenas e acotacions e ten dialogo entre personaxes sen narrador (nomes de personaxes en maiúscula).

5.

Clasifica o substantivo plumaxe.

a)

Propio, concreto, contable, colectivo

b)

Común, concreto, contable, colectivo.

c)

Común, concreto, contable, individual.

d)

Común, abstracto, contable, individual

6.

Clasifica o substantivo Ourense.

(a)  

7.

Pon os puntos e comas que falten na seguinte oración:

Hoxe 20 de agosto fun ao mercado e merquei leitugas tomates patacas e chocolate

(a)  

8.

Cal e o plural de Mandil?

a)

Mandíls

b)

Mandiles

c)

Mandís

d)

Mandilóns

9.

Escribe o plural de lapis.

(a)  

10.

Cal e o feminino de tsar?

a)

Tsarina

b)

Tsara

c)

Tsar

d)

La tsar

11.

Escribe o feminino de ladrón.

(a)  

12.

Pon os artigos e contrae cando sexa necesario:

... meu libro favorito ... protagonista feminina era ... miña cidade.

(a)  

13.

Pon o artigo e contrae cando sexa necesario:

Estaba ... colexio cando, de súpeto, corteime ... tesoira.

(a)  

14.

Indica que tipo de narrador ten o seguinte texto:

Noa sentían que voaba sobre o asfalto. Os seus pés tiñan ás e ela era unha pomba branca, arriba, no ceo. Fixérano, fuxiran do cole! Nunca antes foran así de atrevidas, En condicións normais asumirían a reprimenda da directora e o castigo sen retrucar. Mais dona Úrsula fora tan inxusta con elas que non podían aceptalo. Rebeldía!

A señorita Bubble, Ledicia Costas.

a)

1ª persoa, protagonista.

b)

1ª persoa testemuña.

c)

3ª persoa, omnisciente.

d)

3ª persoa, non omnisciente.

15.

É correcta a seguinte lista sobre a familia léxica de flores? :

Rosa, margarida, hortensia, xirasol, chuchamel.

a)

Si

b)

Non, iso é o campo semántico.

c)

Non, iso é o campo asociativo.

16.

Qué é unha etopea?

a)

Descrición detallada dun lugar.

b)

Descrición de trazos físicos.

c)

Descrición esaxerada ou distorsionada dos trazos característicos dun personaxe.

d)

Descrición de calidades morais, costumes, carácter, crenzas ou calquera outro trazo psicolóxico.

17.

Unha pragmatografía e unha descrición de obxectos.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

18.

É o seguinte un texto literario?


Cando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras,

ó pé dos meus cabezales

tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,

no mesmo sol te me amostras,

i eres a estrela que brila,

i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,

si choran, es ti que choras,

i es o marmurio do río

i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,

pra min i en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras.

a)

Si

b)

Non

19.

Sintaxe:

Qué indica o complemento directo?

a)

O beneficiado ou perxudicado da acción.

b)

Quen padece a acción.

c)

É a propia acción.

d)

Quen realiza a acción.

20.

Está ben analizada a seguinte frase?

Eu borrei o caderno da miña irmá onte.

Sux. Pred. CD. CI. CCT.

a)

Si

b)

Non

21.

Coloca te ou che onde corresponda:

Non fagas caso cando ... digan ... iso.

(a)  

22.

Coidado na praia, ... pode... torrar... o sol.

(a)  

23.

Substitue polos pronomes átonos:

Onte merquei unhas patacas a miña nai.

a)

Onte merqueillelas.

b)

Onte merqueillas.

c)

Onte llas merquei.

d)

Onte llelas merquei.

24.

Qué figuras literarias hay no seguinte texto?

Airiños, airiños aires,

airiños da miña terra;

airiños, airiños aires,

airiños, levaime a ela.

a)

Anáfora

b)

Comparación

c)

Paralelismo

d)

Antítese

25.

Indica que tipo de palabra é "ela".

No caso de que sexa verbo, determinante, pronome, substantivo ou advervio indica aclasificación completa.

(a)  

26.

Indica a clasificación completa do verbo "lía".

a)

1ª persoa, singular, copretérito de indicativo do verbo ler, 2ª conxugación.

b)

1ª persoa, singular, pretérito de indicativo do verbo ler, 2ª conxugación.

c)

2ª persoa, singular, copretérito de indicativo do verbo ler, 2ª conxugación.

d)

1ª persoa, singular, pospretérito de indicativo do verbo ler, 2ª conxugación.

27.

Qué tipo de adverbio é "certamente"?

a)

Modo

b)

Dúbida

c)

Afirmación

28.

Qué tipo de palabra é "miña" na seguinte frase?

Ela é miña amiga.

a)

Pronome

b)

Determinante

c)

Substantivo

d)

Adverbio